jueves, 4 de febrero de 2016

AXENDA DE ENTROIDO 2016



















Recopilamos nesta publicación as actividades, campamentos e festas deste ENTROIDO 2016 en Compostela e comarca para que non vos perdades nada!!!
(Se falta algo avisade comentando aquí ou mandando un email a compostelamiuda@gmail.com Grazas!)


CAMPAMENTOS-ACTIVIDADES DE CONCILIACION
  • XI Campamento de Entroido da Asociación Recreativa e cultural Os Tilos, nenos e nenas a partir de 3 anos os días: 8, 9 e 10 febreiro. Teo.
  •  Programa de Conciliación Entroido lúdico os días 8, 9 e 10 de febreiro do Concello de Ames
  • Campamento de Entroido en Vilamincha, Santiago de Compostela, para os días 8, 9 e 10 de febreiro. 
  • Acampamento de entruido da Semente Santiago de Compostela, para os días 8, 9 e 10 de fevereiro. 
EXPOSICIÓNS DE ENTROIDO
  • Mostra bibliográfica O entroido na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Compostela).

VENRES 5 DE FEBREIRO
  • De 17:00 a 19:00h Obradoiro interxeneracional de cociña de entroido no Local social de Augapesada, Concello de Ames.+info:bit.ly/1QHGORa 
  • De 17:00-18:30 Mascarada! Entroido Ilustrado. Obradoiro infantil en Espazo NOVENTA (Compostela).  
  • De 18:00-20:00h. Venres de Entroido con Planeta Shalom en Área CentralSantiago de Compostela.
  • De 18:00-20:00h. Ensaio da comparsa. Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche (Compostela).
  • A partir das 18:00h na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela, taller de maquillaxe para completar os nosos disfraces.
  • Ás 19:30h Concerto da Escola de música na Casa da Cultura de Milladoiro. 
           Actividades regulares
           Segue a pista de xeo!!!
           En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti! 
           Ás 14:00 Xadrez para Secundaria en Boqueixón. 
           Ás 16:40 e 17:30 e 18:25h. hai SONSeBEBÉS no Conservatorio Histórico De Santiago.
           De 17:30 a 18:30 Ioga para nen@s de entre 4 e 7 anos en Alma Zen de Yoga.
           Ás 18:00h. e ás 19:00h. Música para bebés na Gaia dos Nenos. 


SÁBADO 6 DE FEBREIRO
  • De 10:00 a 14:00h Mercado de alimento labrego galego de Teo nos Tilos, Concello de Teo terán cantina con bebidas e petiscos propios destas datas e se ides disfrazad@s terán algún detalliño con vós.
  • De 10:30-13:30 Entroido no Museo, obradoiro para nenos de 6-12 anos. Museo de Historia Natural (Compostela).
  • A partir das 11:30 Pasarrúas da comparsa Fauna Barriopinta en Área CentralSantiago de Compostela.
  • De 11:00 a 14:00h en Aire centro de Arte. Exposiciones y talleres creativos. Taller Mascaradas Picasianas. Santiago de Compostela.
  • A partir das 11:30h Festa de entroido en Pontepedriña, gran churrascada, amenizada po un grupo folk, vermú e pola tarde concurso de disfraces infantil.
  • Ás 17:00h Concurso de disfraces de porteo na Gaia dos Nenos (Compostela).
  •  A partir das 17:00h presentación do Entroido en Vedra con Zas e Cañotas a diversión está asegurada!
  • A partir das 17:30 no local da Asociación Veciñal e Cultural As Brañas de Andrés haberá degustación de produtos de entroido e concurso de disfraces e de postres. Santiago de Compostela.
  • A partir das 17:30h Festa infantil de Entroido do Concello de Ames na Praza da Maía de Bertamiráns. A Escola de Música de Ames e Uxía Lambona e a Banda Molona​  porán a música a unha tarde de obradoiros e xogos circenses. Aqueles nenos e nenas que acudan disfrazados serán agasallados con orellas. O obradoiro de cociña de entroido comezará ás 17:30h e o de maquillaxe ás 18:00h. Esta iniciativa rematará arredor das 20:30 horas.  
  • De 17:30 a 19:00h na Escuela BSdanza en Santiago de Compostela, disfraces, baile e diversión. Imprescindible inscrición previa.
  • Ás 18:00h Concurso infantil de disfraces en Área CentralSantiago de Compostela.
  •  Ás 18:00h dentro do Festival de títeres e marionetas Titerentroido "Jiñol" de Títeres Trompicallo no Museo Municipal "Ramón María Aller" de Lalín.
  • A partir das 18:00h, na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas
    en Santiago de Compostela gran festa amenizada polo espectáculo Falabaratas e a Charanga TNT, con concurso de disfraces.
  • Ás 20:00h desfile do Meco dende a Praza de Cervantes ata a Praza do Toural de Santiago de Compostela. Na comitiva participarán as comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño, co acompañamento con percusión a cargo de Aperta. 
  • Ás 20:30h despois de que o Meco sexa subido ao balcón do Pazo de Bendaña (Praza do Toural, Compostela), terá lugar o pregón de inicio das festas, a cargo de Arturito Puy e Fabián Santomé, compoñentes de Os da Ría. A formación ofrecerá despois o primeiro concerto do seu último traballo, titulado Disco Póstumo.
          Actividades regulares
         Segue a pista de xeo!!!
         Ás 11:00h. Ritmo para bebés na Escola do Medio.
         Ás 12:00h. Os sábados choiva de contos Facemos as paces? na Biblioteca Ánxel Casal
         Ás 12:00 en Circonove Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)
         Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

DOMINGO 7 DE FEBREIRO
  • Animación polas rúas de Compostela coa comparsa Os Conformistas de Conxo e a charanga Os Atrevidos, que desfilarán por toda a cidade, dende o Barrio de Conxo ata o Franco, pasando pola Praza Roxa ou a Alameda. 
  • Ás 12:00h 4 Sinfonía de Alfred Reed, Banda Municipal no Teatro Principal (Compostela).
  • A partir das 17:00 horas, celebrarase o Festival Infantil de Disfraces na Sala Capitol (Compostela), con animación a cargo deNi Fú Ni Fá.  
  • De 17:30 a 19:30h no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia e dentro do Programa Findes na Balea, Obradoiro de entroido. 
  • A partir das 18:00h, na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas
    en Santiago de Compostela concerto de entroido ofrecido polo alumnado do Método Suzuki 

LUNS 8 DE FEBREIRO
  • De 11:00 a 13:30h Fabrica a túa propia máscara de Entroido en Vilamincha (Compostela).
  • No Pazo de Bendaña (Praza do Toural, Compostela), obradoiro de percusión con Aberta e obradoiro de máscaras africanas a cargo de Abrollarela Talleres Creativos (de 12:00h a 14:00h e de 18:00 a 20:00h). A entrada é libre, ata completar aforo. 
  • Ás 17:00h Baile de entroido dándolle a benvida ao Aninovo chinés na Cidade da Cultura gozando coa música en directo de A Gramola Gominola. Entradas á venda no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com.
  • Ás 17:30h concentración na Carpa Mahou do Campo da Feira de Lalín para o desfile-concurso. Animación coas charangas KM0 e Leda Mandeu, inchables de balde para nenos e nenas.
  • Ás 18:00h Concurso de disfraces no aparcadoiro da Travesía do Porto, no Milladoiro, enfronte á Escola Infantil.
  • De 18:00 a 20:00h Entroido con Sol con Esther Sobral Área CentralSantiago de Compostela.
  • A partir das 18:00h  humor e maxia co gran espectáculo infantil de Rebo e Rufus na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela e ás 20:00h poderás participar nunha divertida flash mob.
           Actividades regulares
           Segue a pista de xeo!!!
           En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti!
           Ás 17:30 Ritmo para bebés na Escola do Medio.
           Ás 18:00 en Circonove Aéreos para xovenes (+8) +info 

MARTES 9 DE FEBREIRO
  • Pola mañá, a charanga Recobio desfilará polas rúas de Compostela. 
  • Ás 12:30h e ás 18:00h dentro do Festival de títeres e marionetas Titerentroido "O segredo do tendal" de Raquel Queizás no Museo Municipal "Ramón María Aller" de  Lalín.
  • Ás 17:00h Concurso de disfraces no polideportivo de Dodro.
  • A partir das 17:30h desfile de Entroido en Compostela, dende a Estación do Ferrocarril, Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na Avenida de Xoán Carlos I. Se o tempo o permite, o desfile estará presidido polos Xenerais da Ulla. 
  • A partir das 18:00h na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela discoteca móbil.
  •  A partir das 21:00h no Paseo Central da Alameda de Compostela, Sergio Tannus Trío ofrecerá un concerto ata que se celebre a entrega de premios.
        Actividades regulares
           Segue a pista de xeo!!!
           En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti!
           Ás 11:30h IOGA POSTPARTO en Gaia dos Nenos.
           Ás 12:30h GRUPO DE CRIANZA en Gaia dos Nenos​.
           De 17:00 a 18:00 Culture Club, Obradoiro de inglés e culturas do mundo na VilaMincha​.
           Ás 17:30 Xadrez para Primaria en Boqueixon.
           En Circonove tedes ás 18:00 Ximnasia acrobática (6 a 12 anos).
           De 18:30 a19:30 Cativ-arte, Obradoiro sensorial para nen@s de 2 a 6 anos na VilaMincha.
           Ás 19:30 Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.
           Ás 20:00h IOGA EMBARAZO en Gaia dos Nenos.

MÉRCORES 10 DE FEBREIRO
  •  A partir das 18:00h na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela gran inchable.
  • Ás 18:30h O Entroido da Ulla. Obradoiro de manualidades, a cargo de Cristina Señarís e Gisela Pérez na Biblioteca Pública Anxel Casal (Compostela).
  • Ás 20:00h a figura do Meco será trasladada dende a Praza do Toural ata a Praza Roxa, nun desfile que estará animado pola comparsa A Ruliña de Laraño. 
  • Ás 21:00h terá lugar a queima do Meco na Praza Roxa, un acto que contará coa animación de Ni Fu Ni Fa, co acompañamento da Banda Municipal de Santiago de Compostela.
             Actividades regulares
           Segue a pista de xeo!!!
           En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti!
           Ás 11:30h Ioga para mamás e bebés na Escola do Medio​.
           Ás 17:00n en Circonove hai Pre/Circo para artistas de entre 3 e 5 anos.
           Ás 12:45 Ioga para mamás e bebés Alma Zen de Yoga​.
           De 17:00 a 18:15 hai teatro na VilaMincha. +info

No hay comentarios:

Publicar un comentario