jueves, 11 de febrero de 2016

ESCOLARIZAMOS? COLES E DEMAIS EN COMPOSTELA

Estes días vai comezar o prazo para solicitar a admisión en Centros Educativos.

Nesta entrada imos poñer información a este respecto, xa que é un tema que trae ben preocupacións ás familias: escolarizar ou non? en qué centro? qué horarios? profesorado? actividades? pedagoxía?
 
Este é o calendario do procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2016-2017:
  • Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición:  1 e 15 de febreiro.
  • Data do sorteo público da letra a efectos de desempate: Última semana de febreiro.
  • Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.
  • PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo. A solicitude ten que facerse co impreso oficial, onde se poderán solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar. 
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: A partir do 22 de marzo.  
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: Antes do 25 de abril.
  • Reclamacións: 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais. 
  • Publicación de listaxes definitivas: Antes do 15 de maio.
  • No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 
Neste listado podes ver dende as Escolas Infantís ata os Centros de Educación Infantil e Primaria como Institutos de Ensino Secundario de Santiago de Compostela.

Este listado do Concello...non está moi actualizado...avísanos unha seguidora que a Escola Infantil Snoopy (privada), está pechada.

Botarlle un ollo a esta guía do Sistema Educativo galego, pode ser tamén de axuda.

E estes documentos son tamén importantes:

Xuntamos o listado do curso actúal (15-16) no que podedes consultar que centro che corresponde segundo a rúa na que esteas empadroado ou teñas o traballo (zonas de influencia): para consultalo prema aquí. En canto teñamos o do curso que ven subirémolo.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS:

  • CEIP Divino Maestro: martes 8 de marzo ás 16:30h
  • CEIP Lamas de Abade: martes 23 de febreiro, ás 16:30h. 
  • CEIP López Ferreiro: martes 8 de marzo ás 17:30h e venres 11 de marzo ás 11:00h.
  • CEIP Pío XII: xoves 3 de marzo, ás 17:00h
  • CEIP Quiroga Palacios: luns 29 de febreiro ás 17:00h.
  • CEIP Raíña Fabiola: mércores 2 de marzo, ás 17:30h
  • CEIP Ramón Cabanillas: xoves 3 de marzo, ás 17:30h  
  • CEIP de Vite: martes 1 de marzo ás 18:30h e mércores 2 de marzo ás 12:45.
Hoxe publicouse tamén a Resolución do Resultado do sorteo ao que fai referencai a Orde do 12 de marzo de 2013. Así para os efectos da resolución do desempate na puntaución final na orde de admisión do alumnado as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son "H" e "C" e "E" e "A" para o segundo apelido. 




A medida que vaiamos tendo máis información de interese, iremos ampliando esta entrada...e se tes algunha dúbida ou algunha aportación, non dubides en facer un comentario!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario