sábado, 27 de febrero de 2016

Loba Film e Crianza Autorregulada...algo está mudando en Compostela




Esta fin de semana pasada foi temática. Acodimos moitas a dous eventos que parecían programados a posta na mesma fin de semana: A charla de Laura Perales (psicóloga infantil, crianza autoregulada) sobre a comunicación c@s nen@s organizado por Compostela MIÚDA e a estrea da documental Loba de Cathérine Bechard á que ela mesma asistiu e que foi amadriñado por Aloumiños e por nós.

Foi unha sorte ter aquí a dúas mulleres de semellante talla, a dúas profesionáis deste nivel!

Laura Perales, que veu dende Madrid co primeiro avión e marchou pola noite no último despois de estar tamén en Lugo para compartir o seu saber con familias de alá, deu unha charla-obradoiro en Santiago da que queremos destacar a súa adicación ao público presente que enchía o espazo, porque xa días antes non había praza libre. 

Outra cousa que as nais e os pais presentes agradeceron moito foron os consellos prácticos que daba, listos para usar na casa. Ademáis gustounos moito a súa maneira directa e clara de expoñer o que nos viña a dicir. Esperamos poder anunciar pronto outra charla dela.

Unha cousa en común destes dous eventos dirixidos por Laura Perales e Chathérine Bechard é a conclusión de que fai falla tribo. Laura mencionou un dato importante ao inicio da súa ponencia: as mulleres (ou persoas maternantes) estamos soas na crianza. A ausencia da familia tradicional e a vida na cidade fai que pasemos a maioría do día soas c@s nos@s fill@s ata que @s mandemos á gardería e ao cole. 

Tamén despois da proxección de Loba falouse da importancia da tribo, de poder compartir emocións, alegrías, dúbidas, preocupacións e (por que non) impulsar o cambio... e coincidimos en que aínda que unha vantaxa da nosa era tecnolóxica é ter ás redes sociais, e o móbil para comunicarnos, son imprescindibeis as reunións presenciais, o territorio. 

Sona ridículo mencionalo, pero cada vez fai máis falta lembrar que é algo ben diferente verse en persoa que comunicarse a través dun aparato con pantalla luminosa. A nosa vida virtual non chega como único xeito de comunicar, porque a comunicación é moito máis que as palabras.

Moitas de nós coincidimos nos dous eventos e moitas coincidimos tamén en que hai que movilizarse, en que hai que xuntarse, facer tribo e seguir iniciando o cambio ao que se ten que estar dirixindo a sociedade, porque o momento que vivimos non pode ser sostible por moito tempo máis. 

Déronnos ás as palabras de Bechard que dicía que a súa película que fixo xunto á súa filla, empregando o seu tempo e o seu diñeiro, está sendo un fenómeno en España onde as mulleres teñen moitas ganas de cambialas cousas no que se refire ao parto. Según ela e polo contrario iso non pasa en Francia, onde as matronas asisiten de maneira ilegal a partos na casa porque non se poden permitir pagar un imposto de 19.000€ ganando uns 22.000€ ao ano e as mulleres se toman os partos que lles propón (ou impón) o goberno nos seus hospitais de xeito moito máis conformista.

Unha e outra vez atopámonos ca importancia de estar unid@s para conseguir cousas, de que as persoas que loitan por achegarse a metas parecidas ou iguais o fagan conxuntamente aínda que sexa dende asociacións ou agrupacións con nomes diferentes.

Agora ven o máis difícil e é que todo o vivido e sentido nesta fin de semana de crianza, que ten as súas raices no parto, non quede aí, non quede atrás. Chamádeme romántica (aínda que un pouco de romanticismo nunca ven mal), pero penso que entre tod@s podemos crear un mundo novo, un mundo diferente, porque que o noso non funciona, vémolo día a día. Laura deu moitas ideas de como podemos facelo, de como vivir doutra maneira, de como criar doutra maneira. E Catherine recordounos que todo isto comeza no momento máis importante dunha persoa. No seu parto! Armémonos (sentido figurado, parece que isto hai que deixalo ben claro para non acabar no carcere), temos que intentalo! Non temos nada que perder. 
A polo cambio!



No hay comentarios:

Publicar un comentario