viernes, 12 de febrero de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS! axenda MIÚDA do sábado 13 e domingo 14 de febreiro

Velaquí tedes axenda da fin de semana. A desfrutar!!!

SÁBADO 13 DE FEBREIRO:
  • Última fin de semana que está a Pista de Xeo para patinar en Santiago de Compostela.
  • De 10:30 a 12:00h nenos e nenas de 3 a 7 anos en Arc Os Tilos Teo Arcoschef junior van elaborar un entrante delicioso "Canastros de tortas de millo" e de 12:00 a 13:30h nenos e nenas de 8 a 12 anos.

  • De 11:00 a 13:00h na Gentalha do Pichel presentación do libro infantil O PAMPARAMPÁM de Cristina F. 



  • Ás 12:00h en Circonove Pre/circo (3-5 anos) e obradoiros para nenos e nenas (5-9 anos e 10 e máis).

  • Ás 12:00 na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal os sábados choiva de contos, Contacontos "Taller de corazóns" para nenos e nenas de 3 a 12 anos no Salón de Actos.


  • Festival de disfraces en Marrozos ás 17:00h actuación de Paco Nogueiras, concurso de disfraces para miúd@s, onde o xurado proclamará ó REI e RAÍÑA do entroido; presentación das fotos do entroido da man de Rubén Runi Ramos de "A recámara de Ramos" e a partir das 21h concurso de disfraces para maiores e guateque toda a noite.

  • Ás 17:30h no Centro Sociocultural do Castiñeiriño "Agustín Bueno" concurso de filloas. Consulta aquí as bases para participar.

  •  Ás 18:00h APOD NASA 2015 por un ano de astronomía en galego. Charla organizada por Divulgaccion AGC CCT a cargo de Dositeo Veiga, Licenciado en Física e encargado da tradución en galego da páxina diaria da NASA "Astronomical Picture of the Day" no Csc Das Fontiñas.

  •  De 18:00 a 20:00h en Área Central conmemoran o Día de San Valentín no taller infantil, na esquina amarela, que terá como eixo común o amor e a amizade: farán "variñas máxicas dos desexos" e participarán na elaboración do mural colectivo "Mensaxes do Corazón". 

  • En Ortoño, Concello de Ames celébrase a primeira edición da Festa da Filloa. 
  • Xenerais da Ulla, Entroido Rural Tradicional, con atranques en Arnois (A Estrada) no Campo da festa ás 19:00h. En San Xián de Sales (Vedra) no Campo da Festa ás 19:00h e en Bamonde (Teo) no Campo da Festa ás 20:00h.

DOMINGO 14 DE FEBREIRO:
  • Última fin de semana que está a Pista de Xeo para patinar en Santiago de Compostela.  

  • Xenerais da Ulla atranques en Salgueiros (Vila de Cruces) no Campo da Festa ás 16:00h. En Lestedo (Boqueixón) na XXXIII Festa da Filloa ás 17:00h e en Vilariño (Teo) no Campo da Festa ás 20:00h.

  • Festa da filloa de Lestedo: ás 13:00h I Gran Desfile de Xenerais da Ulla, ás 13:30 María Mera presenta o pregón a cargo de Juan Viaño, Reitor da USC. Animación con varias charangas. Ás 17:00h Xenerais da Ulla e ás 19:00 Orquestra Marbella e Os Satélites.

No hay comentarios:

Publicar un comentario