miércoles, 20 de abril de 2016

Bloom Galicia por Locas Musas LAB ou Precisamos aprender como crecer



Compostela MIÚDA somos, como igual xa sabes, Raquel e máis Helen. 
Comezamos a coidar desta fill@ virtual dende o novembro pasado, levamos agora uns 5 meses a tope, invirtindo todo o tempo que temos. Crecemos con vos, os nosos seguidores. Crecemos rápido, con ganas e moita creatividade e estamos a invertir moita enerxía. Esa enerxía de momento non a estamos volvendo a traer a casa.
Preguntámonos como temos que facer! Imaxinamos que hai profesionais que saben canto pode tardar un proxecto como o noso en recompensarnos todas as cerca de mil horas invertidas ata o momento. Saben tamén como se debe estructurar unha empresa como a nosa. Como debemos facer para que a nosa non tan MIÚDA Compostela creza forte e fermosa para poder darlles aos nosos seguidores un mellor servicio e atender as súas peticións con máis determinación. 
Case sempre é a Compostela MIÚDA a que tira de nos e a seguimos sen rechistar, pero que pasaría se souberamos ordenar as súas peticións? Como sería se poideramos aprender e aproveitarnos da experiencia de algún/ha especialista no tema. 
Estamos dispostas, temos forza, perseverancia, vontade, paciencia e moitas ganas. Temos ideas, somos tenaces e creativas. Temos amig@s que nos axudan e apoian e temosvos a vos: aos nosos 1600 seguidores aos que se xuntan como mínimo uns 80 novos tódalas semanas.
Pero temos claras as nosas metas? Temos claras tódalas cousas das que pode ser capaz a Compostela MIÚDA e como potencialas? Precisamos aprender a elaborar a nosa estratéxia e son moitos aspectos a ter en conta!
Chegados a este punto, temos moi claro que precisamos un plan de ataque, un plan para ganar esta "guerra". Precisamos unha guía profesional. E a temos. Temos a sorte que Dolores Diz, xusto cando lle pedimos axuda, andaba dándolle forma a un obradoiro que nos dará todo isto o que estamos a buscar para a Compostela MIÚDA agora mesmo: o Bloom Galicia organizado polo Locas Musas LAB.
Coñezo a Dolores xa hai tempo. É unha profesional do 10. Ela é desa xente apasionada co seu traballo, sempre á última, sempre con inquedanzas e nunca deixando de crecer. Crédenos, paga a pena coñecela!

Axúdanos a atopar interesad@s para poder participar neste curso!
Se coñeces a alguén que estea pensando en crear unha empresa ou que xa está ata as orellas metido nela... Se coñeces a alguén con ganas de mellorar, ou que é des@s que andan sempre en busca de novos impulsos ou simplemente alguén que precise axuda co seu proxecto coma nos, avísa e falamos con ela/el.

E por favor, se coñeciches o obradoiro Bloom Galicia a través de nos e decides participar, mencionao no proceso de inscripción! Moitas grazas.

Bloom Galicia por Locas Musas LAB (un proxecto de Dolores Diz) terá lugar o vindeiro 21 de maio de 9:00 a 19:00h. na Quinta da Auga. Podes consultar toda a información e mercar a túa entrada aquí. Para calquera dúbida ponte en contacto connosco! (compostelamiuda@gmail.com; 666 72 92 19)

Moitas grazas por ler, comentar, compartir e participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario