domingo, 24 de abril de 2016

Compostela MIÚDA recomenda: Educultoras ou A tribo enteira educa



Déchedesvos conta dunha consecuencia moi positiva da crise? Estánse a forxar moitos proxectos e iniciativas que veñen con vento fresco e son inovadoras e creativas. En resumidas contas: que se caracterizan pola súa autenticidade e singularidade. Educultoras, s. coop. galega é un proxecto así.
Cando entramos na súa web o primeiro que vemos en letras maiúsculas é: A TRIBO ENTEIRA EDUCA. Iso xa expresa unha maneira de facelas cousas que nos parece de moitísimo valor. Non cremos na segmentación da sociedade en caixóns e tampouco en que so no caixón nais e pais e no caixón escola é onde atopamos a palabra educación. 
Non sei moi ben en que momento perdimos esto que según a miña opinión é a razón última do bache que estamos a pasar socialmente. Desfixémonos dunhas responsabilidades que realmente son nosas e botámosllas a outros (como por exemplo aos políticos, que por suposto teñen moitas responsabilidades tamén e nin falla fai dicir que non o están a facer nada ben). Non nos damos conta que estas responsabilidades pola educación, pola nosa cidade, polo noso país, pola nosa terra non son so obligacións, senon máis que nada unha oportunidade de cambiar o que non nos gusta ou o que non funciona e así deseñar a vida que estamos a soñar. Neste e en moitos aspectos máis o traballo das Educultoras nos parece a parte de moi valioso, moi necesario.
Cando leo a súa declaración de principios, destácanme conceptos como o da aprendizaxe ao longo da vida. Descúbrennos unha trampa máis da nosa sociedade. Quen non pensou nalgún momento que a formación se acababa como moi tarde despois da universidade e con ela o desenvolvemento da persoa? Eu agora xa me convencín de que non é así aínda que moitas veces parece que nolo queren facer crer. 
Tamén falan da formación integral da persoa, de descubrir, expresar e crear, da empatía, asertividade e comunicación, das relacións grupais, de aprender facendo, da igualdade, e moi importante da conciencia, do coidado e respecto polo noso planeta.

Se es unha gardería, un colexio ou un instituto, un espazo que organiza actividades para nen@s ou un concello, se traballas nun museo, nunha asociación ou nun colectivo artístico e precisas unha proposta didáctica sobre como achegar os teus contidos aos rapaces, se es un organismo público ou privado... En fin, se precisas proxectos educativos de calidade, non o dubides, ponte en contacto con elas!
Recomendámosvos a tod@s que visitedes a súa biblioteca dixital, na que podedes atopar vídeos e recomendacións de libros para MIUD@S e tamén para educadores, pais e nais sobre os temas creatividade, educación, emocións e intelixéncias múltiples.
E se pensas que encaixas e queres formar parte da súa tribo incluso convídante aquí a enviarlles o teu curriculum.

Parabéns Educultoras, por esa páxina tan completa, polo proxecto e parabéns tamén polo traballo c@s MIÚD@S d@s nais e pais que asisitiron á nosa última charla de Laura Perales. Esperamos poder volver contar con vos moi pronto!

Moitas grazas por ler, compartir e comentar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario