sábado, 14 de mayo de 2016

Charla-obradoiro "ATENCIÓN BUCODENTAL n@s MIÚD@S de 0 a 6 anos" a cargo de IRENE IGLESIAS RUBIO





Esta charla-obradoiro está dirixida a embarazadas e pais e nais de MIÚD@S de 0 a 6 anos:
- Estou embarazada...¿que tratamentos me pode realizar @ dentista?
- ¿Cando debo levar @ meu fill@ @ dentista por primeira vez?
- ¿Cómo se lavan os dentes d@s bebés?

Se te preocupa a saúde bucodental do/a teu fillo/a, esta é a túa charla. 

Moitas veces as nais e os pais se cuestionan cando deben comezar coa hixene bucodental d@ bebé ou cando debería ser a primeira vez que @s teñen que levar ao dentista. Hai confusión neste aspecto entre os/as propios/as dentisatas e un descoñecemento importante dos/as pediatras. Como calquera outro órgano do noso corpo a boca debe ser estreitamente vixiada xa dende o nacemento. Incluso no postparto pode haber problemas na boca como frenillos por exemplo que dificulten a lactancia e outras alteracións que deben ser valoradas polo/a odontólogo/a.

As caries son a enfermidade infecciosa transmisible máis frecuente e nembargantes é relativamente doado previla tomando as medidas adecuadas. 

O noso propósito é que o/a neno/a permaneza san toda a infancia e chegue así a idade adulta; por iso é fundamental mostrar aos pais e nais que medidas tan eficaces e sinxelas e baratas como unha dieta adecuada e unha hixene rutinaria son os puntos clave para ter unha boca sana toda a vida.

Tamén é desexable ter claro que facer ante un accidente no que o/a neno/a se golpea na boca e rompe os dentes.

Compostela Miúda convídavos a participar nesta charla-obradoiro na que se explicarán estas cuestións e se poñerá en práctica o aprendido. 

A duración aproximada é de unha hora e media e se veñen os pais e as nais cos/as nenos/as, que traian o cepillo de dentes.

Haberá tamén espazo para resolver aquelas dúbidas respecto á saúde bucodental que poidan ter as persoas asistentes.

Obradoiro práctico: cepillado. Tinción de Placa (traer cepillo de dentes).

Esta charla-obradoiro a realiza IRENE IGLESIAS RUBIO, nai e dentista, dedicándose básicamente á odontoloxía preventiva. Di Irene que ela tamén lle tiña medo ao dentista antes de adicarse ela mesma a selo; e o único xeito de soslaiar os tratamentos dentais ou de reducilos ao mínimo é manter a saúde. Por iso é moi importante facer todo o posible por non enfermar e ir periódicamente ao odontólogo para confirmar que todo está ben.
Dende que Irene é nai preocupouse pola franxa de idade de 0 a 3 anos que é a grande olvidada a pesar de ser o periodo máis importante da vida d@s miúd@s en canto a sentar as bases da saúde xeral e bucodental. Os coidados sobre hixene e alimentación son fundamentais para previr as patoloxías que poden aparecer posteriormente. 

Dinos Irene que é tan doado o que hai que facer e os resultados son tan bos que non hai excusa para non poñelos en práctica tanto por parte d@s profesionais como da familia.

Unha lactancia exitosa é o primeiro escalón para un correcto desenvolvemento do macizo craneofacial por iso Irene intenta que as nais den de mamar aos seus fillos/as informando e proporcionando toda a axuda que sexa posible, derivando a outros/as profesionais e formándose para continuar con esta labor.

Irene pensa que de nada vale o coñecemento se non se distribúe o máis amplamente posible. A primeira obligación dos/as profesionais sanitarios é educar e informar. Cando o/a doente directamente o busca o primordial é escoitalo/a: o que quere, o que necesita, os signos e os síntomas. Finalmente exploralo/a e facerlle o tratamento necesario. Ao dentista vaise a falar, o derradeiro paso é abrir a boca e para iso é necesario un ambiente de confianza que non se consegue se antes non se ten intercambiado moito tempo e moita información co/a doente, sexa este adulto, neno ou bebé.


CANDO: Venres 10 de xuño de 2016 ás 16:30h.
ONDE: Espazo NOVENTA, Romero Donallo 38. Santiago de Compostela.
IMPARTE: IRENE IGLESIAS RUBIO
PREZO: 15€ persoa/25€ parella ata o luns 30 de maio. Dende o 30 de maio e ata completar aforo 20€ persoa/30€ parella.
INSCRICIÓN: envía un mail cos datos da/s persoa/s que queredes participar a compostelamiuda@gmail.com e vos enviaremos un mail co procedemento de matrícula.


Recorda que esta charla-obradoiro so se pode facer se se apuntan suficientes participantes antes do 30 de maio
Se precisas máis información, escríbenos: compostelamiuda@gmail.com.
Se che parece interesante implícate, comparte e participa!
Grazas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario