miércoles, 4 de mayo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da Ascensión: xoves 5, venres 6, sábado 7 e domingo 8 de maio de 2016.



#FestasdaAscensión en Santiago de Compostela, atraccións na Alameda todos estes días e moito máis. Consulta aquí o programa.

Mercado Compostela Art&Eco en Santiago de Compostela

Feira do Libro no Paseo lateral da Alameda

II Festa do Comercio, de 10:00 a 21:00h, Santiago Centro, Area Comercial.


XOVES 5 DE MAIO DE 2016

Dende as 10:30h no Mercado Nacional de Gando de Santiago en Amio "Feira Cabalar".

Ás 12:30h "Comparsa de cabezudos" polas rúas da zona vella de Santiago de Compostela.

A partir das 18:00h "Folk na rúa": ás 18:00h Ultreia na Praza de San Agustín, ás 18:30h Brincadeira na Praza do Toural, ás 19:00h Colexiata do Sar na Praza do Obradoiro, ás 19:30h Cantigas e Agarimos na Praza de Cervantes e ás 20:00h na Praza da Inmaculada actuación conxunta.


VENRES 6 DE MAIO DE 2016

MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS na Biblioteca Pública Anxel Casal: "A Danza" na Sala infantil.

En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti!

Ás 17:00h na Praza Roxa, "Cultivamos saúde" coñecer a terra e sementar e cultivar alimentos.

Ás 17:30h Yoga para nen@s (4-7) no Alma Zen de Yoga.

De 17:30 a 20h Romaría Cativa na Praza da Inmaculada de Santiago de Compostela. Por mor da choiva, cambio de plans, será no Teatro Principal.

Ás 17:30h  "Ludoteca Kapla" na Carreira do Conde, Santiago de Compostela, xogos creativos en madeira para todas as idades.

Ás 18:00h. e ás 19:00h. Música para bebés na Gaia dos Nenos.

De 18:00 a 20:00 VENRES en familia CSC Ensanche: Customizamos unha camiseta.

Ás 18:30h no Centro Sociocultural de Vite, Santiago de Compostela, "Conxo, o musical".

De 18 a 20 no CSC de Conxo Había unha vez... con Fabaloba.

Ás 18:45 Yoga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

Ás 19:00h no Auditorio Municipal de Rois "O soño dos contos" a cargo de Xoré Teatro.

Ás 19:00h "Del revés" danza vertical na Praza da Pescadería Vella en Santiago de Compostela.

Ás 19:00h música tradicional na Praza Roxa, Santiago de Compostela.

Ás 19:00h na Praza Roxa, Santiago de Compostela, "Construímos xoguetes: construíndo xoguetes de madeira". 

Ás 19:30h música tradicional na Carreira do Conde, Santiago de Compostela. 
 
Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.

Ás 20:00h na Feira do Libro, Santiago de Compostela, presentación do libro disco infantil "Canta o Cuco".

Ás 20:30h en Vilamincha, Santiago de Compostela "Apalabrando tangos" para av@s, pais, nais e miúd@s.

Ás 21:00 Ábril ás barreiras, Cabaret de circo para público familiar en Circonove, nave de circo.
 
SÁBADO 7 DE MAIO DE 2016
  
II Festa do Comercio, de 10:00 a 21:00h, Santiago Centro, Area Comercial. Descontos, Djs, desfiles, photocall, maquillaxe feminino e infantil, sesións vermú, pulpeiras, filloeiras actuacións musicais, merendas... Todo é posible na II Festa do Comercio!!! O que pretendemos é dinamizar o Ensanche compostelano.

XXV Festa do Melindre e da Repostaría tradicional da Terra de Melide

MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS na Biblioteca Pública Anxel Casal: "A Danza" na Sala infantil.

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos.

Ás 10:00h roteiro guiado por micólogo e botánico "Saída de Primavera", dende o Centro Sociocultural de Conxo Aurelio Aguirre, Santiago de Compostela.

De 10:30 a 13:30h no Museo de Historia Natural da USC en Santiago de Compostela, obradoiro para nenos e nenas "A vida nos ríos". 

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

Ás 11:00h no CSC Pontepedriña charla sobre "El síndrome de Asperger en los centros educativos" organizado por Asperga.

Ás 11:00h charla de alimentación, dentro das actividades do Mercado Compostela Art&Eco no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche: "Importancia dunha correcta flora intestinal".

Ás 11:30h na Carreira do Conde, Santiago de Compostela, "Obradoiro de cerámica (torno) con Manuel Figueiras".

Ás 12:00h charla de alimentación, dentro das actividades do Mercado Compostela Art&Eco no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche: "Nutrición e fertilidade". 

En Circonove tedes ás 12:00 Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00 na Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS

Ás 12:00h sesión de xogos na Praza Roxa, Santiago de Compostela.

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos. 

Ás 12:00h "Cociñamos saúda", obradoiro de cociña de alimentos ecolóxicos na Praza Roxa, Santiago de Compostela.

Ás 12:30 no Teatro Principal da Estrada "Ra, Ra, Ra" espectáculo de teatro infantil da compañía Abrapalabra Creacións Escénicas.

Ás 13:00 Animación á lectura "Nós contamos" na Alameda dentro da XXXV Feira do Libro.

Ás 13:00h na Praza Roxa, Santiago de Compostela "Xogamos sen cables: xogos tradicionais".

De 16:00 a 20:00h "Obradoiro de creación 3D" en VermisLab, Santiago de Compostela, para nenos e nenas de máis de 8 anos.


Ás 17:00h na Praza Roxa, "Cultivamos saúde" coñecer a terra e sementar e cultivar alimentos.

De 17:30 a 20h Romaría Cativa na Praza da Inmaculada de Santiago de Compostela.

Ás 17:30h "Obradoiro de talla de madeira" para maiores de 13 anos con Roberto Figueira na Carreira do Conde, Santiago de Compostela.

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Area Central.

Ás 18:00h charla sobre "Os cogomelos de primavera" no Centro Sociocultural de Conxo Aurelio Aguirre, Santiago de Compostela.

Ás 18:00h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela representación do clásico dos irmáns Grimm "Cincenta" a cargo de Danthea Teatro.

Ás 18:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela, "Conxo, o musical".

Ás 18:30h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, títeres en familia: "O bigote de Mimí" de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto.

Ás 19:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela, Mago Dani.

Ás 19:00h "Xente Miúda moita fartura" de Pablo Díaz na Casa da Cultura de Ordes.

Ás 19:00h música tradicional na Praza Roxa, Santiago de Compostela.

Ás 19:00h na Praza Roxa, Santiago de Compostela, "Construímos xoguetes: construíndo xoguetes de madeira". 

Ás 19:30h música tradicional na Carreira do Conde, Santiago de Compostela. 



DOMINGO 8 DE MAIO DE 2016

XXV Festa do Melindre e da Repostaría tradicional da Terra de Melide

Ás 11:30h na Carreira do Conde, Santiago de Compostela, "Obradoiro de cerámica (torno) con Manuel Figueiras".
Ás 12:00h no Auditorio de Ourense, Mamá Cabra estrea "Paxaro Amigo" músicas para a paz.

Ás 12:00h "Cociñamos saúda", obradoiro de cociña de alimentos ecolóxicos na Praza Roxa, Santiago de Compostela.

Ás 12:30h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, títeres en familia: "O bigote de Mimí" de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto.

Ás 12:30h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela representación do clásico dos irmáns Grimm "Cincenta" a cargo de Danthea Teatro.

Ás 12:30h música tradicional na Carreira do Conde, Santiago de Compostela.



Ás 13:00h. En La Radio Vermú Swing.

Ás 13:00h música tradicional na Praza Roxa, Santiago de Compostela.

Ás 13:00h na Praza Roxa, Santiago de Compostela "Xogamos sen cables: xogos tradicionais".

Ás 17:00h "Ludoteca Kapla" na Carreira do Conde, Santiago de Compostela, xogos creativos en madeira para todas as idades.

Ás 17:00h na Praza Roxa, "Cultivamos saúde" coñecer a terra e sementar e cultivar alimentos.

Ás 18:00h na Praza do Obradoiro "Enchamos o Obradoiro de Música" Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. 

Ás 18:00h na Feira do Libro de Santiago de Compostela "A música das árbores" de Servando Barreiro. 

Ás 19:00h na Praza Roxa, Santiago de Compostela, "Construímos xoguetes: construíndo xoguetes de madeira". 


No hay comentarios:

Publicar un comentario