jueves, 19 de mayo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 20, sábado 21 e domingo 22 de maio de 2016

VENRES 20 DE MAIO

Festival Internacional de Títeres de Redondela.

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública Ánxel Casal "17 de Maio, Día das Letras Galegas" na Sala Infantil.

Na Alameda tedes a Feria del Libro Antiguo y de Ocasión.

Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.

En ArcOsTilos seguro que hai algunha actividade para ti.

Dende as 16:30 ata as 19:30h en Área Central "IV Trócame-Roque" mercadiño solidario para rapaces e rapazas con moitas actividades e obradoiros.

Ás 16:40, ás 17:30h e ás 18:25h hai "SONSe BEBÉS" no Conservatorio Histórico de Santiago.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 17:30h Yoga para nenos e nenas de 4 a 7 anos no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h e ás 19:00h Música para bebés na Gaia dos Nenos.

De 18:00h a 20:00h "Venres en familia" Xogos na Alameda, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche de Santiago de Compostela.

De 18:00 a 19:30h en "Na miña pataca había un Universo" taller de estampación con motivo da celebración do Día Nacional das Persoas Celíacas en Aire centro de Arte.

Ás 18:30h "O bigote de Mimí" conto de Manuel María no Centro Sociocultural de Vite José Saramago a cargo de Fátima Fernández dentro do programa APEGO a partir de 3 anos.

Ás 18:30h "O anel máxico" de A Fiestra Teatro no Centro Sociocultural de Vite José Saramago.

Ás 18:45h Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

Ás 19:00h Story Time no Centro Comercial Compostela El Corte Inglés " Mousy and the big red ball" a cargo de Kids&Us Santiago de Compostela.

Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.



SÁBADO 21 DE MAIO

Festival Internacional de Títeres de Redondela.

XII Edición do Festival de Cans,que pensando nos miúd@s ten Mini Cans.

I FESTA DA PRIMAVERA DE FONTIÑAS "Primaveriñas" de 11:00 a 20:30h.

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública Ánxel Casal "17 de Maio, Día das Letras Galegas" na Sala Infantil.

Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.

Na Alameda tedes a Feria del Libro Antiguo y de Ocasión.

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos. Aquí tedes +info sobre as outras actividades.

De 11:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

De 11:00 a 20:00h polo Día dos Museos 2016 no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela hai varias actividades e obradoiros. Consulta o programa.

De 11:00 a 13:00h Descubre os parques de Santiago ruta interpretativa para adult@s e familias dende o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela ata a Alameda.

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

De 11:00 a 13:00h TALLERES PAISAXE SENSORIAL dirixido por Mirari Urruzola para nenos e nenas de 4 a 6 anos no CGAC .

De 11:30 a 13:30h obradoiro de cociña de Afundación COMIDA TRADICIONAL GALEGA II para miúd@s de 5 a 12 anos.

Ás 11:30 Storytelling no Centro Sociocultural Santa Marta: The very quiet cricket de Eric Carle.

Ás 12:00h en Circonove tedes Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00 no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: O POETA DO MIÑO: UNHA HOMENAXE A MANUEL MARÍA a cargo de POLO CORREO DO VENTO. A partir de 3 anos. Programa Ler Conta Moito

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 17:00 Obradoiro de Bioconstrución no Centro de Interpretación Ambiental CIAC.

De 17:00 a 19:00h obradoiro de cociña de Afundación COMIDA TRADICIONAL GALEGA I para miúd@s de 5 a 12 anos.

Ás 17:30h  na Cidade da Cultura de Galicia "Cóntoche un traxe" con  Montse Rivera de Merlo Branco Producións a partir de 6 anos no Museo da Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás.

Ás 18:00h no LSC de Verdía en Santiago de Compostela "Maxia e contos" con Leo Leíño para miñud@s de 4 a 12 anos dentro do Programa APEGO.

Ás 18:00h no LSC de San Lourenzo, Santiago de Compostela "Contiario" con Pablísimo para miúd@s de 0 a 6 anos dentro do Programa APEGO.

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Area Central.


DOMINGO 22 DE MAIO

Festival Internacional de Títeres de Redondela.

XII Edición do Festival de Cans que pensando nos miúd@s ten Mini Cans.

Na Alameda tedes a Feria del Libro Antiguo y de Ocasión.

Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.

De 11:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

De 11:00 a 13:00h TALLERES PAISAXE SENSORIAL dirixido por Mirari Urruzola para nenos e nenas de 7 a 9 anos no CGAC .

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 18:00 "Carteiro en bicicleta" de CAXOTO Contacontos na Cidade da Cultura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario