jueves, 26 de mayo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 27, sábado 28 e domingo 29 de maio de 2016



VENRES 27 DE MAIO

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública Ánxel Casal "17 de Maio, Día das Letras Galegas" na Sala Infantil.


Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.

En ArcOsTilos seguro que hai algunha actividade para ti.

De 11-20h III Caravaning Compostela en Area Central.

Ás 16:40, ás 17:30h e ás 18:25h hai "SONSe BEBÉS" no Conservatorio Histórico de Santiago.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 17:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

Ás 17:30h Yoga para nenos e nenas de 4 a 7 anos no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h e ás 19:00h Música para bebés na Gaia dos Nenos.

Ás 18:00h no +oensanche Centro Sociocultural "Venres en Familia: Rastrexo polo Ensanche". A partir de 5 anos acompados dun adulto.

Ás 18:30h na Casa da Cultura de Bertamiráns (Concello de Ames) espectáculo musico teatral "Canta o Cuco na casa de Manuel María) con Uxía e Magín Blanco.


Ás 18:45h Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.



SÁBADO 28 DE MAIO

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública Ánxel Casal "17 de Maio, Día das Letras Galegas" na Sala Infantil.

Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.


Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos. Aquí tedes +info sobre as outras actividades.

A partir das 10:00h "Xornada sobre comedores escolares

De 11-20h III Caravaning Compostela en Area Central.

De 11:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

Ás 11:30 Obradoiro experimental de arquitectura contemporánea no CGAC: SINTE Kazuyo Sejima SANAA. Da tradición á vangarda. (Prazas esgotadas).

Dende as 12:00 ata as 22:00h "100 anos da Irmandade da Fala de Santiago". Nesta páxina podes consultar o programa

Ás 12:00h. Roteiro de Biodiversidade na cidade organizado polo CIAC.

Ás 12:00h. Ciclo de Cultura contemporánea "Nexos infantil": "O Turismo:entre o parque de atraccións e as invasións bárbaras" na Cidade da Cultura

Ás 12:00 no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: CONTACONTOS INTERPRETADO NA LINGUA DE SIGNOS

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta estará Migallas Teatro con "Pan de Millo"

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Area Central: 'Cociñ-Arte: Especial Caravaning'



DOMINGO 29 DE MAIO



Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.


De 11-20h III Caravaning Compostela en Area Central.

De 11:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

Ás 11:30 Obradoiro experimental de arquitectura contemporánea no CGAC: SINTE Kazuyo Sejima SANAA. Da tradición á vangarda. (Prazas esgotadas).

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Pásadeo ben e desfrutade en familia desta última fin de semana do mes de maio. Comentade aquí se falta algo ou envíadenos un mail a compostelamiuda@gmail.com

Se esta axenda éche de utilidade...compartea! Grazas! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario