viernes, 3 de junio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xuño de 2016



VENRES 3 DE XUÑO

En ArcOsTilos seguro que hai algunha actividade para ti.

Ás 16:40, ás 17:30h e ás 18:25h hai "SONSe BEBÉS" no Conservatorio Histórico de Santiago.

Ás 17:30h Ioga para nenos e nenas de 4 a 7 anos no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h e ás 19:00h Música para bebés na Gaia dos Nenos.

Ás 18:00h no O Ensanche Centro Sociocultural Venres en Familia: Descuberta fotográfica. A partir de 5 anos acompados dun adulto.

Ás 18:45h Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

De 19 a 19:30h. STORY TIME "UNDER THE SEA"  - C.C. El Corte Inglés organizado por Kids & Us

Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.



SÁBADO 4 DE XUÑO

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos. Aquí tedes +info sobre as outras actividades.

BATEBATUKE - O Festival de Trópico de Grelos no Castiñeiriño, consulta a programación aquí.

Ás 11:00 na Praza de Abastos: Obradoiro de papillas e xantares saudables e ricos para meniños.

De 11 a 21h. en Area Central: 2º Día do Deporte Solidario.

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

Ás 12:00 Escola de Familias na Gaia dos Nenos.

Ás 12:00 no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS.

Ás 12:30 A Real Filharmonía de Galicia tocará no compostelán Parque Eugenio Granell.

De 12 a 14 e de 17 a 20 Debuxa o museo na Fundación Granell.

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Dende as 16h XV aniversario da Asociación Cultural Follas Novas no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Ás 16:30 na Gaia dos Nenos PREPARACIÓN CONSCIENTE AO PARTO E NACEMENTO.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Area Central.

Ás 18:00 Contando en feminino: Lisistrata no CSC de Santa Marta



DOMINGO 5 DE XUÑO Día Mundial do Medioambiente

Ás 11:30 Ximcana Ambiental no CIAC.

A partir das 12 tedes o FESTEO no Concello de Teo.

Ás 13h. Clausura do BateBatuke cun gran pasarrúas pola Zona Vella.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 17:00 saíndo da Cafetería da Granxa do Xesto: Roteiro Interpretativo: O solo da Selva Negra.


Tede en conta que nalgunhas actividades fai falla inscribirse! :)
Esperamos que o sol quede toda a fin de semana. Gozade! 
Comentade aquí se falta algo ou envíadenos un mail a compostelamiuda@gmail.com

E xa sabes, se esta axenda éche de utilidade...compartea! Grazas! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario