jueves, 9 de junio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 10, sábado 11 e domingo 12 de xuño


Durante toda a fin de semana, venres, sábado e domingo en horario de 12:00 a 14:00h e de 16:30 a 21:30h na explanada de Salgueiriños en Santiago de Compostela está a 10ª edición de Xirakarting.



VENRES 10 DE XUÑO

De 10:00 a 13:00h na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, "Día da seguridade viaria" Policía Local, Bombeiros, Protección Civil...se chove trasládase á Feira de Amio. Seguridade viaria infantil e emerxencias.

Ás 16:30h en Espazo NOVENTA, Santiago de Compostela, charla sobre "Atención bucodental n@s miúd@s de 0 a 6 anos" con Irene Iglesias Rubio.

A partir das 17:00h "Xornada de portas abertas" organizada pola Fundación Secretariado Xitano no   #CSCdePontepedriña. Obradoiros de caixón flamenco, actuacións musicais, xogos populares e outras moitas actividades.  

Ás 18:00h na Biblioteca Pública Municipal de Padrón "O coelliño branco

Ás 18:30h no +oensanche Centro Sociocultural  "Palma repalma" con Pavís pavós. Para nenos e nenas de 0 a 4 anos acompañados.

De 19:00 a 19:30h "Story Time: Cowboys and indians" no Centro Comercial Compostela +El Corte Inglés da man de +Kids&Us Santiago.

Ás 19:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta "E.T." proxección do filme.

Ás 20:00h "Regueifas de ciencia" na facultade de ciencias da comunicación en Santiago de Compostela.



SÁBADO 11 DE XUÑO

Durante toda a fin de semana, venres, sábado e domingo en horario de 12:00 a 14:00h e de 16:30 a 21:30h na explanada de Salgueiriños en Santiago de Compostela está a 10ª edición de Xirakarting.


De 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00h #OlimpíadasGalegas no Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela.

Ás 11:00h sae dende a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela #‎RutaDoGraffiti‬.

De 11:30 a 13:30h no segundo andar da Galería Sargadelos en Santiago de Compostela, COMPOSTELA REHABILITA CON ENERXÍA! Laboratorio urbano da enerxía e talleres participativos do Consorcio de Santiago para para nenas e nenos entre 9 e 12 anos.

De 11:30 a 13:30h "Coas mans na masa" obradoiro de cociña para nenos e nenas de 5 a 12 anos organizado por Afundación en Santiago de Compostela.

Ás 11:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela "Story telling: Rosemary dromedary" para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Ás 12:00h xogos populares na Praza Roxa en Santiago de Compostela.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, "Choiva de contos: Imos de safari" a cargo de Beatriz Iglesias. A partir de 3 anos.

Ás 12:30h no Teatro Principal de A Estrada, "Todo me fala de tí". Magín e Uxía cantan a Manuel María, dentro do Programa FalaRedes de dinamización lingüística.

De 17:00 a 21:00h #OlimpíadasGalegas no Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela.

De 17:00 a 20:00h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela "Ninguén sen tenis" para nenas e nenos de 4 a 16 anos.

Ás 17:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela, musical solidario "El rey León" organizado pola Asociación Xestal para colaborar co Banco de Alimentos.

De 18:00 a 20:00h en Area Central en Santiago de Compostela "Sábados creativos: ciencia y experimentos": @s miúd@s asistentes crearán plastilina de xeado e pintarán xeados con pintura en relieve a cargo de Planeta Shalom.


DOMINGO 12 DE XUÑO 

Durante toda a fin de semana, venres, sábado e domingo en horario de 12:00 a 14:00h e de 16:30 a 21:30h na explanada de Salgueiriños en Santiago de Compostela está a 10ª edición de Xirakarting.


A partir das 12:00h "Romaría aberta" actuacións, actividades para crianzas, carpa para xantar e boa compaña no Parque de Belvís en Santiago de Compostela.

Ás 13:00h na Praza de Chavián en Bertamiráns "Festival de circo da produtora Pistacatro" co espectáculo "Entremans".


Se sabes dalgunha actividade que non estea, comenta ou escribe a compostelamiuda@gmail.com e a engadimos.
Se esta axenda te resulta de utilidade, compártea!!!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario