jueves, 28 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 29, sábado 30 e domingo 31 de xullo de 2016


E ala, aló vai o mes de xullo!!!

VENRES 29 DE XULLO

Mostra bibliográfica "Un mar de libros" na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal 

Ás 13:30 "Vía Sacra 5 Estrelas Fest" A XANELA de CRECHAS World Music Sesion + Dj Chiri e convidados na terraza da Casa das Crechas en Santiago de Compostela.

Ás 17:00 Concurso de probas do Museo de Historia Natural.

De 17:30 a 19:00h "Ruta sobre a biodiversidade urbana" Centro De Interpretación Ambiental, paseo circular para coñecer as hortas e tratar da biiodiversidade.

Ás 18:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Pajarito. 

Ás 18:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Santi le Chane. 

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Nono.

Ás 20:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Kote Malabar. 

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa:  Isla le Triska


SÁBADO 30 DE XULLO

Ás 11:00 VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Ás 11:00h CANS CON FLOW "Taller de graffiti" con Can Cun Quinqué no Centro Sociocultural de Pontepedriña.






Ás 11:30 h. Verán en Verde: Ruta Biodiversidad Urbana. Salida desde el CIAC (inscripción: ciac@santiagodecompostela.org )

DÍA DO TRAXE GALEGO. Programa especial


  • 11.30 h. Concentración de participantes na Alameda e desfile ata a Praza do Obradoiro
  • 16.00 h. Concentración de participantes no certame de traxes en San Domingos de Bonaval
  • 19.30 h. Desfile de traxes tradicionais desde Bonaval ata a Praza da Quintana
  • 20.00 h. Exhibición, concurso de traxes e entrega de premios.
Ás 17:00h no CSC Pontepedriña "Taller de Break Dance" con Can Cun Quinqué no CANS CON FLOW.

Ás 18:00h "Competición de Break Dance" no CSC Pontepedriña no CANS CON FLOW.
  
Ás 18:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Kote Malabar. 

Ás 20:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Antuán de Lacrem. 

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa:  Pajarito


DOMINGO 31 DE XULLO 

Ás 12:00 Concerto Banda de Música da S.R San Xoán de Calo na Praza das Praterías.

Ás 13:30 Concerto da Banda Municipal de Música de Compostela no Campo de Festas de Amio.

Ás 18:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Manualidades. 

Ás 20:00 na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Antuán de Lacrem. 

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa:  Cigâni

23:30 Fogos Fin de Festa no Campus Sur.

jueves, 21 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! #AxendaMIÚDA da fin de semana: venres 22, sábado 23, domingo 24 e luns 25 de xullo de 2016



Non fai falla dicirvos que Compostela está de festas e vaia festas. Podedes consultar o programa completo (e máis xeral) aquí e o programa para @s MIÚD@S (máis específico e extendido) a continuación!
Pasadeo moi ben, bailade, gozade, bebede, comede, xogade, aprendede, cantade, mirade, ridevos, aturuxade e festexade!!!!
(Se vedes que algo falta ou sobra, avisade! Grazas!)


III Master Compostela futbolín no Centro Sociocultural de Vite o venres 22 de xullo torneo por equipos e o sábado 23 de xullo Master de Futbolín.


VENRES 22 DE XULLO

Ás 11:00h dentro do Programa Ler conta moito "Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica" na Axencia de Lectura Municipal de Tordoia.

Ás 12:00h, Ana Carreira con "Pequenas historias" no CSC de Figueiras en Santiago de Compostela, dentro do Programa Artellando.

Ás 12:00h, Raquel Queizás con "Romaría" no CSC de Vite en Santiago de Compostela, dentro do Programa Artellando.

Ás 12:00h en Boiro, "As mil e unha noites" na Rúa Peatonal, espectáculo familiar de Teatro Ghazafelhos.

Ás 12:00 O meu amigo o xigante nos cines NUMAX

A partir das 12:30h "Baile Assalto" na Praza do Toural:
  • ás 12:30h Obradoiro de bailes agarrados con Montse Rivera. Música ao vivo con Ariel Ninas.
  • ás 17:00h Obradoiro de bailes europeos con Matias Tradballs. Música ao vivo con Fulano&Beltrano.
  • ás 19:00h Obradoiro de danzas de roda con Suso Cancelas e Asoc.Monteira Danzas do Mundo. 
  • ás 21:00h Baile Assalto con Fulano, Beltrano e Sicra. 
De 16:00 a 19:30h "Obradoiro de manipulado de papel" da Fundación Granell, impartido pola artesá e educadora social Palmira Castro do obradoiro Mimadriña na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 16:00 a 19:30h "Obradoiro de cestaría con papel reciclado" da Fundación Granell, impartido pola artesá do téxtil María José Martínez na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 16:00 a 19:30h "Obradoiro de torno cerámico" da Fundación Granell, impartido polos ceramistas Susana González, Antón Román e Roberto Piñeiro na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 16:00 a 19:30h "Obradoiro de escultura en vimbio" da Fundación Granell, impartido pola cesteira contemporánea Idoia Cuesta na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 16:00 a 19:30h "Obradoiro de cestería tradicional" da Fundación Granell, impartido polo mestre cesteiro Antonio Suárez, na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 16:00 a 19:30h "Obradoiro de Gravado. A Colografía" da Fundación Granell, impartido polo artista gráfico Xabier de Sousa, na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

Ás 18:00 A historia interminábel nos cines NUMAX

Ás 18:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: CIGANI. 

Ás 19:00h na Alameda en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa PATTY DIPHUSA.

Ás 20:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa  "Manualidades" de Manu Lago. 

Ás 20:00h "Tecendo novos soños" conto de luces e sombras para miúd@s de 4 a 9 anos no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, Concello de Ames a cargo de Educultoras sociedade cooperativa galega.

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa "Circo Medina". 

Ás 21:00h "Canta o Cuco" en Rianxo, na Praza de Rafael Dieste. Espectáculo músico teatral infantil a cargo de Uxía e Magín Blanco.


SÁBADO 23 DE XULLO

A partir das 12:00h Romaría Cativa de Bonaval no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela co seguinte programa:
  • ás 12:00h apertura da Romaría Cativa: Xogos Xandobela, Espazo de Xogo Libre, Obradoiro de Circo con Teatro dos Ghazafelhos.
  • ás 12:30h Circo con Javi Javichi
  • ás 13:00h Pablo Díaz e a banda do Tic Tac.
  • ás 14:00h xantar no parque.
  • ás 17:30h reapertura do espazo de xogos. 
  • ás 18:00h Circo con Javi Javichi. 
  • ás 18:30h Xoán Curiel con "Estamos no verán".
  • ás 19:30h Obradoiro Músicas para peto.
  • ás 19:30h Maxia con Martín Camiña. 
  • ás 20:00h As Fadas Magrinhas.
De 12:00 a 13:45h "Obradoiro de manipulado de papel" da Fundación Granell, impartido pola artesá e educadora social Palmira Castro do obradoiro Mimadriña na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 12:00 a 13:45h "Obradoiro de torno cerámico" da Fundación Granell, impartido polos ceramistas Susana González, Antón Román e Roberto Piñeiro na Praza do Toural en Santiago de Compostela. .

De 12:00 a 13:45h "Obradoiro de escultura en vimbio" da Fundación Granell, impartido pola cesteira contemporánea Idoia Cuesta na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 12:00 a 13:45h "Obradoiro de cestería tradicional" da Fundación Granell, impartido polo mestre cesteiro Antonio Suárez, na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 12:00 a 13:45h "Obradoiro de Gravado. A Colografía" da Fundación Granell, impartido polo artista gráfico Xabier de Sousa, na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 17:00 a 19:30h "Obradoiro de manipulado de papel" da Fundación Granell, impartido pola artesá e educadora social Palmira Castro do obradoiro Mimadriña na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 17:00 a 19:30h "Obradoiro de torno cerámico" da Fundación Granell, impartido polos ceramistas Susana González, Antón Román e Roberto Piñeiro na Praza do Toural en Santiago de Compostela.
 
De 17:00 a 19:30h "Obradoiro de escultura en vimbio" da Fundación Granell, impartido pola cesteira contemporánea Idoia Cuesta na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 17:00 a 19:30h "Obradoiro de cestería tradicional" da Fundación Granell, impartido polo mestre cesteiro Antonio Suárez, na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

De 17:00 a 19:30h "Obradoiro de Gravado. A Colografía" da Fundación Granell, impartido polo artista gráfico Xabier de Sousa, na Praza do Toural en Santiago de Compostela.

Ás 17:45 O meu amigo o xigante nos cines NUMAX

Ás 18:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa PATTY DIPHUSA.

Ás 18:30h na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa ANTUAN de la CREAM.

Ás 19:30 na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa  "Manualidades" de Manu Lago.

Ás 20:00 A historia interminábel nos cines NUMAX

Ás 20:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa  O autoestopista intergaláctico

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Don Gelati



DOMINGO 24 DE XULLO

Durante todo o dia FESTAS NO BARRIO DE SAN FERNANDO. Pasarruas, sesión vermú e concerto.

V Certame Folc, na Praza da Quintana:
  • A partir das 10.00h FEIRA DE ARTESANÍA. Exposición de artesanía de Galicia en colaboración coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
  • De 11.00 a 16.00h Taller de xogos. 30 xogos de habilidade con materiais reutilizados.
  • 11.30h Charanga O RECOBÍO Pasarrúas. 
  • 12.00h Encontro de Xigantes e Cabezudos
  • 13.00h Espectáculo do MAGO XACOBE 
  • 16.45h Concerto: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA (Troula)

Ás 12:00 A historia interminábel nos cines NUMAX

12.30h Encontro de Xigantes e Cabezudos na Praza do Toural


Romaría Dos Libros de Verán, na Praza de Mazarelos:
  • ás 13:30h visita guiada pola autora á exposición fotográfica Traxes da Galiza.
  • ás 18:00h café/caña con autoras: Séchu Sende.
  • ás 19:00h Trivial literario dinamizado por Andrea Barreira e co premio dun lote de libros.    
  • ás 20:00h café/caña con autoras: Carlos Quiroga.

Ás 15:45 O meu amigo o xigante nos cines NUMAX

Ás 18:00h. na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa "Circo Medina".

Ás 20:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa  "Manualidades" de Manu Lago. 

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa  O autoestopista intergaláctico

23:30 FOGOS DO APOSTOLO


LUNS 25 DE XULLO

Día de Galicia no PACC (Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa) en San Cibrao de Las, visitas guiadas de balde coa entrada ao parque.

Ás 12.30h Pasarrúas. CHARANGA DE CABEZUDOS

A partir das 16:00h Festigal no Campus Sur, Santiago de Compostela, "Espazo infantil":
  • Ás 16:00h obradoiros impartidos pola Asociación de Gaiteiros Galegos. 
  • Ás 17:15h Títeres Alakran presentan "Os soños na gaiola". 
  • Ás 18:15h Oviravai, con Verónica Santalices, Laura Iglesias, Federico Wlicki e David Álvarez con "As andanzas de Paio".
  • Ás 19:15h A Gramola Gominola.
A partir das 17:00h na Praza de Mazarelos "Conto por Conto" dentro das actividades programadas na "Romaría Dos Libros De Verán": espazo para intercambiar contos e libros infantís e que pais e nais se convirtan en contacontos por un día.

Ás 18:00h. na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa "Circo Medina".

Ás 19:30 na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: CIGANI. 

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa ANTUAN de la CREAM.

Ás 20:30h na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa Guillermo Solo.

sábado, 16 de julio de 2016

Leoas e opinólog@s


Neste artigo queremos pedirvos axuda para elaborar outro artigo con recursos, consellos, anécdotas e respostas para casos de comentarios molestos, de opinólog@s ou faltas de respecto que toda familia coñece. A ver se así (coas cousas e as contestacións claras, sabendo que nos pasa a tod@s) a leoa que levamos dentro nos teña que dar un tirón das orellas ao seu paso, se non é abolutamente necesario:

Cando es nai ou pai ás veces non é doado relacionarte co teu entorno. Teño un amigo alemán que di que o que pasa en España é que non se respecta @s nen@s e a súa parella galega di que lle parece que é certo. Eu engado que todo xa comeza no embarazo. A barriga da embarazada e mais tarde @ nen@ que sae son públicos. Todo o mundo pode tocar e opinar e meterse todo o que lle dea a gana. 

O meu irmán vive en Suíza e cando nos veu visitar coa súa nen@ de ano e medio estaba encantado con todos os sinais de afecto que recibiu ela d@s viandantes... E é certo, iso é bonito. Aquí non miran para outro lado cando unha crianza saúda coa man ou fai calquera outra cousa para se relacionar co seu entorno. Non como (seica!) ocorre en Suíza onde a xente lles torce a cara. 
"Pero!" ...e xa estabades agardando ese "pero!"... Pero aquí a xente moitas veces pásase na outra dirección! Por exemplo, situación 1: eu estou agardando no semáforo co meu MIÚDO metido na mochila diante de min. Vén unha señora, que non coñecemos de nada e, sen previo aviso nin prolegómenos, vai e tócalle a cara (e non pouco) mentres lle solta o típico comentario "que neno máis bonito e simpático"! Iso é unha falta de respecto grave. Imaxínate que che pasase a ti: Situación 2 dende a outra perspectiva: Ti estás chegando ao semáforo ves unha muller ou un home que che parece moi simpátic@ e de casualidade che sorrí; entón colles, achégaste ata moi perto e tócaslle a meixela e o nariz dicindo: "que guap@ es, que ben me caes!" 
A que choca?! 
A que nos saca un sorriso nervioso?!

Na nosa sociedade iso sería moi sorprendente, máis ben asombroso e ante todo moi molesto. Á persoa en cuestión pareceríalle unha falta de respecto ao seu espazo persoal e ao seu corpo. Iso non se fai e punto! Pois ás embarazadas e nen@s si que se lles fai e a todas horas. A min tocáronme a barriga e con ela incluído o pube (!!!) persoas descoñecidas. 
Así e todo, alí non acaba esta situación. @s MIÚD@S tamén se collen, se levan, se soben e se baixan sen lles pedir permiso. Díselles "Non pasa nada" cando caen e choran. Díselles "culo, culo" cando están a experimentar con algo e non fan caso, e tamén se lles di "por que están enfadad@s?" cando en realidade están a chorar de cansazo, dor ou tristura...

Para min como nai non é nada nada fácil lidiar con esas situacións. Eu son desas ás que lles custa comunicar as súas emocións conflitivas, ás que calan para non destruir a paz e logo estoupan no canto de explicar. Por que se teñen que meter tod@s na educación do meu fillo??? "Non che comeu moito" "Está canso" "Esa nena é mala" "Tan grande e aínda toma teta?" "Non te enfades!" "Nós tamén tomamos chuches e non nos pasou nada"

Eu non sei como reaccionar a eses comentarios. Eu non digo nunca nada e logo un día resposto rosmando con olor a leoa enfadada, amosando os dentes, e a xente queda disgustada, a miña parella incluída. Quizais é porque son estranxeira, non sei. E os comentarios que me chegan non son dos peores. Son bastante liviáns e espaciados no tempo. Quedo sen palabras e coa boca e ollos ben abertos con algunhas cousas que lles din a amigas.

A vos pásavos igual ou parecido? 
Queremos dende a Compostela MIÚDA escribir un artigo con recursos, consellos e anécdotas para axudarnos a aprender a lidiar coas faltas de respecto abertas ou disfrazadas e demais comentarios molestos de opinólog@s ou de quen sexa cara @s nos@s MIÚD@S e cara nós como nais, pais ou embarazadas. Tamén queremos desenmascarar os comentarios inocentes que foron aprendidos hai tempo cando eramos pequenos e averiguar a mellor maneira para explicarllo a eses amigos e familiares que nunca se plantexaron que igual non é bo dicirlle xusto iso @ net@, sobriñ@ etc. Para iso gustaríanos contar co voso apoio. Comentade aquí ou escribídenos a vosa aportación ou experiencia da que pensades que poida axudar @s demais! Grazas!
Comenta aquí ou escríbe a compostelamiuda@gmail.com
Grazas por compartir e participar!

jueves, 14 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana:venres 15, sábado 16 e domingo 17 de xullo de 2016


Como vos senta estar todo o día fora, escoitar @s MIÚD@S gritar no parque, xogar ca auga no xardín, o sol, o coche cheo de maletas e xoguetes para a praia, o fresco do bosque, escoitar as gaibotas en Muros, Vilagarcía ou Aldán... Ahhhhh é verán!
...pero en Compostela tamén hai cousas que facer, eh!!! Entre o circo nas prazas, Star Wars en Area central e os obradoiros da Feira Arte y San non sei moi ben que elexir, porque tamén está a festa do escalo en Chaian, Raquel Queizas no Obradoiro e máis obradoiros no Museo de Historia Natural, Fundación Granell.... Lede vos mesm@s!

VENRES 15 DE XULLO

Continúa a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

De 8:30 a 14:30h "Un mar de libros" na Sala Infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, unha colección de guías para planear viaxes e mostra das viaxes imaxinadas por outros como Jules Verne ou Jack London 

De 11 a 14h. Obradoiro lúdico infantil a propósito da exposición"As rúas contan que...": "Curadoría petit-crítica" por Desirée Vidal Juncal na Zona C.

Ás 11:30 Obradoiro infantil 'Abrollarela' de tambores para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 12:30 primeira actuación da Cía Comediantes Intinerantes (Mañás de verán de Conxo) na Praza da Merced en Conxo.

Ás 13:15 actuación da Cía Comediantes Intinerantes (Mañás de verán de Conxo) no Campo de Conxo.

A partir das 17:00h na Alameda en Santiago de Compostela, "Xornada de xogos populares" programación das Festas do Apóstolo 2016.

De 17:00 a 19:00 h. Taller infantil 'Abrollarela' de duendes y hadas para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

De 17:00 a 18:30 h. Taller infantil de tinguido ao engrudo para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 18:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina".

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "NONO".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Autoestopista Intergaláctico".



SÁBADO 16 DE XULLO

Festival do Estío en Vilagarcía de Arousa, concertos, xogos e máis durante todo o día: Paco Nogueiras, Oviravai, A Gramola Gominola, Sons Miúdos...

Última fin de semana para ver a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela (e de 18 a 20 hai Photocall).

De 11:30 a 13:30 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela' de bolsas customizadas para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 11:00 Visitas contadas no Museo das Peregrinacións.

De 11 a 14:00h. Trucos para orientarte nun bosque no Museo de Historia Natural.

Ás 12:00h no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental) "Obradoiro de iniciación á observación de aves".

De 12 a 14 e 17 a 20 Obradoiro os vermes da seda na Fundación Granell.

Ás 12:15h na Praza do Obradoiro "Contos con Raquel Queizás" Reta3 móvete pola diabete para axudar a ANEDIA (Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia). 

De 17:00 a 19:00 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela' de bonecos de trapo para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

De 17:00 a 18:30 h Obradoiro infantil de tinguido con cintas ao alcohol sobre polyart na Feira Arte y San

De 18:00 a 20:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Photocall da Tropa Korriban Star Wars Galicia" con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada"

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Cirkote".

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Manualidades".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina". 



DOMINGO 17 DE XULLO

Festa do escalo en Chaian (na competición de pesca hai categoría infantil e xuvenil!)

Último día para ver a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

De 11:00 a 13:30 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela': 'Conto interminable' para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Autoestopista Intergaláctico".

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Guille Solo".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina".