viernes, 8 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 8, sábado 9 e domingo 10 de xullo de 2016



Toda a fin de semana...
      Feira Arteysan en San Martiño Pinario, Santiago de Compostela.


VENRES 8 DE XULLO
  
"Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.
 
De 8:30 a 14:30h "Un mar de libros" na Sala Infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, unha colección de guías para planear viaxes e mostra das viaxes imaxinadas por outros como Jules Verne ou Jack London 

De 10:30 a 13:30h no Centro Sociocultural de Vite "Xogos populares na rúa" a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela.

Ás 11:00h no Edificio multiusos de Rois "Xogando con globos" espectáculo de contacontos e globoflexia.

Ás 17:00h no Museo do Pobo Galego, "Facemos irmandade?" Obradoiros en familia para coñecer mellor a importante tarefa das Irmandades da Fala.

Ás 18:30 "Manualidades", de Manu Lago na Praza das Praterías. 

Ás 19:00h. Circo na Rúa de CIRCONOVE: O Autoestopista Intergaláctico na Praza do Toural.

Ás 19:30h. Circo na Rúa de CIRCONOVE: Natalia Pajarito na Praza da Quintana.

Ás 22:30h Cine de verán 4x4: "Enrugas" no Campo da Festa de Picón en San Pedro de Vilanova, Vedra.

Ás 23:00h na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela "Visitas Astronómicas" .


SÁBADO 9 DE XULLO

Festa da Faguía de Carnés en Vimianzo, A Coruña.
Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei, Lugo.
Festa do Percebe do Rocundo en Ponteceso, A Coruña.
Festa do Polbo de Mugardos, A Coruña.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 18:00 a 20:00h a Asociación Tropa Korriban Star Wars Galicia visitará Área Central, dentro das actividades da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada".

Ás 18:30 Circo na Rúa de CIRCONOVE: Guille Solo na Praza das Praterías. 

Ás 19:00h. Circo na Rúa de CIRCONOVE: Circo Medina na Praza do Toural.

Ás 19:30h. Circo na Rúa de CIRCONOVE: O Autoestopista Intergaláctico na Praza da Quintana.

Ás 21:30h no Paseo do Malecón de Ribeira "Festival de circo Pistacatro". 



DOMINGO 10 DE XULLO

Festa do chourizo de Ortoño, Ames.

Dende as 10 da mañán "Carreira solidaria SOS Siria" pola zona de Belvís e San Pedro en Santiago de Compostela. Categoría pitufo e prebenxamín con saída ás 11:30h.

A partir das 10:00h na Cidade da Cultura de Galicia I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

Ás 13:00h no aparcadoiro da Travesía do Porto do Milladoiro "O autoestopista intergaláctico" show de ciencia-ficción, clown, malabares e humor.

Ás 18:30 Circo na Rúa de CIRCONOVE: Cigani na Praza das Praterías. 

Ás 19:00h. Circo na Rúa de CIRCONOVE: Guille Solo na Praza do Toural.

Ás 19:30h. Circo na Rúa de CIRCONOVE: Malala na Praza da Quintana.

Ás 20:30 Circo na Rúa de CIRCONOVE: Circo Medina na Praza das Praterías. 


Comezos de xullo e @s MIÚD@S composteláns van enchendo as praias, pero en Compostela aínda che hai algunha cousiña interesante e as que haberá...
Se ves que se nos pasou algunha desas cousas avisa! compostelamiuda@gmail.com
Grazas e feliz fin de semana con moito xeadooooo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario