jueves, 29 de septiembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda miúda do venres 30 de setembro e sábado 1 e domingo 2 de outubro de 2106


É sensación miña ou setembro pasou voando? Pois veña, a desfrutar da fin de semana que continuamos con bo tempo!

Festa da Faba de Lourezá


VENRES 30 DE SETEMBRO

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal: "Día Europeo das Linguas. Lecturas e recursos", "Cen anos de Roald Dahl" e "Tirando da lingua: as linguas minorizadas europeas".

Ás 17:15h na Biblioteca Pública Municipal de Cerceda "Merenda con pan de millo" por Migallas Teatro.

Ás 17:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela "Un botón en mi cabeza" de Arrina las Hu! Galicreques 2016.

Ás 18:00h Pasacalles, Títeres Cachirulo "As Xeneralas da Ulla" Praza do Toural, Santiago de Compostela. Galicreques 2016.

Ás 18:30h "Contos revoltos" na Biblioteca Pública Municipal de Ordes con Fátima Fernández.

Ás 19:00h Tárbol Teatro "Juancha y Mariacha" no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Galicreques 2016.

Ás 19:30h "Carapuchiña Vermella" de EducaTeatro Produccións no Centro Sociocultural da Ramallosa, Concello de Teo.

Ás 19:30h "O meu avó é mago"  no exterior da piscina municipal de Oroso, a cargo da Compañía Mundo Mandarina.


SÁBADO 1 DE OUTUBRO

Hoxe tedes a Maker Faire en Santiago no Pazo de Congresos! 

II Festa do Barrio do Ensanche de Santiago de Compostela, Festa máis de 55 anos vivindo O Ensanche

"Un Barrio en Forma" no Barrio de San Pedro, actividades durante todo o día e xantar popular.

De 8:30 a 13:45h no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, "Bibliomercado".

Ás 12:00h no Centro Sociocultural Das Fontiñas en Santiago de Compostela, "Contacontos con monicreques"

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Os sábados: choiva de contos" Os mundos de porquiño" con Ana Carreira.

Ás 12:30h na Gaia dos Nenos "Grupo de calceta" Semana de portas abertas. Santiago de Compostela.

Ás 12:30h Trapusteros Teatro "Los cuentos de otro" no Paseo Central da Alameda en Santiago de Compostela. Galicreques 2016

Ás 13:00h Pasacalles. Títeres Cachirulo "As Xeneralas da Ulla" na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Galicreques 2016

Ás 17:00h Tres Tigres Teatro "Serenatas embichadas" no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Galicreques 2016

Ás 18:00h Búho Teatro "La ratita presumida" Na Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Galicreques 2016

Ás 18:00h Sábados creativos en Area Central con contacontos pola igualdade e obradoiros pola creatividade.

Ás 18:30h Arrina las Hu! "Un botón en mi cabeza" na Praza de Praterías en Santiago de Compostela. Galicreques 2016

Ás 19:00h no Centro Comercial As Cancelas, Santiago de Compostela, inauguración do novo "Club de Celi" con espectáculo de teatro infantil da man de Falabaratas.

Ás 19:00h na Casa da Cultura de Outes, "Tita" Espectáculo de monicreques de Babaluva sobre a intelixencia emocional.

Ás 20:00h Proyecto Mariposa " Lucía del espejo...testimonios de una piel..." no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Galicreques 2016



DOMINGO 2 DE OUTUBRO


Hoxe tedes a Maker Faire en Santiago no Pazo de Congresos! 

IX Limpeza Simultánea "Móllate polos Ríos". 

Ás 12:30h El Retablo de la Ventana "El gato con botas" na Fundación SGAE en Santiago de Compostela.  Galicreques 2016 

Ás 13:30h Teatro Nacional de Guiñol de Cuba "Redoblante y Meñique" na Praza Roxa en Santiago de Compostela.   Galicreques 2016 

Ás 17:00h Aulada Teatro "The Puppet Circus" no Teatro Principal de Santiago de Compostela.  Galicreques 2016

Ás 18:00h na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, "Concerto didáctico co Grupo Campo de Estrelas" paseo pola música do mundo a través dos instrumentos de corda.

Ás 20:00h El Ojo Títeres "Cineamano" no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Galicreques 2016

viernes, 16 de septiembre de 2016

Sobre o futuro, a ilusión e os meus devezos.



Dime a miña compañeira Raquel que este artigo o escriba sobre o futuro, a ilusión e os meus devezos... Puhhhh. Paréceme difícil.
Por un lado digo: Hai tantas cousas! ...e polo outro: Ui, que negro e que lonxe queda: O futuro.
Vivo moi anclada/agobiada no presente.

Hai uns días escribín, para un libro que estou preparando, que estaba aburrida que o vía todo moi negro por aquí. O que quero dicir ou do que quero avisar máis ben, é que non vivo precisamente o meu momento máis romántico e optimista senon máis ben todo o contrario. E xa me atacan unha chea de pensamentos e reproches que botar ao aire. Empezo!

Pensamos básicamente en n@s mesm@s e non no colectivo e se podemos engañamos. Tod@s. Si! Vostede e máis eu tamén. Xa nin nos damos conta. A nosa sociedade constrúese sobre o engano ou vostede cre que pagou un prezo xusto pola camiseta ou o pantalón ou os calcetíns que leva? Case estou segura que non. E iso so é un exemplo. Querémolo todo e o queremos xa e se pode ser sen esforzo, moito mellor.  Botamos balones fora en canto poidamos e así nos vai. 

Eu dou clases de alemán e teño un alumno que traballa como monitor de tempo libre nun colexio. Faloume dun tema do que xa se fala hai anos. O tema é que @s MIÚD@S de hoxe en día lles falta educación, a educación que lles debería vir dende a casa... Zas! O meu tema favorito: Pero claro! Como non lles vai faltar! Se o que máis nos importa, e so hai que ver a publicidade da tele ou as revistas de alto brillo, é estar guapos, delgados, peinados, perfumados e encremados, ter coches, televisores, móbiles e demáis aparatos electrónicos, un seguro para todo, un banco que te entenda etc... Que non? Pois entón decídeme: Onde se trasmite a gran escala que é de suma importancia que tipo de persoas sexa @ MIÚD@ cando crezca? Onde pon que o que na vida e loable de alcanzar é ser unha persoa culta e respectuosa? Onde se comunica chegando á masa que os cartos  importan pero non o son todo? Que o sentido da vida reside en ganar experiencia e saber... en facer deste lugar un mundo mellor. Onde está a valla publicitaria que di que adiquemos todo o tempo e esforzo que poidamos e teñamos a darlles todo o que precisen de verdade @s nos@s fill@s... Si penso no que me rodea e no que se espera de min sinto que ese esforzo e tempo o teño que invertir primeiro en rendir, en ganar cartos para ser un membro aceptado e enteiro desta sociedade. Se invirto en tempo co meu fillo teño mala consciencia por quitarlle este tempo a algo que produce, a algo que se poida intercambiar por cartos. Na nosa sociedade, aquí e agora, poucas cousas quedan que non se poden mercar ou vender e que sexan valoradas e recoñecidas. E cada vez menos. 
E vos preguntaredes: E onde está o devezo, a ilusión e o futuro que lle pidiu Raquel? De momento so se está a queixar de cousas que todos sabemos e ninguen cambia.*

Soño co que o meu MIÚDO fose viaxeiro, estando na casa ou polo mundo, da igual. Que faga o que realmente quere e que eu sexa capaz de serlle unha guía nesa aventura. Que lle poida agasallar paciencia para esperar ata sabelo e lucidez e valentía para ser capaz de ver ese seu lugar ou cousa cando a teña diante dos ollos. Espero que el valore tanto ou mais ca min o saber, o pracer de pensar, de pasear, de observalas nubes e de mergullarse no seu mundo de fadas. Espero que destape a trampa consumista. Que sexa capaz de mirar detrás das fachadas burdas de brillos, destellos, diñeiro e promesas baleiras. Espero non facelo vivir a vida que a min me tería gustado senon a súa propia! Espero saber amosarlle respetar o noso planeta, respetar aos seres que o habitan, respetar á natureza e moi importante e ante todo respetarse a si mesmo. Quero que sexa consciente de si mesmo e do que lle rodea, que saiba pensar e desenmascarar tramperos e trampas... O meu devezo, a miña ilusión e o noso futuro é que sexa feliz e que teña unha vida plena, que saiba apreciar e vivir a dor provocada polo crecemento que implica todo o que escribín ata agora.
Espero que viva nunha sociedade ao comezo dun gran cambio para facer deste mundo algo moi, moi diferente!

*Teño que dicir e recoñecer (con moito gusto) que hai moitas iniciativas para cambialas cousas, que hai moito amor e moitas ganas de outro mundo. Teño que admitir que pintei a primeira parte do artigo desta cor  tan fea para provocar e tamén para ilustrar o que sen dúbida existe, funciona e vive entre nos.

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 16, sábado 17 e domingo 18 de setembro de 2016.




Que tal a volta ao cole? Todo ben? Felices de tela rutina de volta e ver algunha que outra nube e escoitar a chuvia de noite no tellado? Ou ansiosos de que chegue unha fin de semana con sol para recordalas vacacións?
Nos estamos a tope metidas no noso cíclo Con A de AMOR e T de TRIBO. Botádelle unha ollada ao programa que empeza esta fin de semana aquí e para saber o que vai vir aquí.


VENRES 16 DE SETEMBRO

Mostra bibliográfica "Cen anos Roald Dahl” na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposición Infantil "Os Furabolos” na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

De 12:00h a 19:00h na Rúa Doutor Teixeiro preto da Praza de Galicia en Santiago de Compostela, PARK(ing) Day en Compostela.

A partir das 18:00h A casa d@s nen@s no Matadoiro en Compostela.

Ás 19:00 Parque de Bonaval Terra-auga-aire de Can Cun Quinqué, Danza en familia.

A partir das 20:00h "Roteiros nocturnos gratuítos MORCEGOS: escoitando o que non se escoita" organizado pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC en colaboración Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente.

Ás 20:30h en Titirideza en Lalín, no Auditorio "Tropos-La Tirita de Teatro" con "Y los sueños, sueños son".



SÁBADO 17 DE SETEMBRO

Compostela+Solidaria: Feira de economía social na Praza 8 de Marzo da Rúa de San Pedro (a partir das 11:30)

Festival do Leite Galego, a partir das 14h no Parque de Belvís.

Mostra bibliográfica "Cen anos Roald Dahl” na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Exposición Infantil "Os Furabolos” na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Ás 10:30h en Espazo NOVENTA, charla de Laura Perales "Escola e conflitos"

Ás 11:00 VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

De 11 a 13 Talleres para familias: A-B-Contemporáneo no CGAC

De 11:00 a 21:00h no Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela, Festa de cumpreanos de Celi.

De 11:30 a 19:30h Compostela+solidaria na Praza 8 de marzo, no barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela.

Ás 12:00 Zoo, Contacontos a cargo de Chus Álvarez na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

De 17 a 18.30h. no Centro de Interpretación Ambiental (CIAC) Obradoiro de compostaxe.

Ás 18:00h en Titirideza en Lalín, na Praza do Concello (Biblioteca), Títeres Alakrán con "Barriga Verde ataca de novo".

Ás 18:00 Escena en familia: A banda das apertas na Fundación SGAE

Ás 18:00h. "La reina de las nieves" no Auditorio de Galicia

Ás 18:00h. Sábados Creativos en Area Central.

Ás 21:30h en Titirideza en Lalín, na Praza de Galicia (Concello novo), Viravolta Títeres con "Barriga Verde de Manuel María".



DOMINGO 18 DE SETEMBRO 


De 11 a 13 Talleres para familias: A-B-Contemporáneo no CGAC

Ás 18:00h en Titirideza en Lalín, na Praza do Concello (Biblioteca), Aulada Teatro con "Historias de un tal Cristóbal".

Ás 18:00h. O camiño de Santiago na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura.

Ás 21:30h en Titirideza en Lalín, na Praza da Igrexa, Aulada Teatro con "Macbeth-ya somos el olvido que seremos". 

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Con A de AMOR e T de TRIBO: Ciclo de conferencias sobre crianza. CARLOS GONZÁLEZ e JULIO BASULTO

Continuamos co Ciclo de conferencias sobre crianza Con A de AMOR e T de TRIBO, con Carlos González (pediatra) e Julio Basulto (nutricionista).

Con A de AMOR e T de TRIBO conta coa colaboración da GAIA DOS NENOS Ecocrianza, que antes da charla de Carlos González nos falarán da iniciativa ACM (a contra marcha): @s miúd@s viaxan máis seguros no coche a contramarcha. É así de sinxelo. Pero...como? cando? canto? por que? Escoita a nosa mensaxe!!!


CARLOS GONZÁLEZ "Autoridad y límites" e "Necesidades afectivas d@s MIÚD@S"

 
QUEN É?

Carlos González non precisa presentación...ou si? 
Pois Carlos é licenciado en Medicina pola Autónoma de Barcelona e MIR en Pediatría. Pediatra de atención primaria por oposicion en excedencia voluntaria. Presidente de ACPCAM (Asociación Catalana Pro Lactancia Materna) dende a súa fundación en 1990. Práctica privada dende 2006 en Gavà Salut Familiar. Realiza moita actividade formativa como docente e como alumno. É tamén escritor, colabora habitualmente coa revista Ser Padres dende 1994, co diario Ara dende 2010 e con diversas revistas do grupo RBA (Única, Tu bebé, El Mueble, Mente Sana, Lecturas) dende 2004. Ten publicados varios best sellers, entre eles "Mi niño no me come", "Bésame mucho", "Manual práctico de lactancia materna", "Un regalo para toda la vida, guía de lactancia materna", "Entre tu pediatra y tú", "En defensa de las vacunas" ou "Creciendo juntos".

CANDO?
  • Venres 21 de outubro ás 17:00h , "AUTORIDADE E LÍMITES": os pais e as nais teñen autoridade, e todos @s miúd@s teñen límites. Pero non debemos olvidar que a autoridade ten límites, que non podemos gritar, humillar, ridiculizar aos nosos fill@s. Non son inimigos agazapados nas sombras buscando o xeito de rir de nós e saírse coa súa. Quérennos, queren obedecernos e ternos content@s. Temos autoridade sobre os nosos fill@s, incluso aínda que non fagamos nada para merecela. Pero iso conleva unha gran responsabilidade, debemos esforzarnos por estar á altura. 
  • Sábado 22 de outubro ás 11:00h, "NECESIDADES AFECTIVAS D@S MIÚD@S": por que piden brazos os miúd@s, por que non queren dormir sos, por que choran en canto te perden de vista...@s miúd@s establecen ao longo do primeiro ano un forte apego cunha persoa, normalmente a nai, e a partir desa primeira relación irán establecendo outras relacións afectivas ao longo da súa vida. A separación da figura de apego provoca a conduta de apego: chamala, buscala, chorar...non, non lle está tomando o pelo, o que ocorre é que a necesita. E que a ama.
ONDE?

No Auditorio do Colexio La Salle na Praza de San Xoán Bautista De La Salle, 1 (Zona de San Roque), Santiago de Compostela.



JULIO BASULTO "Alimentación Infantil"


QUEN É? 

Julio Basulto tampouco precisa presentación...ou si? 
Pois Julio é Titulado en Nutrición Humana e Dietética pola Universidade de Barcelona, Dietista-nutricionista foi profesor asociado na Unidade de Nutrición Humana da Universidade Rovira i Virgili de 2005 a 2009. Ata agosto de 2013 traballou como editor na Revista Española de Nutrición Humana e Dietética e foi responsable do Grupo de Revisión, Estudio e Posicionamento da Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas. Na actualidade, ademais de colaborar con diversos medios (Radio Nacional de España, Ser Consumidor, Revista Muy interesante, etc.) exerce como docente en varias institucións académicas e é membro de diferentes Grupos, Paneis, Sociedades ou Comités de Expertos. Julio é autor ou coautor de numerosas publicacións tanto científicas como divulgativas, por exemplo: "No más dieta", "Secretos de la gente sana", "Se me hace bola", "Comer y correr", "Mamá come sano" y "Más vegetales, menos animales".

CANDO?
  • Sábado 19 de novembro ás 11:00h , "ALIMENTACIÓN INFATIL": Non hai grandes diferenzas entre un só nen@ amamantad@ e un non amamantad@, pero si as hai se comparamos moitos máis nen@s. Ata cando convén que dure a lactacia exclusiva (sexa ou non materna)? Idade de incorporación da alimentación complementaria, e outras características importantes desta etapa. "Insistir para que coma, un pouquiño", vale? Que é unha dieta sana na infancia?
ONDE?

No Auditorio do Colexio La Salle na Praza de San Xoán Bautista De La Salle, 1 (Zona de San Roque), Santiago de Compostela.

PREZO E MATRÍCULA:
  • Unha charla:  25€
  • Dúas charlas: 40€
  • Tres charlas:  55€
Se tiveres matrícula (a matrícula formalízase ao facer a transferencia do prezo da mesma) antes do 7 de outubro facémoste un desconto de 6€ no prezo total, e os prezos quedarían así:
  • Unha charla:  19€
  • Dúas charlas: 34€
  • Tres charlas:  49€
Agora que xa pasaron as charlas de Carlos González, e ata o 4 de novembro, se queres asistir á charla de Julio Basulto tes un desconto de 6€, sendo así o coste de 19€. Para esto tes que ter feito a matrícula antes do 4 de novembro.
Para realizar a matrícula nas Conferencias de Carlos González e Julio Basulto envíanos un mail a:

charlas.compostelamiuda@gmail.com  

cos teus datos, NOME e APELIDOS, DNI e NÚMERO DE TELÉFONO, e as charlas ás que queres asistir
Enviarémosche un mail de volta con toda a información e os pasos a seguir.

Tamén as podes adquirir cun desconto de 6€ na tenda Gaia dos Nenos na Rúa Santiago de Guayaquil nº 6 en Santiago de Compostela (descontos non acumulables).

As entradas non son reembolsables, aínda que si transferibles.

Moitas grazas polo voso interese no noso ciclo de conferencias sobre crianza Con A de AMOR e T de TRIBO

ANOTÁDEVOS E COMPARTIDE!!!



Colabora




viernes, 9 de septiembre de 2016

Conciliar - pequena reflexión acerca de significados, medidas etc. e a miña humilde percepción do conxunto.




Que é conciliar? Xa moitas veces limos que é absurdo iso de conciliar a vida familiar e a vida laboral ou un reflexo de que na nosa sociedade algo vai mal. Non son a primeira que escribe sobre isto e non serei a última.

Xa que parece que isto non é un tema moi orixinal deixádeme tamén que comece este artigo como comezan moitos artigos, pondo unha definición de diccionario:

Conciliar segundo o dicionario da Real Academia Galega é:
Poñer en harmonía [aquilo que se manifesta como contrario ou diferente]. 
...e conciliarse:
Poñerse de acordo ou deixar de ser inimigos.

Xórdenme logo dúas preguntas:
Cando se separaron as nosas vidas na familiar e na laboral? e cando se fixeron inimigas?

Comecemos coa primeira pregunta:

Non sei cando se separarían. Coido que foi hai relativamente pouco. Seguramente no século pasado. Pero iso realmente non é tan importante. Interésame máis se é san ter varias vidas e penso que non. Iso de estar en posesión de varias vidas que non teñen que ver entre si e que ademais son inimigas, chámase trastorno de identidade disociativo ou moit@s o coñecerán por trastorno de personalidade multiple. A definición da wikipedia adáptase de marabilla ao que vivimos as nais e os pais en relación con este tema:
El trastorno de identidad disociativo es un diagnóstico controvertido descrito en el DSM IV como la existencia de dos o más identidades o personalidades en un individuo, cada una con su propio patrón de percibir y actuar con el ambiente. Al menos dos de estas personalidades deben tomar control del comportamiento del individuo de forma rutinaria, y están asociadas también con un grado de pérdida de memoria más allá de la falta de memoria normal. A esta pérdida de memoria se le conoce con frecuencia como tiempo perdido o amnésico.
Ergo: Non parece san. Ter un trastorno psiquiátrico non sona saudable. Semella que lle pasa a moit@s. Entón quen non está san é a sociedade na que vivimos, non?
Bromas a parte: A primeira vez que escoitei falar de que a nosa sociedade é a que está enferma (e non os "tolos" nos psiquiátricos) foi hai unha chea de anos a través do libro de Erich Fromm: Psicanálise da sociedade contemporánea: cara unha sociedade san, pero despois non deixou de soar ese feito. Repíteno constantemente profesionais, familiares e amigos. A última vez que o lin foi non libro El concepto del Continuum. En busca del bienestar perdido de Jean Liedloff que vos recomendo de todo corazón.

Estiven contando as miñas vidas e teño: a miña vida de artista, a miña vida de "profe" de alemán, a miña vida de nai, a miña vida de parte de Compostela MIÚDA e creo que xa non me caben máis nas 24h que ten un día. Non, a de parella xa non cabe. E sen darlle máis voltas asegúrovos que non funciona, que me custa un esforzo sobrehumano mantelas e que non teñen os resultados que se esperan no capitalismo. Non gaño un peso con elas. Non, non me gusta esa segmentación. Gustaríame que todo fose unha única vida.

Vou seguir cun pensamento que pon en relevo que a vida familiar é ben diferente da vida laboral e incluso da vida d@s demais da nosa sociedade que non teñen fill@s:

Cando quedei embarazada entrei no "mundo das familias". Dúas nais abríronme unhas portas grandes e dixéronme: Benvida! Antes non tiña nin idea de que existía ese mundo paralelo. O mundo familiar xa hai que non está dentro do "mundo normal" (aproximadamente dende que se separou a vida familiar da vida laboral). É un mundo aparte do que a xente que non ten fillos non se entera... Ou talvez si, mais só cando se trata de criticar como están educados os nenos de agora ou cando no autobús, avión ou ao meu lado hai algún berrando coma un toliño. Se non a "vida familiar" apenas trascende estas portas que me abriron aquelas nais imaxinarias no momento de quedar en "boa esperanza".

Coñezo a nais e pais que teñen medo de ter visita de xente que non teñen fillos porque non entenden... Critican, intentan educar @s teus fill@s ou como lle pasou ao meu irmán: Non marchan!!! Quedan como se estiveran nunha casa onde os que viven dormen de 8 a 10 horas cada noite da fin de semana. Isto son uns exemplos simpáticos, mais seguro que vós coñecedes moitos máis e máis serios que ilustran que vivimos nunha sociedade cega que vive de costas á familia ou sexa que a nen@s, nais, pais e tamén embarazadas.

E que hai do porqué da segmentación das vidas? E entón penso niso:

Sabedes como fan co leite das vacas? O leite antes de chegar ao tetrabric é separado en tódolos seus compoñentes, logo volveno xuntar (con proporcións que seica coveñen polo que sexa) e xa é metido e vendido no tetrabric tal e como sabemos. Fano para controlar o leite mellor. Pode ser o mesmo nas nosas vidas? Pártenas para controlalas mellor? Non sei, que conste que son totalmente contraria ás teorías de conspiración, pero si que creo que se ves que unha cousa che funciona para vender máis ou ter máis seguidores ou votantes ou uns traballadores máis uniformes que se deixan manexar mellor ou o que sexa que parece que é importante na sociedade na que vivimos, pois estou segura que hai máis dun/dunha que non se acorda que iso pode que vaia en contra natura, moral ou o que sexa que constrúa as bases para unha vida feliz e sá. E menos se vai lembrar agora que xa non haberá filosofía nas aulas e xa nin que falar ten da desaparición en xeral da cultura das nosas vidas á raíz da crise.

Ben. A min non me gusta ter varias vidas. Gustaríame vivir unha, a miña. Pero non vou ser tan radical de entrada. Vou facer unha reviravolta mental e vou aceptar: Teño dúas vidas: a miña familar e a laboral. E logo pregúntome: Por que esas dúas vidas habería que concilialas? Por que son inimigas? Non ten lóxica, non? Unha persoa feliz na súa familia será unha persoa que traballará "de lo lindo" ou vós que opinades?
Non quero escribir agora sobre como unha vida familiar e unha laboral poderían funcionar ben xuntas que daría para un artigo moi interesante (e hai moitos modelos polo mundo en adiante) pero si facer fincapé en que se funcionan ben xuntas pasarían a ser unha vida... Dádesvos conta, non?

Agora vou incluso ir moito máis alá e non só vou aceptar ese trastorno de multiple personalidade senón que tamén vou aceptar que "conciliar" ou sexa mediar entre estes dous inimigos fose unha boa idea. Iso cústame e doe bastante. Por iso espero que saibades apreciar ese experimento que estou a levar a cabo.

Conciliar en España significa por exemplo:
Deixar ao bebé cando ten 16 semanas (nin 4 meses) e é totalmente dependente da súa nai (ou persoa maternante) nun lugar onde unha persoa (que o bebé ata agora non coñecía de nada) está con el e máis bebés unhas 8 horas ao día. Non quero describir aquí tampouco o que ese pequeno recén chegado ten que sentir ao se ver privado da compaña da súa nai (Iso tédelo ben explicado no libro de Jean Liedloff que citei arriba) pero si quero dicir que na miña opinión é unha auténtica BARBARIDADE... Si, con maiúscula.

Entón, resumimos para acabar:
Dixemos que conciliar asegún o dicionario da RAG é pór de acordo a dous inimigos. No noso caso: a vida familiar e mais a vida laboral. E dixemos tamén que unha das medidas para conseguir iso en España é que un bebé de 16 semanas sexa separado da súa nai.
Parécevos que estamos pondo de acordo esas dúas vidas? Deixan de ser inimigas?
E parécevos boa idea conciliar se é así?

Penso que non. Penso que non. Penso que non.
E os ollos se me enchen de bagullas e o estómago de raiba.

Case vexo mellor non separar a vida familiar da laboral, nin arrincala da nosa sociedade, nin facela inimiga de nada e de ninguén, e así non ter que conciliar nada.

@s MIÚD@S son o futuro da nosa terra, son o que quedará de nós. Non se me ocorre nada que sexa máis importante.

Moitas grazas por compartir, ler e comentar...

...e por unirte a esta iniciativa e facer ruido nas redes para ver se conseguimos cambialas cousas xa! Porque a situación que vivimos neste aspecto aquí en España non é bo para @s nos@s MIÚD@S que son o noso presente e o noso futuro.

Esta iniciativa é promovida por Madres guerreras e se te queres unir á loita usa os hastags #ConciliarEsVivir e #ConciliAcción! 
Abaixo no cartel podes ver cando quedamos. Vémonos en twitter! Forza!

+info http://crianzaconapegootromundoesposible.blogspot.com.es/2016/08/hoy-me-dirigo-todas-aquellas-personas.html






jueves, 8 de septiembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 9, sábado 10 e domingo 11 de setembro de 2016


Sábado e domingo: "FESTIVAL DE LA LUZen Boimorto.
Do 9 ao 11 Festival TOSTA 2016 en Rianxo.
Do 9 ao 12 Romaría de Nosa Señora da Barca de Muxía. 
 
VENRES 9 

O fútbol protagoniza a Volta ó cole en Area Central con moitas actividades!

Ás 18:30h no CSC de Conxo en Santiago de Compostela "Cabaret infantil prodixio" Iria Piñeiro Santos, para miúd@s de 3 a 8 anos.

Ás 18:30h danza "A Deriva" Olga Cameselle, HerDanza Compostela, no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Ás 20:30h danza "Aunar" Cia. La incidente d.t., HerDanza Compostela, na Igrexa de Santa María Salomé en Santiago de Compostela.

Ás 22:00h danza "A-CERCAR" Ángel Zotes, HerDanza Compostela, na Praza da Inmaculada en Santiago de Compostela.

Ás 22:00h "Visitas atronómicas 2016"descubre as estrelas e os planetas no alto do Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.



SÁBADO 10


O fútbol protagoniza a Volta ó cole en Area Central con moitas actividades!

IV Festival Folclórico do Concello de Oroso.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Áxel Casal "Os sábados choiva de contos: en lingua de signos" a cargo da FAPXG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), para nenos e nenas de 6 a 12 anos.


Ás 13:00h na Praza do Obradoiro e Rúas da cidade histórica en Santiago de Compostela "Galicia Entroido&Xenerais da Ulla". 

Ás 13:00h danza "Entre Nanas e Escombros" Cía. Cisma, HerDanza Compostela, no Xardín de Fonseca.

De 17:00 a 21:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela "O traxe vai á rúa".

Ás 20:30h danza "A solas" Amparo Novas, HerDanza Compostela, na Igrexa das Ánimas en Santiago de Compostela.

Ás 21:30h no Paseo do Rego dos Pasos de Bertamiráns "Observación astronómica".

Ás 22:00h danza "Ala foi expadido: danza improvisada" Peche de festival, HerDanza Compostela, en San Martín Pinario en Santiago de Compostela.


DOMINGO 11

jueves, 1 de septiembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: VENRES 2, SÁBADO 3 e DOMINGO 4 de SETEMBRO DE 2016


Esta fin de, para min é como fin de ano...xa que setembro é como un novo comezo, unha nova oportunidade para facer cousas, máis e mellor. Volven actividades que pararon no verán, como a "Choiva de contos" aínda que seguen outras como o Circo de Gorra, recordando a tempada de vacacións. Que gocedes!!!


Feira do Románico de Negreira, venres 2, sábado 3 e domingo 4.
Feira Franca en Pontevedra o sábado 3 e o domingo 4.


VENRES 2 DE SETEMBRO

Vémonos nas Afamadas e tradicionais festas da Rúa de Abaixo.

O fútbol protagoniza a Volta ó cole en Area Central con moitas actividades!

Ás 11:30h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Presentación dos novos materiais de animación á lectura para familias e mediadores/as".

18:30 h. Praza de Praterías 'Kote Malabar' no programa Circo de Gorra.

19:30 h. Praza da Quitana 'Santi le Chane' no programa Circo de Gorra.

Ás 19:30h en Sigüeiro, Oroso, "A Gramola Gominola" no exterior da piscina municipal e se chove no Centro Cultural.

20:30 h. Praza das Praterías 'Circo Medina' no programa Circo de Gorra.

Ás 22:00h "Visitas astronómicas 2016" na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.


SÁBADO 3 DE SETEMBRO



O fútbol protagoniza a Volta ó cole en Area Central con moitas actividades!

Ás 10:30 Un paseo por Compostela en tren, un programa de Apego.

Ás 11:00 VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Áxel Casa "Os sábados choiva de contos: Todo o mundo é noso" a cargo de Lisístrata.

De 12 a 14 e de 17 a 20 Obradoiro de cestería con papel reciclado na Fundación Granell.

18:30 h. Praza de Praterías 'Circo Medina' no programa Circo de Gorra.

19:30 h. Praza da Quitana 'Antuán de Lacrem' no programa Circo de Gorra.

20:30 h. Praza das Praterías 'Cigânì' no programa Circo de Gorra.



DOMINGO 4 DE SETEMBRO



18:30 h. Praza de Praterías'Santi le Chane' no programa Circo de Gorra.

19:30 h. Praza da Quitana 'Guille Solo' no programa Circo de Gorra.

20:30 h. Praza das Praterías 'Nono' no programa Circo de Gorra.