viernes, 16 de septiembre de 2016

Sobre o futuro, a ilusión e os meus devezos.



Dime a miña compañeira Raquel que este artigo o escriba sobre o futuro, a ilusión e os meus devezos... Puhhhh. Paréceme difícil.
Por un lado digo: Hai tantas cousas! ...e polo outro: Ui, que negro e que lonxe queda: O futuro.
Vivo moi anclada/agobiada no presente.

Hai uns días escribín, para un libro que estou preparando, que estaba aburrida que o vía todo moi negro por aquí. O que quero dicir ou do que quero avisar máis ben, é que non vivo precisamente o meu momento máis romántico e optimista senon máis ben todo o contrario. E xa me atacan unha chea de pensamentos e reproches que botar ao aire. Empezo!

Pensamos básicamente en n@s mesm@s e non no colectivo e se podemos engañamos. Tod@s. Si! Vostede e máis eu tamén. Xa nin nos damos conta. A nosa sociedade constrúese sobre o engano ou vostede cre que pagou un prezo xusto pola camiseta ou o pantalón ou os calcetíns que leva? Case estou segura que non. E iso so é un exemplo. Querémolo todo e o queremos xa e se pode ser sen esforzo, moito mellor.  Botamos balones fora en canto poidamos e así nos vai. 

Eu dou clases de alemán e teño un alumno que traballa como monitor de tempo libre nun colexio. Faloume dun tema do que xa se fala hai anos. O tema é que @s MIÚD@S de hoxe en día lles falta educación, a educación que lles debería vir dende a casa... Zas! O meu tema favorito: Pero claro! Como non lles vai faltar! Se o que máis nos importa, e so hai que ver a publicidade da tele ou as revistas de alto brillo, é estar guapos, delgados, peinados, perfumados e encremados, ter coches, televisores, móbiles e demáis aparatos electrónicos, un seguro para todo, un banco que te entenda etc... Que non? Pois entón decídeme: Onde se trasmite a gran escala que é de suma importancia que tipo de persoas sexa @ MIÚD@ cando crezca? Onde pon que o que na vida e loable de alcanzar é ser unha persoa culta e respectuosa? Onde se comunica chegando á masa que os cartos  importan pero non o son todo? Que o sentido da vida reside en ganar experiencia e saber... en facer deste lugar un mundo mellor. Onde está a valla publicitaria que di que adiquemos todo o tempo e esforzo que poidamos e teñamos a darlles todo o que precisen de verdade @s nos@s fill@s... Si penso no que me rodea e no que se espera de min sinto que ese esforzo e tempo o teño que invertir primeiro en rendir, en ganar cartos para ser un membro aceptado e enteiro desta sociedade. Se invirto en tempo co meu fillo teño mala consciencia por quitarlle este tempo a algo que produce, a algo que se poida intercambiar por cartos. Na nosa sociedade, aquí e agora, poucas cousas quedan que non se poden mercar ou vender e que sexan valoradas e recoñecidas. E cada vez menos. 
E vos preguntaredes: E onde está o devezo, a ilusión e o futuro que lle pidiu Raquel? De momento so se está a queixar de cousas que todos sabemos e ninguen cambia.*

Soño co que o meu MIÚDO fose viaxeiro, estando na casa ou polo mundo, da igual. Que faga o que realmente quere e que eu sexa capaz de serlle unha guía nesa aventura. Que lle poida agasallar paciencia para esperar ata sabelo e lucidez e valentía para ser capaz de ver ese seu lugar ou cousa cando a teña diante dos ollos. Espero que el valore tanto ou mais ca min o saber, o pracer de pensar, de pasear, de observalas nubes e de mergullarse no seu mundo de fadas. Espero que destape a trampa consumista. Que sexa capaz de mirar detrás das fachadas burdas de brillos, destellos, diñeiro e promesas baleiras. Espero non facelo vivir a vida que a min me tería gustado senon a súa propia! Espero saber amosarlle respetar o noso planeta, respetar aos seres que o habitan, respetar á natureza e moi importante e ante todo respetarse a si mesmo. Quero que sexa consciente de si mesmo e do que lle rodea, que saiba pensar e desenmascarar tramperos e trampas... O meu devezo, a miña ilusión e o noso futuro é que sexa feliz e que teña unha vida plena, que saiba apreciar e vivir a dor provocada polo crecemento que implica todo o que escribín ata agora.
Espero que viva nunha sociedade ao comezo dun gran cambio para facer deste mundo algo moi, moi diferente!

*Teño que dicir e recoñecer (con moito gusto) que hai moitas iniciativas para cambialas cousas, que hai moito amor e moitas ganas de outro mundo. Teño que admitir que pintei a primeira parte do artigo desta cor  tan fea para provocar e tamén para ilustrar o que sen dúbida existe, funciona e vive entre nos.

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

No hay comentarios:

Publicar un comentario