martes, 18 de octubre de 2016

Compostela MIÚDA recomenda "O xogo de pintar"



Recomendámosvos encarecidamente os obradoiros O xogo de pintar impartidos por Patricia Rivera no Colexio Montessori Compostela e por Olalla Diéguez en ECO Escola de Arte

No camiño que percorre a nosa civilización imos esquecendo cousas, imos perdendo facultades, imos bloqueando capacidades. Unha delas é a de debuxar. Segundo Arno Stern se se nos deixase e non se interferise, tod@s percorreriamos o mesmo camiño no que respecta a pintar, isto é, o feito de  nos expresar enriba dunha superficie con pinturas ou lapis. Neste camiño tod@s empezariamos coas mesmas figuras, repetiriamos unha e outra vez, ata pasar ás seguintes. E tod@s acabariamos resolvendo os problemas do debuxo (dimensións, perspectiva, etc.) por nos mesm@s. El denomínao Formulación.

Na nosa sociedade córtase este proceso entre outros con preguntas e comentarios do tipo: Que é isto que debuxaches? ou Píntame algo bonito! ou Unha cheminea non se fai así... e a nosa capacidade e a necesidade innata de expresarnos por este medio acaba polo xeral nalgún intre da nosa infancia ou adolescencia no comentario: Non sei debuxar!

O feito de xogar é importantísimo. É a maneira que temos de investigar, de relacionarnos co noso entorno, de aprender e de experimentar un pracer inmenso. @s nen@s xogando non teñen os ollos postos en ningún resultado. Poden, por exemplo, estar averiguando cousas tan importantes como que queren ser cando sexan maior.

Vostede sabe xogar? Ten un momento de xogo no seu día? É capaz de dicirme cal é?
O que pasa realmente no xogo de pintar é un tema complexo e interesantísimo pero á vista é un acto moi sinxelo: pintar, sen xuízos, sen importar o resultado, a atención sempre posta no proceso, asistido por unha persoa que axudará a que estas condicións se dean e dentro dun grupo de xente de entre 2 e 102 anos no que se poida ser un@ mesm@.

É importante por moitas razóns volver xogar. É unha oportunidade sen igual poder facelo nos obradoiros que nos ofrecen Patricia Rivera e Elena Cristobal en Santiago de Compostela. Conectemos con nós mesm@s e coa nosa capacidade de debuxar! Aprendamos sobre nós e sobre @s demais. Emprendamos este camiño e facilitemos que @s nos@s fill@s teñan esa posibilidade dende o principio. O xogo de pintar é moito máis ca poñer pintura nun papel. O xogo de pintar é aprender a vivir.

+información:
Patricia Rivera * patricia.riveracrespo@gmail.com * 652 606 996
ECO Escola de Arte (Rúa do Vilar 68) * www.ecoescueladearte.com * 981572 432

Horarios:
No Colexio Montessori Compostela será os luns de 18 a 19:30 e os xoves de 16 a 17:30 asistido por Patricia Rivera e na ECO Escola de Arte é os martes de 18 a 19:30 e asistirá Olalla Diéguez.

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!


No hay comentarios:

Publicar un comentario