Foi nunhas Festas de San Froilán en Lugo onde fai xa 16 anos coñecín ao pai das miúdas exeñeiras. Igual nos achegamos a dar unha volta...ainda que con todo o que hai esta fin de semana en Compostela e bisbarra...non sei, non sei...
VENRES 7 DE OUTUBRO
Ás 18:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela, "Venres en familia: broches con chapas"
Ás 18:30h "Amábel" no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns da Compañía Pérez&Fernández.
Ás 19:00h na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago de Compostela "Contacontos en inglés" con Kid&Us na sala infantil para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Ás 19:00h Concerto da Real Filharmonia de Galicia no Centro Sociocultural das Fontiñas en Santiago de Compostela.
SÁBADO 8 DE OUTUBRO
2ª Expo SoloVAG Galicia en Área Central de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00h.
Ás 11:00h "Visitas contadas" con TEP Teatro En Punto no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.
Ás 11:30h na Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela Faladoiro: "Crianza Respectuosa: manual de instrucións".
Ás 12:00h na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago de Compostela "Os sábados choiva de contos: De Tin Marín" para nenos e nenas de 3 a 12 anos por Soledad Felloza.
Ás 12:00h, ás 13:00h, ás 17:00h e ás 18:00h no Centro Comercial Compostela El Corte Inglés, Taller para nenos e nenas de Cálculo con Ábaco a cargo de Aloha Mental Aritmetic.
Ás 12:00h na Libraría Cronopios en Santiago de Compostela "Contacontos: O zapateiro e o raposo" con María José Gulín.
Ás 17:00h na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela "Cóntamo con música" para miúd@s de 8 a 14 anos obradoiro experimental para traballar a intelixencia emocional a través da música a cargo do persoal voluntario da BdG.
Ás 18:00h Escena en Familia "Gargallada de medos" de Títeres Brincadeira na Fundación SGAE en Santiago de Compostela para miúd@s a partir de 3 anos.
Ás 18:00h "Un día no Circo" da Asociación Teatral "Paso de Valverde" de Arteixo, en Ames, no Auditorio do Milladoiro.
Ás 18:00h no Centro Sociocultural do Castiñeiriño "Agustín Bueno" o Mago Charlangas presenta "Temporal" unha combinación de maxia e teatro para viaxar coa imaxinacion a través do tempo.
Ás 18:00h no Centro Sociocultural do Castiñeiriño "Agustín Bueno" o Mago Charlangas presenta "Temporal" unha combinación de maxia e teatro para viaxar coa imaxinacion a través do tempo.
Ás 19:00h no Centro Sociocultural da Ramallosa, "Os casos de Sherlock Holmes" de Cayetano Lledó. Espectáculo de maxia.
Ás 19:00h no Centro Social Polivalente de Brión, Elefante Elegante no Programa FalaRedes "O rueiro das liortas"
DOMINGO 9 DE OUTUBRO
2ª Expo SoloVAG Galicia en Área Central de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00h.
Ás 12:30h Escena en Familia "Gargallada de medos" de Títeres Brincadeira na Fundación SGAE en Santiago de Compostela para miúd@s a partir de 3 anos.
Ás 19:00h "O soñador de historias" de Fanfarra Títeres no Centro Sociocultural da Ramallosa.
I'm personally a big fan of compostelamiuda blog. Thanks for sharing this post.
ResponderEliminarclipping path