viernes, 14 de octubre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 14, sábado 15 e domingo 16 de outubro.


Como vedes esta fin de semana ven cargadiña de cousas interesantes que facer. Preparádevos que a fin de semana que ven xa está aquí Carlos González, no Ciclo de Conferencias sobre Crianza #ConAdeAMOReTdeTRIBO.

Toda a fin de semana "A victoria de Santiago" I Feira Napoleónica Goyesca-Batalla do Campo de La Estrella organizada pola Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais "Centro Comercial Aberto Compostela Monumental"
con talleres e actividades para miúd@s ao longo do casco histórico de Compostela. +info

Grelo Folc 2016 en Monfero.

VENRES 14 DE OUTUBRO

Ás 18:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela "Repostería:tarta da avoa".

Ás 18:00h "O meu ecosistema, a miña kokedama" no Matadoiro en Santiago de Compostela.
 
Ás 18:30h no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, "Descubre a orquestra" concerto para miúd@s da Real Filharmonía de Galicia J.Brahms: Sinfonia nº4 en mi m, op.98.


SÁBADO 15 DE OUTUBRO

"Área Central ponse de moda" no Centro Comercial Área Central en Santiago de Compostela.

Como todos os sábados, "Bibliomercado" no Mercado de Abastos de Compostela da man da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.

Ás 9:30h saída de campo a coller cogomelos organizada polo Concello de Ames, Micoloxía.

A partir das 10:30h Reunión de "O parto é noso" no Centro Sociocultural de Conxo Aurelio Aguirre en Santiago de Compostela.

Ás 10:30h "Un mundo diminuto. A colección de microscopios Camacho-Pallas" para miúd@s de 6 a 12 anos no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Ás 11:00h "Visitas contadas" con TEP Teatro En Punto no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.

Ás 11:15 e ás 12:30h na Escola do Medio en Santiago de Compostela "Intelixencia emocional e contos" por Natalia Guedella para miúd@s a partir de 5 anos.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago de Compostela "Os sábados choiva de contos: A princesa Sabela" para nenos e nenas de 3 a 12 anos por Iago López.

Ás 12:30h na Librería Cronopios "Poemas birollos para ler cos ollos" de Fran Alonso. 

Ás 17:00 e ás 18:30h "La patrulla al rescate, el musical" na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela "Contoche un traxe" de Montse Rivera.

Ás 18:00h Escena en Familia "Os soños na gaiola" de Títeres Alkran na Fundación SGAE en Santiago de Compostela para miúd@s a partir de 5 anos.

Ás 18:00h no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela "Onde viven os monstros" recomendado a partir de 4 anos.

Ás 19:00h no Centro Sociocultural da Ramallosa, no Concello de Teo, "O soñador de historias" de Fanfarra Teatro.
 

DOMINGO 16 DE OUTUBRO

Ás 12:30h Escena en Familia "Os soños na gaiola" de Títeres Alkran na Fundación SGAE en Santiago de Compostela para miúd@s a partir de 5 anos.

Ás 17:00h concerto de Mamá Cabra: A festa continúa no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario