jueves, 20 de octubre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 21, sábado 22 e domingo 23 de outubro de 2016


Esta fin de semana continuamos coas charlas do Ciclo de Conferencias sobre crianza #ConAdeAMOReTdeTRIBO.Tócalle a Carlos González  e a Gaia dos Nenos. 


As San Lucas en Mondoñedo, unha das máis importantes feiras tradicionais de Galicia, que data a súa orixa en 1156.


VENRES 21 DE OUTUBRO

Ás 17:00h no Auditorio do colexio La Salle en Santiago de Compostela, estará Carlos González coa charla "Autoridade e límites" dentro do Ciclo de Conferencias sobre crianza #ConAdeAMOReTdeTRIBO que organiza Compostela Miúda en colaboración coa Gaia dos Nenos.

De 18:00 a 20:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche "Venres en familia: marionetas con calcetíns" para nenos e nenas acompañad@s dun adulto responsable.

De 18:00 a 19:30h no Centro Sociocultural de Vite dentro do Programa APEGO, "Stop motion na Biblioteca" a cargo de Minia Regos. A partir de 7 anos.

Ás 18:30h no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Estrelamar" representación teatral de Carlos Labraña, seguida da representación das novas pezas de teatro do mesmo autor: Espantallo e O galo de Portugal camiño de Compostela, publicadas por Edicións Fervenza.

De 18:30 a 20:00h no LSC da Pontepedriña "Obradoiro de Samaín" dentro do Programa APEGO. A partir de 4 anos.

De 19:00 a 20:30h no Centro Sociocultural de Conxo "Historias sen alento", arrepiantes relatos breves que porán a proba a valentía da rapazada. De 6 a 12 anos.


SÁBADO 22 DE OUTUBRO

Ás 10:45h no Auditorio do colexio La Salle en Santiago de Compostela e previo á charla de Carlos González, Gaia dos Nenos nos falará dos sistemas de retención infantil a contra marcha (ACM sillas a contra marcha #yoviajoseguro).

Ás 11:00h no Auditorio do colexio La Salle en Santiago de Compostela, estará Carlos González coa charla "Necesidades afectivas d@s miúd@s" dentro do Ciclo de Conferencias sobre crianza #ConAdeAMOReTdeTRIBO que organiza Compostela Miúda en colaboración coa Gaia dos Nenos.

De 11:00 a 12:30h no Centro Sociocultural das Fontiñas "Stop Motion na Biblioteca" a partir de 7 anos, a cargo de Minia Regos
 . 
De 11:00 a 14:00h "Mercado do Caracol" organizado pola Asociación Veciñal do Barrio de San Pedro, "A Xuntanza"".

De 11:30 a 13:30h II Foro da Mocidade de Teo, no Salón de Plenos do Concello de Teo, asistencia aberta para persoas de entre 16 e 25 anos que queiran ser escoitadas e que propoñan novas actividades de interese para a súa franxa de idade.

Ás 12:00h "Os sábados choiva de contos: Un saquiño cheo de contos" no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Sesión de contacontos con Cucarandainas para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Ás 12:00h na Praza do Toural "Obradoiro práctico de tallado de calacús ou caveiras de cabaza" a cargo de Rafael López Loureiro. Trae a túa cabaza e achegarvos, maiores e miúd@s a tallar a vosa cabaza.

Ás 17:00h contacontos "A historia de BrancaFlor" de Fran Rei, na Biblioteca dos Tilos, Concello de Teo. Para todos os públicos.

Ás 18:00h no Auditorio de Bertamiráns, Concello de Ames, a compañía ourensana de teatro afeccionado Trécola Teatro presenta a súa obra infantil "Cling".

Ás 18:00h Chrystyan Magic presentará o seu espectáculo de animación á lectura a través da maxia "Na senda da serpe alada" na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Ás 18:00h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela "El niño que soñaba da Compañía La mar de marionetas.


DOMINGO 23 DE OUTUBRO 

Ás 12:00h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela "El niño que soñaba da Compañía La mar de marionetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario