viernes, 28 de octubre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 28, sábado 29 e domingo 30 de outubro de 2016


VENRES 28 DE OUTUBRO

A partir das 18:00h "Magosto e Samaín 2016" no Milladoiro, Concello de Ames: ás 18:00h na Praza da Madalena, ao lado da capela, xogos tradicionais, ás 19:00h saída da procesión de Samaín. Amenización dos Retranqueiros. Ás 19:30h na Praza de Manuel Murguía Magosto: castañas e bolos preñados.

De 18:00 a 20:00h "Celebrando o Samaín" nos venres en familia do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela.

Ás 18:30h no Centro Sociocultural de Vite: "Túnel do terror" en Santiago de Compostela.

Ás 18:30h no LSC de Pontepedriña en Santiago de Compostela"Obradoiro de Samaín" para nenos e nenas a partir de 4 anos. 

SÁBADO 29 DE OUTUBRO

Ás 12:000h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal "Os sábados choiva de contos: E logo por que?" Sesión de contacontos con Lisístrata para nenos e nenas de 3 a 12 anos no salón de actos.

Ás 12:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela "Obradoiro de tallado de cabazas" para nenos e nenas a partir de 4 anos acompañados dun/ha adult@.

Ás 12:00h no Centro de Interpretación ambiental (CIAC) de Santiago de Compostela "Ruta sobre a biodiversidade urbana".

Ás 17:00h e ás 19:00h "A Gramola Gominola" actúa no Forum Metropolitano na Coruña.

Ás 17:30h no LSC de San Lourenzo en Santiago de Compostela "Celebrando o Samaín", a partir de 5 anos.

De 18:00 a 20:00h "Taller de Porteo en Outono" da man de Colo de Trapo, na Gaia dos Nenos, en Santiago de Compostela.

Ás 18:00h no Auditorio de Bertamiráns, Concello de Ames, o grupo "O aturuxo de Melpómene" presenta a obra infantil "Misterios".

De 18:00 a 20:00h en Área Central Centro Comercial en Santiago de Compostela "Sábados creativos: Experiment-Arte de Samaín"

A partir das 18:30h no Centro Sociocultural de Conxo, en Santiago de Compostela "Festa das cabazas" 

Ás 19:00h no Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela "Espectáculo de maxia con Chrystyan Magic" na 2 planta.
 

DOMINGO 30 DE OUTUBRO

Coma tódolos anos dende hai xa 39 "Carreira pedestre" dende as 10 da mañán en Santiago de Compostela.

Ás 17:00h no Centro de Interpretación Ambiental (CIAC) en Santiago de Compostela "Obradoiro de comedeiros e bebedeiros para paxaros" con material de refugallo a partir de 6 anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario