viernes, 28 de octubre de 2016

O xogo de pintar - entrevista con Patricia Rivera e Elena Cristobal -1ª parte: Arno Stern

Chego á entrevista con Patricia e Elena unha mañá dun sábado chuvioso de outubro. A entrevista ten lugar en ECO, a escola de arte de Elena e alí entre papeis, pinceis, lenzos, unha parede de pladur, cadeiras mesas, batas, e demáis material que un lle atopa unha razón de estar nunha escola de arte empezamos a falar e se crea unha enerxía moi bonita entre nolas tres.

Quero empezar falando do esquecemento. Hai tantas cousas que esquecemos nalgún momento da nosa infancia e tamén nalgún momento da nosa historia como especie... Especialmente entre os anos 50 e 70 esquecimos ou mellor dito empurramos ao olvido certas cousas para darlle valor a descubrimentos centíficos ou mellor dito crencias que ao final non resultaron ser tan certas como se cría. Hoxe sabemos que afirmacións como por exemplo a de que o bebé cando nace non é capaz de sentir nin de recordar o que lle pasa ou que o leite artificial é mellor que o leite materno ou que unha césarea é preferible a un parto váxinal non son correctas. Son parte dese esquecemento, parte de deixar de confiar na natureza e por conseguinte en nos mesm@s. E tamén pasa por e sustituir ese saber por un científico en vez de complementalos dous.

Os obradoiros que comezaron e comezarán en Santiago co título O Xogo de Pintar tamén teñen como base algo que desaprendimos, algo que antes ocorría de maneira natural e agora é bloqueado en moit@s nalgún momento da infancia ou adolescencia. Trátase da capacidade e necesidade de debuxar/pintar.

E alí ten comezo a historia que fai que neste outono temos a sorte de contar con dous obradoiros do Xogo de Pintar en Santiago. Patricia deuse conta que o seu fillo maior non debuxaba e estrañouna, xa que recordaba que ela cando era pequena si pintaba e debuxaba moitísimo nos días de chuvia que non eran para sáir, lonxe dos ollos dos adultos que andaban moi ocupados cos quefaceres cotidiáns. Investigando razóns deu con Arno Stern e o seu descubrimento marabilloso. 

Arno Stern é xudío e naceu en 1924. Estivo cos seus pais fuxindo durante 9 anos, tendo sen embarago según o que conta unha infancia feliz. Cando a guerra por fin acaba deuse a casualidade que buscaban a alguén que se encargase de coidar un grupiño de nenas e nenos orfos. O que facían @s nen@s era pintar e o que facía Arno era proveelos con tódolo necesario. Se pedían papeis máis grandes, Arno buscaba papeis máis grandes. Se lle decían que a mesa era demasiado pequena para estos novos papeis e que sería mellor fixalos na parede Arno conseguía chinchetas e lles axudaba a poñelos na parede da habitación pequena onde pintaban. Se se lles ocorreu que tanto limpalo pincel para cambiar de cor non era moi práctico e el facilitou que poideran usar un pincel por cada pintura en vez de un pincel por cada nen@. 

Despois dun tempo no que @s nen@s estiveron pintando e Arno Stern lles estivo asistindo ocorreu algo que incluso fixo vir médicos dos hospitais máis pertos. @s nen@s melloraran tanto nas súas patoloxías que todo o mundo quedou sorprendido. Foron facerlles visitas para ver que era o que causaba semellante melloría e non vían nada máis que unh@s nen@s que pintaban todos máis ou menos o mesmo. As mesmas formas, os mesmos motivos unha e outra vez. 

Así estiveron "traballando" durante case un ano. Logo @s nen@s foron adoptad@s e Arno non quedou so senon acompañado por moitas preguntas e a resolución das mesmas adicaría toda a súa vida. O que pasou naquel orfanato sería algo insólito e especial causado por unhas circunstancias únicas ou habería un patrón? Adiántovos o que xa imaxinades: Había un patron! Se non, non estaría escribindo este artigo.

Se se deixara, que @s nen@s se expresaran enriba do papel sen interferir na súa pintura tod@s collerían o mesmo camiño. Primeiro debuxarán circulos torbellinos e puntos... Moitas veces. Si! É normal. @s MIÚD@S encántalles repetir. Estos torbellinos convertiránse pouco a pouco en círculos e gotas e os puntos en liñas. Cando Patricia e Elena me amosaron algún dos debuxos recoñecínos da miña infancia.



Que pasa? Moitas veces non deixamos que isto ocorra n@s MIÚD@S.
Sónanvos as frases: Oh que bonito, que é? A chimenea non se pon así ponse asá. Este debuxo fixéchelo moi ben. Ímolo colgar aquí. Gústalle moito a mami. Estas frases interfiren e son a razón pola que debuxando non imos polo camiño natural e o comezo do que nos pasa a moitos: que empezamos a decir nalgún momentos da nosa vida Non sei debuxar.
O camiño natural do debuxo que Arno Stern denominou a Formulación so ocorre nun espazo libre de xuizo tanto positivo como negativo. É dicir que habería que evitar esas frases que mencionei antes. A pregunta Que é? a un neno que está na fase do debuxo abstracto é algo a evitar. @ MIÚD@ que debuxa estas liñas caóticas en papel e mesa non pensa en que está debuxando algo. So disfruta inmensamente co feito de estar creando estas liñas enriba do papel. Ca pregunta Que é? sacámolo deste mundo incríble. 

Todos os nenos queren contentar aos adultos. E iso é a razón pola que se van inventar algunha resposta e a próxima vez quizáis xa pense en que ten que debuxar algo. Dime Patricia: "Ningún@ nen@ pinta a chimenea de maneira vertical. É parte do proceso. Interferimos nel cando decimos: Isto non se fai así." Eu quedei impresionada co feito de como estamos condicionando ao pequeno ser humano que esta descubrindo algo fantástico que todos poderíamos descubir se nos deixasen.



Continuará...

Moitas grazas por ler, comentar e compartir.

+información:
Patricia Rivera * patricia.riveracrespo@gmail.com * 652 606 996
ECO Escola de Arte (Rúa do Vilar 68) * www.ecoescueladearte.com * 981572 432
Horarios:
No Colexio Montessori Compostela será os luns de 18 a 19:30 e os xoves de 16 a 17:30 asistido por Patricia Rivera e na ECO Escola de Arte é os martes de 18 a 19:30 e asistirá Olalla Diéguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario