lunes, 28 de noviembre de 2016

Unha visita ao Bosque de Beni ou O garfo é para comer

Eu dou clases de alemán e a maioría dos nenos que chegan as miñas clases non queren aprender. E non é porque sexan vagos. Creo que non saben o que é. Xa non conectan unha asignatura como pode ser un idioma ca alegría que sinten no recreo ao descubrir algo novo. Aprender é cando chegas a terreo descoñecido e o exploras e te fas con el, non? Pois cando chegan a ese terreo sinto que hai un bloqueo e eles con voz queixosa me din que non saben. Non so me pasa con nenos tamén con adultos...

Rebeca Wild di que cunha crianza como ela a concibe, crearíanse humanos que cada día de novo saltarían con alegría e de cabeza á auga fría. Na nosa sociedade o que eu noto é medo. Eu teño medo, moito medo. Son artista, o meu futuro é incerto e non me pego ese chapuzón do que fala Rebeca con gusto, non. Eu estou no borde da piscina, tiritando pisándome os meus propios pes e pensando compulsivamente como poder evitar ese chapuzón, inventándome maneiras e maneiras. Pero o que eu quero está aí abaixo na auga e non poder chegar fai que se me enchan os ollos de bágoas.

Non quero que Iwo teña o mesmo problema ou un parecido así que busco outras maneiras de criar. E un xeito diferente de funcionar ten O Bosque de Beni de Cangas. Estivemos alí na súa festa de verán no xuño pasado (que lonxe parece xa), entre árbores con sol e vento fresco nun día caluroso. Falei con Luz que é un pouco como unha árbore ben forte no centro do bosque de Beni. Tamén estiven charlando con Geni Iglesias, unha das nais que vai coidando ese bosque para que creza san e forte.


Ao entrar na casa do bosque de Beni había dous rapaces que xogaban dentro dunha casiña feita por eles. Marcaron a entrada cuns pilares azuis con dúas piñas enrriba. Pareceulles inacceptable que Iwo entrara por unha parede da súa morada. Non lles gustou tampouco que Iwo pasara pola porta porque a casa era súa. Sabía que iso estaba ben según esa maneira de criar que me gusta a min e da que aínda sabía moi pouco. Nela @s nen@s non son obligad@s a facer cousas. Respétanse as súas decisións. Cóntase con elas. Sona lóxico pero iso significa que non teñen que compartir se non queren e tampouco teñen que dar bicos, por exemplo. Tal e como nos @s adult@s tampouco temos que compartir o noso coche, vestido, móbil, casa con xente que nos atopamos no traballo, no curso de cociña ou nun bar. Logo sabía que estaba ben que defendían o seu territorio e o seu xogo e non o cedían cabizbaixo porque algún@ adult@ os aleccionara de que o tiñan que compartir. Do que non tiña nin idea era como reaccionar e nese momento coñecín a Luz, facéndolle un espazo a Iwo. Díxolles que estaba ben que non se tiñan que enfadar con Iwo por entrar que llo dicían e xa estaba. Que de todas maneiras que recordasen que aínda que tiveran o seu espazo, a súa casa, que calquera tiña que poder acceder aos xoguetes que había na zona da casa gardada, que tiñan que deixar pasar a Iwo, quen estaba collendo unhas madeiras para construir torres, casiñas ou o que sexa que se poña diante.

Aquí estaba a casiña na que irrompeu Iwo.

CM: Que distingue a unha escola das convencionais do Bosque de Beni
Luz: Amor, respeto confianza. Respétase a liberdade, os desexos e as necesidades n@s nen@s.
CM: O como se trasladen estos conceptos á realidade. Depende un pouqiño de como se definen, non? Quizáis nos poidas poñer uns exemplos de cousas que facedes diferentes?
Luz: O periódo de adaptación por exemplo: no bosque de Beni é individual para cada caso, acompañado e dura o tempo que se precise. 
Xa me falara Geni Iglesias do periodo de adaptación. Non ten por que haber lágrimas nun periodo de adaptación. No bosque de Beni, nai ou pai quedan c@ nen@ nov@ na galería e @ nen@ marcha a estar c@s outr@s nen@s cando se sinte preparad@. Ata que chegue o día no que ao entrar pola porta xa se despide el@ mesm@. Coméntame tamén que claro que hai casos n@s que @ nen@ non está preparado para desprenderse aínda do colo da súa nai e hai que intentalo uns meses máis tarde.
Luz: Outra diferencia con proxectos educativos/de crianza tradicionais é que no Bosque de Beni @s MIÚD@S propónselles actividades e eles elixen se queren facelas. Se queren saír ao xardín o fan, se queren quedar dentro tamén, se queren seguen as actividades que se propoñen e se non queren non. Seguen os seus impulsos. Non hai que quedar un tempo determinado na actividade, no interior ou exterior da casa.

Geni Iglesias destacara tamén que nas actividades séguense uns cíclos: diarios, semanais e da época. Por exemplo os luns faise acuarela e cómese arroz, os martes faise cera de abella e cómese cebada etc. Cada época ten as súas cantigas, o seu xogo de dedos, trabalinguas, adiviñas e manualidades en preparación da celebración ca que remata. Agora por exemplo estamos na etapa do adviento que acaba con nadal.

Cando nos fomos era verán. Encantáronme estos arreglos florais. 
Dan ganas de ter un rincón así na casa.

Luz séguenos a falar das cousas que @s que non estamos acostumados ás formas alternativas de levar unha escoliña nos poden parecer interesantes:
Luz: Tod@s veñen no mesmo horario. O bosque de Beni habítase de 9:30 a 14:00 e nese horario si que teñen que estar tod@s habitualmente. O que se quere é que o Bosque de Beni sexa un fogar, unha gran familia porque no primeiro septenio d@s nen@s as crianzas deberían estar no fogar, no colo da familia. Xa sabemos que iso na nosa sociedade non é case nunca posible por iso se trata de recrear este fogar.
O bosque de Beni tamén se diferencia no xeito no que se lles fala @s nen@s. Non se lles berra e polo contrario escóitaselles. A diferencia tamén está en como se lles manipula fisicamente. Aquí preguntamos @s miúd@s antes de collel@s, antes de levalos a calquera sitio antes de entrar en contacto corporal con eles. Respetamos o corpo da crianza.
Non se amenaza e non se chantaxea. Non se usan as típicas frases que escoitamos tantas veces: Se non fas isto logo non terás tal.
CM: De que pedagoxía bebe O Bosque de Beni?
Luz: A base é Waldorf e hai bastante tamén do que escribiron Rebeca y Mauricio Wild do seu proxecto en Ecuador a parte do que aprendemos cada día aquí no Bosque de Beni e doutros lugares como esta escoliña e doutra xente inmersa en algo como nós.
CM: E como definirías a pedagoxía Waldorf en 3 apuntes?
Luz: Waldorf é a pedagoxía da liberdade. Ten en conta as necesidades do ser humano. Atende ás tres facultades anímicas: sentir, pensar, vontade. O que ten de especial é que é a única pedagoxía que tamén atende á parte espiritual é dicir que atende de verdade a tódalas necesidades. Baséase na filosofía antroposófica que trata o ser humano en tódolos seus aspectos. 
Luz e máis eu estivemos de acordo en que había que facer fincapé, porque a xente tende a confundilo, en que a espiritualidade e a relixión son dúas cousas ben diferentes na que a relixión é unha das respostas á espiritualidade. Na wikipedia atopei unha definición de espiritualidad que quizáis explique un pouco o que é: Disposición principalmente moral, psíquica ou cultural, que posee quen tende a investigar e desenvolver as características do seu espíritu.


CM: Quero volver a algo do que falamos antes. Dixéches que as crianzas podían seguir os seus impulsos. Iso non é peligroso? Tod@s @s que coñecemos @s MIÚD@S sabemos que teñen un certo grado de inconsciencia que @s pode facer parecer ou ser máis ou menos temerarios dependendo da súa idade.
Luz: Si, por suposto. Por iso poñemos límites. Hai límites de supervivencia e normas de convivencia. Iso é básico.
CM: Claro, porque se non hai regras non hai xogo, verade?
Luz: Si! As crianzas saben por exemplo que no interior da casa tense que xogar de maneira tranquila e que para xogos máis animados teñen o exterior. Así aprenden a escoller o que queren según como se sinten. Outra das reglas básicas son: ca auga so se xoga fora. Non está permitido facer dano a espazo, mobiliario e material, nin por suposto ás persoas. Tampouco permitimos que os temperamentos máis invasivos impidan o xogo aos temperamentos máis sosegados. Por iso tamén fai falla que o xogo teña reglas.
CM: Non é fácil criar desa maneira, non? Paréceme que temos que reaprender a maneira de comunicarnos c@s MIÚD@S e con tódalas persoas en xeral.
Luz: Pois si. É un traballo forte de autoconsciencia. Hai que estar moi atent@s a que non se nos escapen as típicas expresións que levamos dentro dende que nos fomos pequen@s e nolas repetiron mil veces. Este traballo de crianza realmente é un contínuo traballo en nós mesmas: postura, linguaxe corporal, idioma, capacidades artísticas, musicáis etc. Iso é o que propón a pedagoxía Waldorf: traballar en ti, porque ti es o modelo que eles van imitar. Precisamente por iso a crianza é comunitaria. Tod@s somos modelos. E ese traballo non acaba cando se pechan as portas do Bosque de Beni detrás deles. Ten que seguir fora, ten que seguir nas familias. Teñen que implicarse e aprender a resolver conflictos, a aprender a facer tratos, a poñer límites e todo cunha actitude respetuosa. A crianza tense que confirmar na casa
CM: E por iso tamén tedes un grupo de crianza para as nais e os pais. Certo?
Luz: Si. Recomendamos libros para que lean. Temos aquí no Bosque de Beni unha biblioteca con moitos volumenes moi interesantes. Facemos obradoiros de habilidades emocionais etc...
Pero agora mesmo non hai...
CM: ...porque xa a maioría dos pais saben o básico?
Luz: Bueno, si, pero estaría ben que houbera un acompañamento en todo momento. Non, básicamente é porque houbo cambios no equipo humano e iso supuxo moito traballo ademáis diso estamos pensando no futuro do Bosque de Beni e estamos traballando nel.
Geni me comentou que o bosque de Beni está intentando sacar primaria. Non é fácil. Hai que tener moitas condicóns. Esperamos que o consiga xa vos contaremos.
CM: E que libros podes recomendar aos pais que queiran mergularse en esa maneira diferente de criar?
Luz: Que lean a Rebeca Wild. Por exemplo: Educar para ser o Libertad y límites: amor y respeto. Andar, hablar, pensar de Rudolf Steiner. Los tres primeros años del niño de Karl König. E quizais La filosofía de la libertad de Rudolf Steiner quen foi o fundador da educación Waldorf, pero xa é unha lectura un pouco máis esixente. Ah, e Las etapas evolutivas del niño de Bernard Livegoed.
CM: E cal é a túa recomendación para nais e pais que non teñen un espazo como o voso a mán?
Luz: Quedarse na casa como mínimo ata que a crianza teña 3 anos. Hai que escoller entre manter a vida pública e a crianza.
CM: Uf, que duro e onde queda o feminismo. Porque ti es feminista, verdade?
Luz:  Por suposto tamén o home ten que implicarse. Todo pasa porque creamos outro paradigma, outro modelo de vida pública. Ser nai ten que significar o que é: un triunfo! E aí está o feminismo, busca un mundo diferente. A revolución é das crianzas. Unh@ MIÚD@ respetad@ será outra persoa diferente de maior que unh@ que non creceu así.
CM: Como ves o noso futuro en xeral?
Luz: Ao velo de cerca o mundo apodrece cada vez máis, pero van xermolando cousas. Antes eran raros os espazos como O Bosque de Beni. Agora vense cada vez máis. Hai moito movemento. Eu son optimista. O cambio está cerca.

  

Xa de volta en Compostela mentras comemos Iwo e máis eu penso en todo isto e me escoito dicir: "Non, o garfo non se tira. O garfo é para comer..." Penso que é mellor non tiralos garfos porque doe bastante atoparse no medio do camiño dun garfo voador, pero é certo que so son para comer? Tod@s usamos xa un garfo para outras cousas e bo servizo nos deu. Estaría ben abrir os nosos horizontes. O garfo normalmente úsase para comer pero tamén os vin convertidos en obras de arte, abrir cervexas, remover a terra dunha maceta, pechar un circuito eléctrico e a saber que máis se podería inventar Iwo se nonlle pechara esta porta.

Moitas grazas por ler, comentar e compartir.

Convidámosvos a que acudedes á charla-coloquio que darán entre Luz e Geni o día 10 de decembro 2016 na Gaia dos nenos en Santiago de Compostela. Tedes toda a info aquí.

jueves, 24 de noviembre de 2016

O xogo de pintar - entrevista con Patricia Rivera e Elena Cristobal -2ª parte: O xogo

Nesta segunda parte do artigo sobre a entrevista con Patricia Rivera e Elena Cristóbal quero adicarlla ao xogo. O xogo semella ser o grande incomprendido, esquecido, malinterpretado e desaparecido dos nosos días.
O día aquel, chuvioso e gris de outubro no que quedei con Patricia e Elena, volvimos sobre este tema unha e outra vez polo importante e complexo que é e porque eu non tiña nada claro de que xogo me estaban a falar. Non sabía se eu sabía xogar nin cando, nin como, nin se realmente o fixen algunha vez. E tamén porque as tres estivemos de acordo que había que afondar no asunto para poder transmitir ben a súa importancia e riqueza, para que o xogo volva pronto ao lugar que lle corresponde. 




O xogo. Apuntamentos a modo de definición.

Xogar é cando estás submers@ nunha cousa e esquéceste de todo aquilo que che rodea.

Xógase cando se atende ao que se fai no momento no que se fai.

O xogo é un mecanismo para aprender as habilidades necesarias para relacionarse co mundo.

No xogo estabelécese unha conexión contigo mesm@ que te leva a saber quen es. Iso é importantísmo. Sabemos quen somos realmente? Ou se esa pregunta for demasiado complexa: sabemos o que nos faría feliz (de verdade), sabemos o que nos gusta, o que nos fai ben? Sabemos o que queremos e por que estamos nesta vida?

O que importa no xogo é o proceso, NON o resultado. Para que saibades do que falamos: se MIÚD@S que están a xogar nun parque tivesen diante dos seus ollos un resultado, o que estarían a facer sería teatro. É importante que non haxa xuízo de ningún tipo. Un xuízo, dá igual se positivo ou negativo, sempre destacará o resultado e destruirá todo o resto.

Xogar é estar na rúa do barrio, no bosque, na horta ou onde sexa durante horas sen adult@s.
Se @ nen@ non xoga será incapaz de aprender algo por si mesm@ e iso é algo que eu vexo nas miñas clases de alemán. Dá igual que @ nen@ sexa brillante ou non, vaia a un instituto de renome ou a un colexio calquera, teña 8 ou 17,... Tod@s cando chegan a un problema que nunca viron e de cuxa solución aínda non falaramos din que non saben e alí se acabou a historia. Non buscan solucións, non coñecen o pracer de se mergullar en posibilidades dende aburridas até disparatadas.

O xogo ocorre dende dentro e a actividade lúdica dende fora. Coidado de non confundilo. Nós non estamos a falar dun vídeoxogo, nin dun xogo de mesa, nin dunha actividade proposta e dirixida. Estamos a falar do que se pode observar cando hai certa liberdade. André Stern, o fillo de Arno Stern dixo: Se deixas unh@ nen@ tranquil@ dá igual en que circunstancia xogará.

O xogo xorde dunha necesidade. É empoderamento, unha aventura emocionante. É inventar camiños que van por dentro de ti. É unha conexión profunda contigo mesm@, a ausencia de proxectos e plans previamente trazados. É unha decisión persoal. No xogo non existe frustración e, moi importante, se non hai reto, non hai xogo!

Recoméndovos que lle botedes unha ollada a Imagine Elephants.

Xogar é sentir un pracer e unha alegría inmensos.
Xogar é fluír.
Xogar é vivir.




O xogo. Algo inútil?

Vivimos nunha sociedade que rebate a importancia do xogo tódolos días até o extremo de parecernos ese algo supérfluo do que podemos prescindir sen problema, ocupando o tempo d@s MIÚD@S con todo tipo de actividades que prometen ser frutíferas para o seu desenvolvemento e o seu futuro. Nin se nos ocorre que iso talvez poida ser contraproducente.

O xogo pertence ao tipo de cousas alcumadas de improdutivas, porque nin producen nin teñen un resultado aparente, cando en realidade son inimaxinabelmente necesarias e importantes. Elena dixo: @ nen@ que xoga está decidindo que quere ser de maior e iso é de suma importancia. Pois iso! O que se quere ser de maior non se decide aos 15, 16 ou 18 anos nunha sesión cunh@ orientador@ laboral, facendo tests de multiopcións. Isto realmente debería irse decidindo moito antes e doutra maneira. Para poder estar seguros da nosa decisión, invertir toda a nosa forza nesa empresa e por conseguinte ter máis posibilidades dunha vida feliz.

Os animais xogan. Como gastan enerxía en algo tan inútil?, pregúntame Patricia antes de me desvelar que os animais que máis xogan son os que teñen máis posibilidades de sobrevivir. Tamén me conta dunha tribo na que a única ocupación d@s ne@s ata os 16 anos é xogar. Á pregunta de por que o fan así responden: Así aprenden as habilidades para ser adult@s eficaces. No xogo é cando máis aprenden de si mesm@s e d@s outr@s.

Recordo ter lido nalgún artigo sobre o sistema educativo nos paises nórdicos, que fixeran un estudo para saber en que momento das clases @s nen@s aprenden máis e resulta que é no recreo.

Creo que todos estes datos non precisan de máis comentarios.




Consecuencias dun mundo sen xogo.

No xogo @s nen@s son @s don@s da súa propia vida (e por suposto non só @s nen@s) Di Peter Gray no seu libro Aprender en libertad que se lles quitas o xogo todo caerá. Dende os anos 50 os casos de ansiedade e depresión en nen@s incrementáronse dun xeito preocupante. Tod@s sabemos de varios casos así. Onde imaxinades que estaban @s ne@s hai 50 anos un mércores pola tarde? E onde están agora? Non teñen tempo para xogar. Son unhas personiñas moi ocupadas.




O xogo no Xogo de Pintar.

O xogo de Pintar non é para aprender a pintar. O que se pinta non ten importancia. É un lugar que está para responder á necesidade innata do ser humano de se expresar. Éntrase en conexión con unh@/un mesm@ e experiméntase este pracer, esta alegría que produce o xogo e que moit@s adult@s esquecimos xa. Experimentemos a vida! Xogamos pondo trazos de cores enriba dun papel e @s persoas que asisten coidarán o noso xogo. Non sei vós, eu téñovos unhas ganas enormes. Seica ás/aos adult@s lles custa máis entrar no xogo que ás/aos MIÚD@S. Teñen moito máis que desaprender (para saber o que podes ler a 1ª parte da entrevista).


O Xogo de Pintar e a crise.

Para conectar co teu propio xogo ten que haber crise. A crise do xogo é soltar todo o aprendido. As crises son máis habituais n@s MIÚD@S porque están moito máis sometid@s ao xuízo d@s adult@s. A escola é un cocedoiro de xuízos, alí as crianzas son dirixid@s constantemente. E cando quedan sos de súpeto non saben que facer! 
Deixan de debuxar porque non deixamos que sigan o camiño natural da Formulación de Arno Stern. Só precisan alguén que lles asista, que confíe nel@s e non @s xulga para poder recuperar esa maneira de debuxar xogando ou xogar debuxando. Se unha/un MIÚD@ ten a capacidade creadora inhibida non terá moi ben tampouco a súa capacidade de xogar. Fuxirá do debuxo porque lle dá problemas! Foxe por medio de calquera distracción e iso chámase crise. Neste momento pode haber abandono se non nos coidamos. Para que iso non pase as persoas que asisten nas sesións do Xogo de Pintar informan da existencia das crises e insisten moito en que hai que acudir tódalas veces sen saltarse ningunha. Nos obradoiros impartidos por Miguel Castro en Euskadi págase por iso o ano por adiantado. Mais non todo son obrigas. Tamén hai dereitos e o primeiro dereito d@ participante é non xogar. Xuntamos iso a que @ asistente confiará plenamente en nós... é dicir, que coa falta da nosa confianza incondicional nas nosas capacidades témola súa... e isto ten que saír ben. Paréceme un espazo xenial para descubrir o noso xogo perdido.


Anotádevos, e non só me refiro @s MIÚD@S! Anotádevos nais e pais tamén porque xogando un pásalo tan ben, quedamos refrescad@s, é xenial para a nosa alma, para o noso benestar e xa sabedes que se nós estamos ben, @s nos@s MIÚD@S tamén o estarán!


Moitas grazas por ler, comentar e compartir.

+información:
Patricia Rivera * patricia.riveracrespo@gmail.com * 652 606 996
ECO Escola de Arte (Rúa do Vilar, 68 en Santiago de Compostela) * www.ecoescueladearte.com 981572 432
Horarios:
No Colexio Montessori Compostela será os luns de 18 a 19:30 e os xoves de 16 a 17:30 asistido por Patricia Rivera e na ECO Escola de Arte é os martes de 18 a 19:30 e asistirá Olalla Diéguez.

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 25, sábado 26 e domingo 27 de novembro de 2016


Esta fin de semana, 26 e 27 de novembro "Arzúa Ecolóxica".

Santiago (é)tapas.


VENRES 25 DE NOVEMBRO

Dende as 11:45h Concentración na Praza do Obradoiro contra as violencias machistas #CompostelaEnNegro  #EnNegroContraAViolencia.

Ás 17:00h "Un novembro soboroso" cociña infantil na Sede da Fundación Abanca en Santiago de Compostela.

Ás 17:30h na Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela "Faladoiro: Sabes que é a violencia obstétrica?" a cargo de Natalia Guedella Sebastián.

Ás 18:00h "Calendario de advento" nos Venres en Familia do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela.

A partir das 18:00h "Inauguración do Nadal" no Centro Comercial Compostela El Corte Inglés. Concerto de A Gramola Gominola e moito máis.

Ás 18:30h "Espectáculo de maxia infantil na Casa da Cultura de Bertamiráns" no marco do Festival de Maxia de Ames. Representación dirixida para miúd@s a cargo do gran mago Rafa.

De 19:00 a 20:30h "Historias sen alento" no Centro Sociocultural de Conxo. Arrepiantes relatos breves que porán a proba a valentía da rapazada. De 6 a 12 anos. Programa Apego de Outono.

Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites": 
  • ás 21:00h "Itacatetimba" de 14 a 18 anos en ITACA (Rúa do Pombal 18, baixo. Santiago Compostela).
  • ás 21:00h "O meu primeiro album ilustrado" con Minia Regos a partir dos 18 anos en ITACA (Rúa do Pombal 18, baixo. Santiago Compostela).
  • ás 21:00h "Entra no baile a bailar(e)" con Chus Caramés a partir de 18 anos no Centro Xove da Almáciga (Rúa Proxecto Vagalume 2, Santiago de Compostela).
  • ás 21:30h "Larpeiradas" con Tareixa Martínez Barral a partir de 18 anos en As Brañas de Andrés (Rúa Vista Alegre 9-11, Santiago de Compostela).
  • ás 22:00h "Solarigrafía" con Otto Roca a partir de 18 anos en As Brañas de Andrés (Rúa Vista Alegre 9-11, Santiago de Compostela).

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO

Ás 11:00h "Visitas Contadas" no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela. Visita guiada combinada cunha sesión de contacontos a cargo da Compañía TEP Teatro en Punto.

De 11:00 a 12:30h en Bertamiráns, Concello de Ames, Obradoiro de maxia a cargo dos magos Dani García e Noel. Para miúdos de 8 a 14 anos.  

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal "Os sábados choiva de contos: Cóntame outra vez" no Salón de Actos para nenos e nenas de 3 a 12 anos a cargo de Lisístrata.
 
Ás 12:00h no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) fan unha Ruta polo parque de Belvís, coñecemos a historia do parque e a súa biodiversidade.

Ás 17:00h na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, no Mes da Ciencia "Sobrevivir unha apocalipse zombi con métodos do paleolítico" obradoiro divulgativo organizado pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia co apoio do Instituto de Ciencias do Patrimonio; para moz@s de 12 a 18 anos.

Ás 17:30h e ás 20:30h "Gala Máxica Internacional do XI Festival de Maxia de Ames" dirixida a todos os públicos, presentada e dirixida polo mago Rafa e contará coa participación dos magos David Macc, Jorge Prieto, Olga Maslovska, Dani Polo e Héctor Sansegundo; en Bertamiráns.

Ás 17:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela, "Obradoiro de reutilización" coa Tropa verde SCQ

Ás 18:00h no CSC do Castiñeiriño en Santiago de Compostela, "Xeado de lúa" de Títeres Cachirulo. 

Ás 19:00h en Lalín, "A nena que quería navegar" no Salón Teatro, espectáculo de teatro infantil de Redrum Producciones.


Ás 18:00h "Sábados creativos" no Centro Comercial Área Central en Santiago de Compostela. 


Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites": 
  • ás 21:00h "Risoterapia" con Anna G. Reig en ITACA (Rúa do Pombal 18, baixo. Santiago Compostela).
  • ás 21:00h "Percusión doméstica" con Carlos Martínez a partir de 18 anos
    no Centro Xove da Almáciga (Rúa Proxecto Vagalume 2, Santiago de Compostela).
  • ás 21:00h "Fun polo vento e vin polo aire" con Circonove na Rúa das Cancelas 125 en Santiago de Compostela.

DOMINGO 27 DE NOVEMBRO.

De 11:00 a 12:30h Obradoiro de Maxia para miúd@s de 8 a 14 anos a cargo dos magos Dani García e Noel.


Ás 12:30h no LSC da Rocha "Tirar do fío, contos signados" de Fátima Villamel Centro Sociocultural no programa "12 doces do outono".

Ás 12:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela, "Xan soldado" de Carlos Alba "Cellero" dirixida por Alexander Curcic Premio Fetén 2015.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Marrozos "O sitio dos obxectos" de Mariza Basso no programa "12 doces do outono".

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Laraño "Rosa Caramelo" de Talía Teatro no programa "12 doces do outono".

Ás 18:00h no Auditorio Municipal de Cerceda "Iriña Bailarina" de Teatro dos Ghazafelhos.

Ás 18:30h "Gala Máxica Internacional do XI Festival de Maxia de Ames en Milladoiro" na Casa da Cultura. Para todos os públicos, presentada e dirixida polo mago Rafa e contará coa participación dos magos David Macc, Jorge Prieto, Olga Maslovska, Dani Polo e Héctor Sansegundo. 

domingo, 20 de noviembre de 2016

Con A de AMOR e T de TRIBO: Ciclo de conferencias sobre crianza - O bosque de Beni.




O derradeiro evento de Con A de AMOR e T de TRIBO é unha charla-coloquio moi especial. Falarán con vos Luz Outeiral (Acompañante de espazo de crianzas) e Geni Iglesias (nai e socia da asociación)  do Bosque de Beni (Cangas do Morrazo).

Este charla-coloquio é especial porque quen o da é especial, o espazo é especial, a xente que o habita é especial, a maneira na que traballan tamén, a súa historia o é e tamén a súa filosofía. Empeza a haber espazos como o Bosque de Beni en Galicia e debería habre moitos máis, cremos nos.

O Bosque de Beni, un espazo de aprendizaxe en liberdade para crianzas e persoas adultas e Luz Outeiral é unha adulta que medra á luz das crianzas como froito que madura co sol.

Luz Outeiral plantexa a charla como un coloquio. Vinde cas vosas preguntas complementando as que xa adiante ela aquí:
Que significa educar en liberdade?
Como ser unha adulta respetuosa coas crianzas?
Como podemos crear un ambiente axeitado baseado no amor, o respeto e a confianza para as crianzas?
Que necesidades corresponden a cada unhas das etapas evolutivas das crianzas?
Que podemos aportar ás nosas crianzas para que se desenvolvan plenamente en cada unha das súas etapas evolutivas?

Se queredes ler algo máis tendes aquí unha entrevista cas conferenciantes.


CANDO?
O 10 de decembro ás 11:00h.

ONDE?
Na Gaia dos Nenos na Rúa Guayaquil 6, Santiago de Compostela.

PREZO E MATRÍCULA.
Prezo: 15€
Aproveita o desconto que che facemos se te matriculas* antes do antes do 30 de novembro e paga so 12€!
*A matrícula formalízase ao facelo pago mediante transferencia indicando no concepto o nome d@ asistente á seguinte conta: ES04 1465 0100 9118 0021 5198 (Titular Helen Erika Bertels) e mandalos teus datos (nome, DNI, teléfono) e o xustificante da transferenciacharlas.compostelamiuda@gmail.com.

As entradas non son reembolsables, aínda que si transferibles.


Moitas grazas polo voso interese no noso ciclo de conferencias sobre crianza Con A de AMOR e T de TRIBO

ANOTÁDEVOS E COMPARTIDE!!!



Colabora



viernes, 18 de noviembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 18, sábado 19 e domingo 20 de novembro de 2016


Toda a fin de semana, "Outlet Santiago Centro" na Cidade da Cultura de Galicia, Outlet Santiago Centro organizado por Santiago Centro, Área Comercial, con actividades para miúd@s durante o horario de apertura.

Santiago (é) tapas, dende o 17 de novembro ao 4 de decembro.

VENRES 18 DE NOVEMBRO

Ás 18:00h "Risoterapia" nos Venres en Familia do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela.

Ás 18:30h na Casa da Cultura de Milladoiro, Concello de Ames "Charla-obradoiro: Os/as nenos/as unha oportunidade"

De 19:00 a 20:30h "Historias sen alento" no Centro Sociocultural de Conxo". Arrepiantes relatos breves que porán a proba a valentía da rapazada. De 6 a 12 anos.

Ás 19:30h "Magosto de Vidán" Actuación de rúa cos Armadanzas De Laraño e a Escola de Ultreia. Colaboran: Casa Da Esquina, Café Bar Casimiro, Café bar Luna, A Nave de Vidán.
 
Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites": 
  • de 22:00a 00:00h "Light painting" con Mateo Vieites, maiores de 18 anos nas Brañas de San Andrés. 
  • de 21:00 a 23:00h "Recoiro!" con "O taller de Fer" maiores  de 18 anos na Rúa do Pombal, 18.
  • de 21:30 a 00:00h "De boa gana che son vexetariana" con Tareixa Martínez Barral, para maiores de 18 anos nas Brañas de San Andrés. 
  • de 21:00 a 23:00h no Centro Xove da Almáciga "Danza Tribal" con Tamara Sánchez.
SÁBADO 19 DE NOVEMBRO

Ás 11:00h no Auditorio do Colexio La Salle en Santiago de Compostela, Compostela Miúda organiza a charla sobre "Alimentación infantil" a cargo de Julio Basulto. Colabora Gaia dos Nenos.

Ás 11:00h "Punto obxecto. Jessica Stockholder" no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela. Taller para familias para converter vellos trastos en creacións abstractas. Familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos.

Ás 11:00h "Visitas Contadas" no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela. Visita guiada combinada cunha sesión de contacontos a cargo da Compañía TEP Teatro en Punto.

De 11:00h a 13:30h para nenos e nenas de 6 a 10 anos no CIPX Belvis (Centro de Interpretación de Parques e Xardíns) "Obradoiros infantís: o mundo dos cogomelos".

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal "Os sábados choiva de contos: Contos de soños" no Salón de Actos para nenos e nenas de 3 a 12 anos a cargo de Olga Cuervo.

Ás 12:00h "Contacontos para nen@s" con Iolanda Aldrei na Tenda Lorenzo Design na Rúa San Miguel dos Agros en Santiago de Compostela.

Ás 17:00h no Mes da ciencia "Que é iso das invasións biolóxicas?" na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, de 8 a 14 anos.

Ás 17:30h "Pitusa Semifusa" concerto infantil no Auditorio Municipal do Concello de Teo Constante Liste, na Ramallosa. 

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela "O faiado" música, danza, circo e monicreques. A partir de 5 anos. Na Sala Magán.

Ás 18:00h "Escea en familia: Brancaneves" na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, pola Compañía La Estrella.

Ás 18:00h "Sábados creativos" no Centro Comercial Área Central en Santiago de Compostela. Talleres lúdico-educativos da man da Asociación Planeta Shalom. Este sábado "Experiment-Arte: especial land art music".  

Ás 18:00h "Obradoiro Baile Galego Express" no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela.

Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites": 
  • Ás 20:00h "A polo Castañón" con Itaca, na Praza de Cervantes.
  • de 21:00 a 23:00h "Turntablism DJ", con Vella Escola no Centro Xove da Almáciga
DOMINGO 20 DE NOVEMBRO (Día do nen@).
 
II Carreira San Martiño-Montes de Teo en Francos cunha distancia de 8,8 quilómetros na categoría absoluta. Haberá tamén un percorrido de 1km para os benxamíns e alevíns e outro de 2km para os infantís e cadetes, ademais dunha proba de relevos.

Ás 11:00h "Punto obxecto. Jessica Stockholder" no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela. Taller para familias para converter vellos trastos en creacións abstractas. Familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos.

Ás 12:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela concerto da Orquesta Universitaria do Espazo de Cámara da USC.

Ás 12:00h no Teatro Principal en Santiago de Compostela, "Concectando Culturas" concerto da Banda Municipal de Santiago de Compostela con David Fiuza Souto como director invitado.

Ás 12:30h no Centro Sociocultural do Castiñeiriño no programa "12 doces do outono" "O caderno dos afectos" con Gloria e Magin.

Ás 17:00h actuación da Banda de música cultural de Teo no Auditorio Municipal Constante Liste na Ramallosa.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta, "Up2down" no programa "12 doces do outono" da Compañá TrasPediante en colaboración con Pistacatro.

Ás 18:00h no Local Sociocultural de A Gracia "Tío miseria" de Fantoches Baj no programa "12 doces do outono".

Ás 18:00h no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (Concello de Oroso) "Luppo" de Baobab Teatro pensado para miúd@s, a partir de 4 anos, e para adult@s. 

martes, 15 de noviembre de 2016

1 ano



1 ano.
Que se di pronto.
1 ano de irnos coñecendo, de seguir adiante, de aprender, de cambiar as nosas espectativas continuamente, de non parar, de ir corre que corre detrás da nosa Compostela MIÚDA porque ela era a que máis rapidamente avanzaba.
1 ano de ilusión por ternos coñecido, por complementarnos tan ben, por seguir adiante a pesar de todo, por ver froitos, pequenos pero froitos e por atrevernos sempre.
1 ano de moito traballo en cada minuto libre e por temporadas incluso ata as 3 da mañá.
1 ano tamén para saber organizarse, planificar o día e o mes dunha nai traballadora de maneira realista.
1 ano convosco querid@s seguidor@s.
1 ano coñecéndovos.
1 ano no que nos agasallades cada día de novo a vosa confianza, os vosos comentarios, a vosa participación. Grazas!
1 ano con xente marabillosa, profesionais de gran calidade e aprender, aprender, aprender, aprender.
1 ano de moitísimas ideas.
1 ano para saber todo sobre as redes sociais, desfacendo mitos, coñecendo funcionamentos complexos de órganos moi adentro do facebook (que medo!).
1 ano de creatividade a tope.
1 ano reivindicando o que nos importa.
1 ano difundindo xeitos diferentes de vivir e criar.
1 ano ao voso carón, 1 ano coa Compostela MIÚDA.
1 ano e ganas de moitos máis!

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

jueves, 10 de noviembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIUDA da fin de semana: venres 11, sábado 12 e domingo 13 de novembro de 2016.


11 de novembro San Martiño, Festa do Magosto en Ourense, declarada de interese turístico a partir das 11:00h.

Se vos queredes achegar esta fin de semana aos "Museos Científicos de A Coruña" son de balde.

VENRES 11 DE NOVEMBRO

De 9:00 a 19:00h "Feira cabalar do San Martiño" na Carballeira de Francos, parroquia de Calo (Concello de Teo).

Ás 18:00h no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Concello de Ames) "Foliada con Apego".

A partir das 18:00h no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, "Magosto 2016" Magosto familiar (colabora levando castañas), Obradoiro do Magosto e Actuación musical "Tributo a Cabaret".

Ás 18:30h no Centro Sociocultural do Milladoiro (Concello de Ames) "Musical infantil con tus personajes favoritos de la tele".

De 19:00 a 20:30h "Historias sen alento" no Centro Sociocultural de Conxo". Arrepiantes relatos breves que porán a proba a valentía da rapazada. De 6 a 12 anos.

A partir das 19:00h "Magosto no Barrio de San Pedro" castañeiras, foliada, maquillaxe infantil...

A partir das 20:00h "Magosto na Pontepedriña" no Local Sociocultural da Pontepedriña en Santiago de Compostela organizado pola Asociación Veciñal da Pontepedriña.

Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites": 
  •  De 21:00 a 23:00h"Itacatetimba". Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites". 14 a 18 anos. En Itaca: Pombal 18, baixo. Santiago de Compostela. 
  • De 21:00 a 23:00h "Segundas vidas" con Lucía Jurjo. Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites". A partir de 18 anos. En Itaca: Pombal 18, baixo. Santiago de Compostela.
  • De 21:00h a 23:00h "Danza Africana" con Galinké no Centro Xove da Almáciga, Proxecto Vagalume 2, Santiago de Compostela.
  • De 21:30 a 00:00h "Adeus aos tuppers de mamá e papá!" con Tareixa Martínez Barral en As Brañas de Andrés: Vista Alegre 9-11 Santiago de Compostela.
  • De 22:00 a 00:30h "Solarigrafía" con Otto Roca en As Brañas de Andrés: Vista Alegre 9-11 Santiago de Compostela.

SÁBADO 12 DE NOVEMBRO

Ás 9:30h da Praza do Concello de Bertamiráns e ás 9:45h do Centro Sociocultural do Milladoiro sae o bus para "Buscar cogomelos coa Aula de Natureza". É preciso reservar (660004665 ou auladanatureza@concellodeames.gal)

Ás 11:00h "Visitas Contadas" no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela. Visita guiada combinada cunha sesión de contacontos a cargo da Compañía TEP Teatro en Punto.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal "Os sábados choiva de contos: Ciencia-ilusión, a ilusión da ciencia" espectáculo con La Nube Teatro no Salón de Actos.

A partir das 17:00h na Praza de Chavián en Bertamiráns (Concello de Ames) "Festa do Magosto": Pandereteiras de Bugallido, Obradoiro de identificación e exposición de cogomelos, actuación de Trópico de Grelos.

Ás 17:00h "Ti tamén podes facer divulgación científica!" na Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, para nenos e nenas de 8 a 14 anos (precisa inscrición).

Ás 18:00h  "Zapatos" de Caramuxo Teatro no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela para miúd@s de 1 a 4 anos.

A partir das 18:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Sábados creativos: Cociñ-Arte, saboreando o outono".

Ás 18:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela "O bosque móvese" a cargo de Ánxela Blanco. Conto didáctico envolgto coa maxia sonora do pianista Señor Oso e as piruetas de Flor de Toxo. Para nenos e nenas de 3 a 5 anos. Precisa inscrición previa. Programa Apego. 

Ás 18:00h "Escena en Familia: Cu-cu Tas-tas" na Fundación SGAE, Santiago de Compostela, da Compañía Títeres Cachirulo.

Ás 18:00h "Cincenta" na Fundación SGAE, representación do clásico dos hermanos Grimm a cargo de Danthea Teatro.

A partir das 18:30h no Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela "R4 de Os Bolechas" cebrando o 4ºaniversario do Centro Comercial.


Programa de lecer nocturno para a mocidade "Boas noites": 
  • Ás 21:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela, quedada para o xogo "Prisciliano, onde estás?"
  • De 21:00 a 23:00h "1,2,3...relax!" con Fina Rivas en Itaca: Pombal 18, baixo. Santiago de Compostela. 
  • De 21:00 a 23:00h "Percusión africana" con Galinké no Centro Xove da Almáciga, Proxecto Vagalume 2, Santiago de Compostela.
  • De 21:00 a 23:00 "Unha de acrobacias" con Circonove, na Rúa As Cancelas 125 en Santiago de Compostela.

DOMINGO 13 DE NOVEMBRO 

Ás 12:30h no Centro Sociocultural das Fontiñas "Acuario" de Teatro Ghazafelhos, dentro da programación de 12 doces do outono en Santiago de Compostela.

Ás 17:00h "Concerto da banda de música da SR de Calo" no Auditorio Constante Liste na Ramallosa (Concello de Teo).

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Conxo "Tita" de Teatro Babaluva, dentro da programación de 12 doces do outono en Santiago de Compostela.

Ás 18:00h no Local Sociocultural de Amio "Jiñol" de Trompicallo dentro da programación de 12 doces do outono en Santiago de Compostela.