jueves, 3 de noviembre de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana:venres 4, sábado 5 e domingo 6 de novembro de 2016



Se vos queredes achegar ata A Coruña,"Sea Sons Festival" do 4 ao 6 de novembro: música, títeres e talleres para toda a familia sobre o mar o os océanos.

VENRES 4 DE NOVEMBRO

Ás 17:00h na Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela, Taller "Parto y movimiento".

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta "Cataxogos" con Xogos Galileo: coñecemos e experimentamos xogutes e xogos educativos en galego. A partir de 3 anos con acompañamento adulto.

Ás 18:30h na Casa da Cultura do Milladoiro, Concello de Ames, "Rubicundo" espectáculo de teatro infantil da Compañía Ghazafehlos.

De 19:00 a 20:30h "Historias sen alento" no Centro Sociocultural de Conxo". Arrepiantes relatos breves que porán a proba a valentía da rapazada. De 6 a 12 anos.

SÁBADO 5 DE NOVEMBRO

"Imos a Lalín...porque hoxe é sábado: Feira de Artesanía e xoguete" Concello de Lalín, obradoiros de debuxo, fotografía, hulla hoop...

Ás 11:00h e ás 12:00h "A alfombra máxica" de Teatro Babaluva no Centro Cultural Sala de Exposicións de Oroso.

Ás 11:00h "Visitas Contadas" no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela. Visita guiada combinada cunha sesión de contacontos a cargo da Compañía TEP Teatro en Punto.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal "Os sábados choiva de contos: Contos de animalario" con Vero Rilo para miúd@s de 3 a 12 anos no Salón de Actos.

A partir das 17:00 III Magosto nas Casas do Vento

Ás 17:00h na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, polo Mes da Ciencia e celebrando o "Ano internacional dos legumes" Taller divulgativo organizado pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia co apoio da Misión Biológica de Galicia. Recomendado a partir de 6 anos.

Ás 18:00h no Auditorio de Bertamiráns, Concello de Ames "O soñador de historias" da Compañía Fanfarra Teatro. 

Ás 18:00 no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira dentro do Programa FalaRedes "O rueiro das liortas".

Ás 18:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche en Santiago de Compostela "Pablo Díaz con Cantacontos" unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor. De 0 a 5 anos.

Ás 18:00h no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela "Un magosto de medo" contos con Raquel Queizás.

Ás 18:00h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela "Escea en familia: Contos Outonais". A cargo de Celtia Figueiras.

Ás 18:00h "Sábados creativos" en Área Central, en Santiago de Compostela. 


Ás 19:00h "Rubicundo" da Compaía Teatro Ghazafelhos na Casa da Cultura de Outes.



DOMINGO 6 DE NOVEMBRO 

Ás 18:00h "O rueiro das liortas" na Casa da Cultura de Mesía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario