lunes, 28 de noviembre de 2016

Unha visita ao Bosque de Beni ou O garfo é para comer

Eu dou clases de alemán e a maioría dos nenos que chegan as miñas clases non queren aprender. E non é porque sexan vagos. Creo que non saben o que é. Xa non conectan unha asignatura como pode ser un idioma ca alegría que sinten no recreo ao descubrir algo novo. Aprender é cando chegas a terreo descoñecido e o exploras e te fas con el, non? Pois cando chegan a ese terreo sinto que hai un bloqueo e eles con voz queixosa me din que non saben. Non so me pasa con nenos tamén con adultos...

Rebeca Wild di que cunha crianza como ela a concibe, crearíanse humanos que cada día de novo saltarían con alegría e de cabeza á auga fría. Na nosa sociedade o que eu noto é medo. Eu teño medo, moito medo. Son artista, o meu futuro é incerto e non me pego ese chapuzón do que fala Rebeca con gusto, non. Eu estou no borde da piscina, tiritando pisándome os meus propios pes e pensando compulsivamente como poder evitar ese chapuzón, inventándome maneiras e maneiras. Pero o que eu quero está aí abaixo na auga e non poder chegar fai que se me enchan os ollos de bágoas.

Non quero que Iwo teña o mesmo problema ou un parecido así que busco outras maneiras de criar. E un xeito diferente de funcionar ten O Bosque de Beni de Cangas. Estivemos alí na súa festa de verán no xuño pasado (que lonxe parece xa), entre árbores con sol e vento fresco nun día caluroso. Falei con Luz que é un pouco como unha árbore ben forte no centro do bosque de Beni. Tamén estiven charlando con Geni Iglesias, unha das nais que vai coidando ese bosque para que creza san e forte.


Ao entrar na casa do bosque de Beni había dous rapaces que xogaban dentro dunha casiña feita por eles. Marcaron a entrada cuns pilares azuis con dúas piñas enrriba. Pareceulles inacceptable que Iwo entrara por unha parede da súa morada. Non lles gustou tampouco que Iwo pasara pola porta porque a casa era súa. Sabía que iso estaba ben según esa maneira de criar que me gusta a min e da que aínda sabía moi pouco. Nela @s nen@s non son obligad@s a facer cousas. Respétanse as súas decisións. Cóntase con elas. Sona lóxico pero iso significa que non teñen que compartir se non queren e tampouco teñen que dar bicos, por exemplo. Tal e como nos @s adult@s tampouco temos que compartir o noso coche, vestido, móbil, casa con xente que nos atopamos no traballo, no curso de cociña ou nun bar. Logo sabía que estaba ben que defendían o seu territorio e o seu xogo e non o cedían cabizbaixo porque algún@ adult@ os aleccionara de que o tiñan que compartir. Do que non tiña nin idea era como reaccionar e nese momento coñecín a Luz, facéndolle un espazo a Iwo. Díxolles que estaba ben que non se tiñan que enfadar con Iwo por entrar que llo dicían e xa estaba. Que de todas maneiras que recordasen que aínda que tiveran o seu espazo, a súa casa, que calquera tiña que poder acceder aos xoguetes que había na zona da casa gardada, que tiñan que deixar pasar a Iwo, quen estaba collendo unhas madeiras para construir torres, casiñas ou o que sexa que se poña diante.

Aquí estaba a casiña na que irrompeu Iwo.

CM: Que distingue a unha escola das convencionais do Bosque de Beni
Luz: Amor, respeto confianza. Respétase a liberdade, os desexos e as necesidades n@s nen@s.
CM: O como se trasladen estos conceptos á realidade. Depende un pouqiño de como se definen, non? Quizáis nos poidas poñer uns exemplos de cousas que facedes diferentes?
Luz: O periódo de adaptación por exemplo: no bosque de Beni é individual para cada caso, acompañado e dura o tempo que se precise. 
Xa me falara Geni Iglesias do periodo de adaptación. Non ten por que haber lágrimas nun periodo de adaptación. No bosque de Beni, nai ou pai quedan c@ nen@ nov@ na galería e @ nen@ marcha a estar c@s outr@s nen@s cando se sinte preparad@. Ata que chegue o día no que ao entrar pola porta xa se despide el@ mesm@. Coméntame tamén que claro que hai casos n@s que @ nen@ non está preparado para desprenderse aínda do colo da súa nai e hai que intentalo uns meses máis tarde.
Luz: Outra diferencia con proxectos educativos/de crianza tradicionais é que no Bosque de Beni @s MIÚD@S propónselles actividades e eles elixen se queren facelas. Se queren saír ao xardín o fan, se queren quedar dentro tamén, se queren seguen as actividades que se propoñen e se non queren non. Seguen os seus impulsos. Non hai que quedar un tempo determinado na actividade, no interior ou exterior da casa.

Geni Iglesias destacara tamén que nas actividades séguense uns cíclos: diarios, semanais e da época. Por exemplo os luns faise acuarela e cómese arroz, os martes faise cera de abella e cómese cebada etc. Cada época ten as súas cantigas, o seu xogo de dedos, trabalinguas, adiviñas e manualidades en preparación da celebración ca que remata. Agora por exemplo estamos na etapa do adviento que acaba con nadal.

Cando nos fomos era verán. Encantáronme estos arreglos florais. 
Dan ganas de ter un rincón así na casa.

Luz séguenos a falar das cousas que @s que non estamos acostumados ás formas alternativas de levar unha escoliña nos poden parecer interesantes:
Luz: Tod@s veñen no mesmo horario. O bosque de Beni habítase de 9:30 a 14:00 e nese horario si que teñen que estar tod@s habitualmente. O que se quere é que o Bosque de Beni sexa un fogar, unha gran familia porque no primeiro septenio d@s nen@s as crianzas deberían estar no fogar, no colo da familia. Xa sabemos que iso na nosa sociedade non é case nunca posible por iso se trata de recrear este fogar.
O bosque de Beni tamén se diferencia no xeito no que se lles fala @s nen@s. Non se lles berra e polo contrario escóitaselles. A diferencia tamén está en como se lles manipula fisicamente. Aquí preguntamos @s miúd@s antes de collel@s, antes de levalos a calquera sitio antes de entrar en contacto corporal con eles. Respetamos o corpo da crianza.
Non se amenaza e non se chantaxea. Non se usan as típicas frases que escoitamos tantas veces: Se non fas isto logo non terás tal.
CM: De que pedagoxía bebe O Bosque de Beni?
Luz: A base é Waldorf e hai bastante tamén do que escribiron Rebeca y Mauricio Wild do seu proxecto en Ecuador a parte do que aprendemos cada día aquí no Bosque de Beni e doutros lugares como esta escoliña e doutra xente inmersa en algo como nós.
CM: E como definirías a pedagoxía Waldorf en 3 apuntes?
Luz: Waldorf é a pedagoxía da liberdade. Ten en conta as necesidades do ser humano. Atende ás tres facultades anímicas: sentir, pensar, vontade. O que ten de especial é que é a única pedagoxía que tamén atende á parte espiritual é dicir que atende de verdade a tódalas necesidades. Baséase na filosofía antroposófica que trata o ser humano en tódolos seus aspectos. 
Luz e máis eu estivemos de acordo en que había que facer fincapé, porque a xente tende a confundilo, en que a espiritualidade e a relixión son dúas cousas ben diferentes na que a relixión é unha das respostas á espiritualidade. Na wikipedia atopei unha definición de espiritualidad que quizáis explique un pouco o que é: Disposición principalmente moral, psíquica ou cultural, que posee quen tende a investigar e desenvolver as características do seu espíritu.


CM: Quero volver a algo do que falamos antes. Dixéches que as crianzas podían seguir os seus impulsos. Iso non é peligroso? Tod@s @s que coñecemos @s MIÚD@S sabemos que teñen un certo grado de inconsciencia que @s pode facer parecer ou ser máis ou menos temerarios dependendo da súa idade.
Luz: Si, por suposto. Por iso poñemos límites. Hai límites de supervivencia e normas de convivencia. Iso é básico.
CM: Claro, porque se non hai regras non hai xogo, verade?
Luz: Si! As crianzas saben por exemplo que no interior da casa tense que xogar de maneira tranquila e que para xogos máis animados teñen o exterior. Así aprenden a escoller o que queren según como se sinten. Outra das reglas básicas son: ca auga so se xoga fora. Non está permitido facer dano a espazo, mobiliario e material, nin por suposto ás persoas. Tampouco permitimos que os temperamentos máis invasivos impidan o xogo aos temperamentos máis sosegados. Por iso tamén fai falla que o xogo teña reglas.
CM: Non é fácil criar desa maneira, non? Paréceme que temos que reaprender a maneira de comunicarnos c@s MIÚD@S e con tódalas persoas en xeral.
Luz: Pois si. É un traballo forte de autoconsciencia. Hai que estar moi atent@s a que non se nos escapen as típicas expresións que levamos dentro dende que nos fomos pequen@s e nolas repetiron mil veces. Este traballo de crianza realmente é un contínuo traballo en nós mesmas: postura, linguaxe corporal, idioma, capacidades artísticas, musicáis etc. Iso é o que propón a pedagoxía Waldorf: traballar en ti, porque ti es o modelo que eles van imitar. Precisamente por iso a crianza é comunitaria. Tod@s somos modelos. E ese traballo non acaba cando se pechan as portas do Bosque de Beni detrás deles. Ten que seguir fora, ten que seguir nas familias. Teñen que implicarse e aprender a resolver conflictos, a aprender a facer tratos, a poñer límites e todo cunha actitude respetuosa. A crianza tense que confirmar na casa
CM: E por iso tamén tedes un grupo de crianza para as nais e os pais. Certo?
Luz: Si. Recomendamos libros para que lean. Temos aquí no Bosque de Beni unha biblioteca con moitos volumenes moi interesantes. Facemos obradoiros de habilidades emocionais etc...
Pero agora mesmo non hai...
CM: ...porque xa a maioría dos pais saben o básico?
Luz: Bueno, si, pero estaría ben que houbera un acompañamento en todo momento. Non, básicamente é porque houbo cambios no equipo humano e iso supuxo moito traballo ademáis diso estamos pensando no futuro do Bosque de Beni e estamos traballando nel.
Geni me comentou que o bosque de Beni está intentando sacar primaria. Non é fácil. Hai que tener moitas condicóns. Esperamos que o consiga xa vos contaremos.
CM: E que libros podes recomendar aos pais que queiran mergularse en esa maneira diferente de criar?
Luz: Que lean a Rebeca Wild. Por exemplo: Educar para ser o Libertad y límites: amor y respeto. Andar, hablar, pensar de Rudolf Steiner. Los tres primeros años del niño de Karl König. E quizais La filosofía de la libertad de Rudolf Steiner quen foi o fundador da educación Waldorf, pero xa é unha lectura un pouco máis esixente. Ah, e Las etapas evolutivas del niño de Bernard Livegoed.
CM: E cal é a túa recomendación para nais e pais que non teñen un espazo como o voso a mán?
Luz: Quedarse na casa como mínimo ata que a crianza teña 3 anos. Hai que escoller entre manter a vida pública e a crianza.
CM: Uf, que duro e onde queda o feminismo. Porque ti es feminista, verdade?
Luz:  Por suposto tamén o home ten que implicarse. Todo pasa porque creamos outro paradigma, outro modelo de vida pública. Ser nai ten que significar o que é: un triunfo! E aí está o feminismo, busca un mundo diferente. A revolución é das crianzas. Unh@ MIÚD@ respetad@ será outra persoa diferente de maior que unh@ que non creceu así.
CM: Como ves o noso futuro en xeral?
Luz: Ao velo de cerca o mundo apodrece cada vez máis, pero van xermolando cousas. Antes eran raros os espazos como O Bosque de Beni. Agora vense cada vez máis. Hai moito movemento. Eu son optimista. O cambio está cerca.

  

Xa de volta en Compostela mentras comemos Iwo e máis eu penso en todo isto e me escoito dicir: "Non, o garfo non se tira. O garfo é para comer..." Penso que é mellor non tiralos garfos porque doe bastante atoparse no medio do camiño dun garfo voador, pero é certo que so son para comer? Tod@s usamos xa un garfo para outras cousas e bo servizo nos deu. Estaría ben abrir os nosos horizontes. O garfo normalmente úsase para comer pero tamén os vin convertidos en obras de arte, abrir cervexas, remover a terra dunha maceta, pechar un circuito eléctrico e a saber que máis se podería inventar Iwo se nonlle pechara esta porta.

Moitas grazas por ler, comentar e compartir.

Convidámosvos a que acudedes á charla-coloquio que darán entre Luz e Geni o día 10 de decembro 2016 na Gaia dos nenos en Santiago de Compostela. Tedes toda a info aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario