A fin de semana pasada estivemos en Aldán para facerlle unha visita a unha amiga e á súa filla.
Collimos
o tren ás 12:30h. dende Santiago ata Vigo-Urzaiz e logo baixamos
andando cara ao porto para coller o barco ás terras do Morrazo, que por
certo agora en temporada baixa os domingos e festivos sae dende Vigo ás e
media e dende Cangas ás en punto (e os días laborables sae cada media
hora). Encántame iso de coller o barco como se fose un autobús. Eu son
do interior, e non do interior de Galicia senón de moito máis interior,
do de Europa e máis concretamente de Alemaña. Por iso me sona moi
exótico iso de coller un barco e voume fachendeando dicíndollelo aos de
alá.
O
barco ponse en Cangas nuns 20 minutos máis ou menos. Alí no porto xa
nos estaban a agardar para nos levar a xantar a un sitio especial: A taberna do xefe.
Un sitio enxebre, dos de toda a vida, cun toque especial. O máis
importante é a comida. Hai moito que non comía tan ben. Os pratos eran
sinxelos, moi saborosos, os prezos máis ca razoables e o trato
delicioso. É un destes sitios de racións que sempre buscas pero nunca
atopas. Eu comín salpicón de ovas, tortilla e luras e quedei feliz. Gozo
moito dunha boa comida. Quizais sexa por iso polo que me gusta tanto
Galicia. Ao final incluso houbo pelexa na barra para ver quen pagaba, ou
sexa que todo, como tiña que ser!
Despois xa nos fomos a Aldán en coche, pero tamén hai
autobús. Bus máis barco saen por un prezo ridículo se se paga coa
tarxeta de transporte metropolitano de Galicia (a azul), porque por
enriba dos bos prezos que che fan se pagas con ela por moitas redes de
transporte urbano ou interurbano, aquí o cambio dun ao outro conta como
transbordo!
Xa en Aldán tomamos un café na Panadería Cafetería Iglesias
na que hai un parque de bolas para nen@s a partir de 2 anos. Como non
hai ninguén nos colamos un pouco na entrada do parque para facer unhas
fotos e a Iwo encántalle!!! O parque! Non as fotos.
![]() |
No fantástico parque de bolas que recomendamos que instalen nalgún restaurante/cafetería de Santiago.
Por favor!!!
|
Cando finalmente subimos á casa, encantáronlle tamén todos os xoguetes da filla da miña amiga. Pasouno pipa!
Despois
veu unha amiguiña de visita e decidimos dar todos un paseo pola praia
cara a Vilariño. Iwo tenlles moita envexa ás rapazas porque andan e el
ten que estar colgado de nós cando realmente quería estar abaixo na
area, pero vai frío e a area está algo humida.
Que cores! É un luxo ter o mar tan preto. |
Xa está caendo a tarde e vai fresquiño. |
É
un agasallo poder erguerse tódolos días e ter isto xusto na porta.
Pregúntolle á miña amiga se ela xa está acostumada pero non. A ela tamén
lle parece un agasallo e así xa sen sequera telo planeado desvelamos o
primeiro tesouro. Tamén atopamos tesouros na praia. Collimos cunchas
para que Iwo as toque e xogue con elas na casa. As rapazas tamén apañan
nelas. Hai que preguntarlles varias veces que queren facer con elas en
casa e recordarlles que xa teñen moitas.
Á mañá seguinte espértanos o arrecendo de Pfannkuchen
(filloas gordas que se fan en Alemaña) e chocolate... E eu voume
desfacendo moi pouco a pouco da tensión da cidade que traía acumulada no
corpo. Respiro máis libremente e un pouco aliviada.
Despois por fin iremos ao bosque encantado. Esa finca, tamén chamada de Frendoal é
dos Condes de Aldán, (dos Condes de Canalejas) Nel adicábanse á caza ou
a outras actividades lúdicas. Por el pasa o río Orxas e se vos
adentrades un pouco máis e seguides o seu curso atoparedes unha ruta de
muíños. A parte de muíños tamén hai lavadoiros, fontes, un acueducto,
castelos encantados e moitas especies exóticas que son influenza da
época das colonias, que alá polo século XVIII-XIX se trouxeran aquí para
enriquecer os xardíns, parques e bosques. Finalmente, esta Leira dos Condes foi doada ao Concello de Cangas hai uns anos.
Entramos ao bosque encantado. |
Un castelo!!!
Alguen sabe unha historia que seguro que aconteceu aqui hai moooito?
|
Este acuéducto levaba a auga ao pazo dos Condes.
|
Hai moitas construccións moi suxerentes.
|
Celebraron
o último aniversario da nena da miña amiga aquí e organizaron para iso
unha búsqueda de tesouros. Nós tamén buscamos tesouros improvisados (ou
verdadeiros asegún como se queira mirar) encetados polas ganas das
rapazas de xa querer estar no parque de bolas.
Máis tesouros... |
Este bosque encantado ten unha de tesouros... |
Todo o mundo fai a foto desta cova formada por unha raíz levantada dunha árbore caída.
|
O parque infantil ao lado da praia.
Pensamos que é unha excursión con bastantes opcións para @s MIÚD@S!
|
Despois
de pasar polo parque ao carón da praia, de comer un peixesapo boísimo
na casa e facer unha visita á nai da miña amiga voltamos a Cangas e
dende alí en barco a Vigo e dende alí en tren a Santiago.
Eu
tamén traio un tesouro. A natureza, a terra, as árbores, a mar, a area
da praia devolvéronme a forza e un pouco a confianza que tanto botei en
falla ultimamente.
Aldán
é unha vila de veraneo. Hai bastantes posibilidades de quedarse pola
noite e tamén de comer e beber. Se pasades por alí, non deixedes de
contarnos que tal foi, onde estivestes e que vos pareceu!
Seguimos de ruta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario