Mostrando entradas con la etiqueta métense na educación do meu fillo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta métense na educación do meu fillo. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de julio de 2016

Leoas e opinólog@s


Neste artigo queremos pedirvos axuda para elaborar outro artigo con recursos, consellos, anécdotas e respostas para casos de comentarios molestos, de opinólog@s ou faltas de respecto que toda familia coñece. A ver se así (coas cousas e as contestacións claras, sabendo que nos pasa a tod@s) a leoa que levamos dentro nos teña que dar un tirón das orellas ao seu paso, se non é abolutamente necesario:

Cando es nai ou pai ás veces non é doado relacionarte co teu entorno. Teño un amigo alemán que di que o que pasa en España é que non se respecta @s nen@s e a súa parella galega di que lle parece que é certo. Eu engado que todo xa comeza no embarazo. A barriga da embarazada e mais tarde @ nen@ que sae son públicos. Todo o mundo pode tocar e opinar e meterse todo o que lle dea a gana. 

O meu irmán vive en Suíza e cando nos veu visitar coa súa nen@ de ano e medio estaba encantado con todos os sinais de afecto que recibiu ela d@s viandantes... E é certo, iso é bonito. Aquí non miran para outro lado cando unha crianza saúda coa man ou fai calquera outra cousa para se relacionar co seu entorno. Non como (seica!) ocorre en Suíza onde a xente lles torce a cara. 
"Pero!" ...e xa estabades agardando ese "pero!"... Pero aquí a xente moitas veces pásase na outra dirección! Por exemplo, situación 1: eu estou agardando no semáforo co meu MIÚDO metido na mochila diante de min. Vén unha señora, que non coñecemos de nada e, sen previo aviso nin prolegómenos, vai e tócalle a cara (e non pouco) mentres lle solta o típico comentario "que neno máis bonito e simpático"! Iso é unha falta de respecto grave. Imaxínate que che pasase a ti: Situación 2 dende a outra perspectiva: Ti estás chegando ao semáforo ves unha muller ou un home que che parece moi simpátic@ e de casualidade che sorrí; entón colles, achégaste ata moi perto e tócaslle a meixela e o nariz dicindo: "que guap@ es, que ben me caes!" 
A que choca?! 
A que nos saca un sorriso nervioso?!

Na nosa sociedade iso sería moi sorprendente, máis ben asombroso e ante todo moi molesto. Á persoa en cuestión pareceríalle unha falta de respecto ao seu espazo persoal e ao seu corpo. Iso non se fai e punto! Pois ás embarazadas e nen@s si que se lles fai e a todas horas. A min tocáronme a barriga e con ela incluído o pube (!!!) persoas descoñecidas. 
Así e todo, alí non acaba esta situación. @s MIÚD@S tamén se collen, se levan, se soben e se baixan sen lles pedir permiso. Díselles "Non pasa nada" cando caen e choran. Díselles "culo, culo" cando están a experimentar con algo e non fan caso, e tamén se lles di "por que están enfadad@s?" cando en realidade están a chorar de cansazo, dor ou tristura...

Para min como nai non é nada nada fácil lidiar con esas situacións. Eu son desas ás que lles custa comunicar as súas emocións conflitivas, ás que calan para non destruir a paz e logo estoupan no canto de explicar. Por que se teñen que meter tod@s na educación do meu fillo??? "Non che comeu moito" "Está canso" "Esa nena é mala" "Tan grande e aínda toma teta?" "Non te enfades!" "Nós tamén tomamos chuches e non nos pasou nada"

Eu non sei como reaccionar a eses comentarios. Eu non digo nunca nada e logo un día resposto rosmando con olor a leoa enfadada, amosando os dentes, e a xente queda disgustada, a miña parella incluída. Quizais é porque son estranxeira, non sei. E os comentarios que me chegan non son dos peores. Son bastante liviáns e espaciados no tempo. Quedo sen palabras e coa boca e ollos ben abertos con algunhas cousas que lles din a amigas.

A vos pásavos igual ou parecido? 
Queremos dende a Compostela MIÚDA escribir un artigo con recursos, consellos e anécdotas para axudarnos a aprender a lidiar coas faltas de respecto abertas ou disfrazadas e demais comentarios molestos de opinólog@s ou de quen sexa cara @s nos@s MIÚD@S e cara nós como nais, pais ou embarazadas. Tamén queremos desenmascarar os comentarios inocentes que foron aprendidos hai tempo cando eramos pequenos e averiguar a mellor maneira para explicarllo a eses amigos e familiares que nunca se plantexaron que igual non é bo dicirlle xusto iso @ net@, sobriñ@ etc. Para iso gustaríanos contar co voso apoio. Comentade aquí ou escribídenos a vosa aportación ou experiencia da que pensades que poida axudar @s demais! Grazas!
Comenta aquí ou escríbe a compostelamiuda@gmail.com
Grazas por compartir e participar!