Mostrando entradas con la etiqueta excursións con nenos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursións con nenos. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de mayo de 2016

Viaxe ao xardín secreto de Compostela

Olá a tod@s!
Benvidos á miña curta pero intensa viaxe.
Non é unha viaxe de maleta nin de mochila (xenial unha manta de pic-nic), nin de coche nin de tren, nin de ir ou vir, senon de estar....en Compostela, nun de tantos recunchos especiais, pero coa peculiariedade de ser moi pouco coñecido polos propios composteláns.
Aínda non podo revelar onde é ou como se vai, sin facervos antes os desexos de coñecelo ou adiviñalo.
Nel, Anxo descubriu...

cómo pisar as nubes sin subir ao ceo!

cómo tocar auga da chuvia sen mollarse (os pés)
....encántalle descubrir buratiños...e se ensoufan...mellor!



 ademáis hai unha fonte preciosa ( do séc.XVIII)....sen auga por agora







cómo escoitar música e non só dos paxaros!
sentándose nun banco ao pé da fonte
............ está detrás dun conservatorio de música.......
menuda pista dei xa!

cómo correr sen perigos....con toda esa herba mullidiña



 e cómo xogar divertido sin ter columpios nen tobogáns.....Cucú



xa vedes a cantidade de cousas para facer neste recuncho escondido.....e cunha mantiña pódese facer unha grande merendola á sombra dalgunha das grandes àrbores....eu descubrín unha árbore de loureiro....pero unha foi a máis emocionante... unha figueira....toleo polos figos....en setembro vou visitar moito este xardín secreto!!!


E xa adivinachedes onde está?
Voume deitar nesta herba e dicilo en voz moi baixa
....porque é un xardín secreto...




 É o xardín do Pazo de Amarante, na Algalia de Abaixo, pero ten a entrada pola Praza de Salvador Parga, ao lado do Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.



Precioso??? Verdade??? Espero que vos gustase


Belén e Anxo.

sábado, 14 de mayo de 2016

I Concurso MIÚDO de relatos de excursións EN FAMILIA

Cantas veces vos preguntáchedes onde pasar o día, a fin de semana ou unhas vacacións c@s vos@s MIÚD@S?
E cantas veces estivéchedes nun lugar marabilloso e o quixéchedes compartir c@s demáis?! Esta é a vosa oportunidade!

Se queredes participar no noso concurso MIÚDO plasmade esa excursión ou viaxe por Santiago e bisbarra, Galicia ou o mundo enteiro na que o pasáchedes bomba en familia por escrito, engadídelle algunha foto, mandádea a compostelamiuda@gmail.com e ganade uns fantásticos premios da piscina de Roxos AWASAN, de Recunchos Didácticos de Bertamiráns ou do Xardín dos Soños de Santiago de Compostela.

Xuntamos aquí unhas poucas reglas e informacións a ter en conta para participar:

1.) Como todo o que facemos gustaríanos que tamén os relatos do concurso MIÚDO foran escritos en galego.

2.)  E como se gana? Ganarán os 3 relatos que teñan máis comentarios no noso blog. Entre eses 3 relatos sortearánse os premios cortesía de O xardín dos soños, AWASAN e Recunchos Didácticos.

3.) Enviade os relatos máis as súas fotos a compostelamiuda@gmail.com. Os publicaremos en canto poidamos e por suposto que o antes posible no noso blog www.compostelamiuda.com para que a xente poida empezar a comentar.

4.) O inicio do periodo de participación é o Día da Familia, o 15 de maio e acabará o día 4 de setembro. É dicir que se poden enviar relatos ata o 4 de setembro ás 24:00, pero claro, so contarán os comentarios feitos antes da data de finalización

5.) En cada relato so se contabilizará un comentario por usuario ou dito doutro xeito: Non, non vale que a avoa poña 20 comentarios dicindo o moito que lle gusta o relato. ;)


Os premios son de:
Recúnchos Didácticos, onde seica (e cito a un@ cliente) os máis cativos poden atopar centos de xogos e materiais cos que pasalo en grande ao tempo que desenvolven a súa imaxinación e aprenden. Consultade o premio aquí.
O Xardín dos Soños do que din que é un lugar fermoso onde tomar un té exquisito nun ambiente entrañable e ao mesmo tempo facer a compra ecolóxica. Consultade o premio aquí.
AWASAN que é moi recomendable, como nos comentan, e a onde empezan ir no embarazo e terminan cando @s nen@s xa son grandiñ@s. Consultade o premio aquí.
Nós estamos namoradas destes agasallos que nos anunciaron estas tres empresas amigas d@s MIÚD@S como premio para o concurso!!!

Participade! Compartide e recomendade a vosa excursión ou viaxe a outras familias!
...e ganade fantásticos premios!







jueves, 21 de abril de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: sábado 23 e domingo 24 de abril de 2016




FESTAS DA FIN DE SEMANA

XXVII Festa do Champiñón en Ordes.
Festas de San Marcos en Noia.

SÁBADO 23 DE ABRIL DE 2016: DÍA DO LIBRO
MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS na Biblioteca Pública Anxel Casal no mes de abril: “Hans Christian Andersen” e "Contos Chineses" na Sala Infantil. 
Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos. 

Ás 10:00h no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, obradoiro "Facer e ser" con Melania Freire. A partir de 15 anos.  

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés. 

De 11:30 a 12:00h no Centro Sociocultural Santa Marta en Santiago de Compostela, Fun Showing: Meet Shakespeare! para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Ás 11:30 e ás 12:30h na Galería Sargadelos en Santiago de Compostela dentro do Programa Municipal de animación á lectura, "Do berce á lúa: sesións de contos para bebés" de 0 a 3 anos.

De 11:30 a 13:30h Obradoiros de cociña infantil: Aprendendo a comer san de Afundación en Santiago de Compostela. 

De 11:30 a 13:30 na Gentalha do Pichel Danza africana en familia.

Ás 12:00h "Titiricleta" os sábados choiva de contos na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal a cargo de Carballo con Botas.

Ás 12:00h no Centro Sociocultural de Conxo, Aurelio Aguirre "Festa do Libro e da Lectura": teatro de monicreques, pezas de animación coa técnica de stop motion e lectura dunha creación colectiva.


Ás 12:00h precirco para nenos e nenas de 3 a 5 anos en Circonove, nave de circo en Santiago de Compostela.

Ás 12:00h Grupo de calceta en Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela.

Ás 12:00h na Praza de Xelmirez en Santiago de Compostela, música en directo con The show bass e elaboración de xoiaría tradicional en vivo por De Cotío.

De 16:30 a 19:30h no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela "A danza da natureza" obradoiro para nenos e nenas impartido por Tania Veiga profesora de danza africana.

A partir das 17:00h Gran Gala Generación Kids As Cancelas, no Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela.

De 17:00 a 20:30h Conmemoración do Día do Libro do Concello de Ames con Literatura na Praza do Concello en Bertamiráns: obradoiros e concertos infantís. 

Entre as 17:00 e as 23:00h na Praza 8 de marzo (Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela) Gala a favor das refuxiadas de Siria.

Ás 17:00 para bebés de 0 e 1 ano e ás 17:45h para nenos e nenas de 2-3 anos "Taller en familia de estimulación temprana musical" no Centro de estimulación temprana musical Allegro.T Ames

Ás 18:00h. Concerto de Cristina Costa Lin (Bach, Concone, Debussy, Juan Durán, Antonio Cerviño e Merikanto), alumna de Tratalenca no Gran Hotel los Abetos (Santiago de Compostela). Concerto benéfico a favor de Ahuce recomendado para nenos desde 5 anos.

De 18:00 a 20:00h Especial Día do Libro en Área Central, en Santiago de Compostela. Contacontos con obradoiro experimental baseado no libro "O monstro de cores" con cancións e emocións.


Ás 18:00h "OBRADOIRO CREATIVO: CALDO DE LETRAS" conducido por Akira para nenos e nenas de 3 a 9 anos no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela.


DOMINGO 24 DE ABRIL DE 2016

De 16:30 a 20:30h Multixogo no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela.

Ás 17:00h "Aberto por alegría" circo e música no V Aniversario de Semente Compostela no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.


Se vedes que falta ou sobra algo agradeceriámosvos que nos avisasesdes comentando aquí ou por e-mail: compostelamiuda@gmail.com
Que pasedes unha fin de semana primaveral de verdade!