Mostrando entradas con la etiqueta a donde ir con niños de puente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a donde ir con niños de puente. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de junio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 24, sábado 25 e domingo 26 de xuño de 2016



Esta fin de semana...FESTAS!!! como se nota que comezou o verán!!!:
- Festas de San Paio na Estrada


VENRES 24 DE XUÑO (Día de San Xoán)



Continúa a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti!

Continúan as actividades do Concello de Santiago de Compostela polo Día de San Xoán:

Roteiro libre polas fontes da cidade para coller a "flor da auga" e cumplimentar os ritos tradicionais da mañá de San Xoán.

De 12:00 a 15:30h e de 17:30 a 23:30h apertura do Mercado tradicional de San Xoán e da zona gastronómica Área Asardiñada con reparto de auga máxica de herbas de San Xoán e demostración de elaboración de cestos na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 12:30 a 14:00h na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela, "Obradoiro de cestería" da man de Carmen Recimil.

De 13:00 a 13:45h na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela, "Contada tracional" a cargo de Raquel Queizás.

De 17:30 a 19:00h "Obradoiro de colocación de pano tradicional" por Melania Freire na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 18:00 a 21:00h "Infantilandia" xogos para nenos e nenas en Vista Alegre, Santiago de Compostela.

De 19:30 a 20:30h "Obradoiro de iniciación ao baile tradicional" con música ao vivo por Montse Rivera e Ariel Ninas na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 22:00 a 23:00h Actuación musical: Bouba Pandereteiras na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 23:00 a 23:30h Conxuro con degustación de Queimada na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

  

SÁBADO 25 DE XUÑO

E tamén hoxe hai moitas actividades do Concello de Santiago de Compostela polo Día de San Xoán na Praza de Mazarelos.

Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela e tamén poderemos gozar dos "Sábados creativos".

Mostra bibliográfica "Albúms ilustrados" na Sala infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos.

Ás 10:00 Un paseo por Compostela en tren, saída da Praza do Obraoiro.

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

De 12h a 15:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán e do espazo gastronómico Área Asardiñada. Demostración da elaboración de cestos polos veciños de Touro na Praza de Mazarelos.

12:00h a 15h Elaboración de coroas de flores a cargo de Cosmogonía na Praza de Mazarelos.

Ás 12:00h. na Biblioteca Pública Anxel Casal, Os sábados choiva de contos: Artellando Historias.

Ás 12:00h eCirconove  Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00h Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

A partir das 12:00h "VII Romería do Castelo da Rocha" con actividades lúdicas para todos os públicos e degustación de cabra: música do grupo tradicional Cantamadeira e diversos xogos tradicionais no Castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela.

Ás 12:30 II Mostra dos clubes de teatro da rede de centros socioculturais: "As locas aventuras de Quijotín" do Club de teatro infantil do Castiñeiriño no CSC José Saramago (Vite)

De 13 a 13:45h Contada tradicional a cargo de Soledad Felloza na Praza de Mazarelos.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 17:30h a 23:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán, do espazo de botánica coordinado polo CIAC e da zona gastronómica Área Asardiñada na Praza de Mazarelos.

De 17:30h a 19h. Obradoiro de cesteiría da man de Carmen Recimil na Praza de Mazarelos.

De 18:00 a 20:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Photocall da Tropa Korriban Star Wars Galicia" con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada"

De 19:30h a 20:30h Obradoiro de colocación de pano tradicional da man de Melania Freire na Praza de Mazarelos.

De 21:30h a 22h Pasarrúas musical: Do Fondo do Peto por toda a Cidade Histórica.

De 22h a 23h Actuación musical: Do Fondo do Peto na Praza de Mazarelos. 

De 23h a 23:30h Conxuro con degustación de queimada colectiva na Praza de Mazarelos.



DOMINGO 26 DE XUÑO

Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

Ás 12:00 Un paseo por Compostela en tren, saída da Praza do Obraoiro.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.




Desexámosvos unha boa fin de semana de San Xoan! Pasádeo moi, moi ben!
Se vedes que na axenda sobra ou falta algo escribídenos: compostelamiuda@gmail.com
Grazas!

sábado, 14 de mayo de 2016

I Concurso MIÚDO de relatos de excursións EN FAMILIA

Cantas veces vos preguntáchedes onde pasar o día, a fin de semana ou unhas vacacións c@s vos@s MIÚD@S?
E cantas veces estivéchedes nun lugar marabilloso e o quixéchedes compartir c@s demáis?! Esta é a vosa oportunidade!

Se queredes participar no noso concurso MIÚDO plasmade esa excursión ou viaxe por Santiago e bisbarra, Galicia ou o mundo enteiro na que o pasáchedes bomba en familia por escrito, engadídelle algunha foto, mandádea a compostelamiuda@gmail.com e ganade uns fantásticos premios da piscina de Roxos AWASAN, de Recunchos Didácticos de Bertamiráns ou do Xardín dos Soños de Santiago de Compostela.

Xuntamos aquí unhas poucas reglas e informacións a ter en conta para participar:

1.) Como todo o que facemos gustaríanos que tamén os relatos do concurso MIÚDO foran escritos en galego.

2.)  E como se gana? Ganarán os 3 relatos que teñan máis comentarios no noso blog. Entre eses 3 relatos sortearánse os premios cortesía de O xardín dos soños, AWASAN e Recunchos Didácticos.

3.) Enviade os relatos máis as súas fotos a compostelamiuda@gmail.com. Os publicaremos en canto poidamos e por suposto que o antes posible no noso blog www.compostelamiuda.com para que a xente poida empezar a comentar.

4.) O inicio do periodo de participación é o Día da Familia, o 15 de maio e acabará o día 4 de setembro. É dicir que se poden enviar relatos ata o 4 de setembro ás 24:00, pero claro, so contarán os comentarios feitos antes da data de finalización

5.) En cada relato so se contabilizará un comentario por usuario ou dito doutro xeito: Non, non vale que a avoa poña 20 comentarios dicindo o moito que lle gusta o relato. ;)


Os premios son de:
Recúnchos Didácticos, onde seica (e cito a un@ cliente) os máis cativos poden atopar centos de xogos e materiais cos que pasalo en grande ao tempo que desenvolven a súa imaxinación e aprenden. Consultade o premio aquí.
O Xardín dos Soños do que din que é un lugar fermoso onde tomar un té exquisito nun ambiente entrañable e ao mesmo tempo facer a compra ecolóxica. Consultade o premio aquí.
AWASAN que é moi recomendable, como nos comentan, e a onde empezan ir no embarazo e terminan cando @s nen@s xa son grandiñ@s. Consultade o premio aquí.
Nós estamos namoradas destes agasallos que nos anunciaron estas tres empresas amigas d@s MIÚD@S como premio para o concurso!!!

Participade! Compartide e recomendade a vosa excursión ou viaxe a outras familias!
...e ganade fantásticos premios!