Mostrando entradas con la etiqueta fin de semana con nenos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fin de semana con nenos. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de agosto de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 5, sábado 6 e domingo 7 de agosto de 2016



Esta fin de semana vai de circo! Que ben que teñamos @s artistas circenses en Santiago para darlle vida de cores ás prazas da zona vella! Gozade dos seus espectáculos e metédelle algún que outro billete na gorra! ;)
E se vedes que falta algo na nosa axenda... Avisade! Grazas. compostelamiuda@gmail.com


VENRES 5 DE AGOSTO

É a Festa do Bolo Preñado en Pontenafonso!!!

Mostra bibliográfica "Un mar de libros" e "Agustín Fernández Paz" na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal 

Ás 11 Museo do Pobo Galego -  Visitas aos parquese e xardíns: Bonaval.

De 18:30 a 20:30 Mercado de Abastos: Despois de merendar a rúa é nosa. (Xandobela)

Ás 18:30 Circo de gorra na Praza do Toural con Antuán de Lacrem.

Ás 18:30 Circo de gorra na Praza das Praterías con Pajarito.

Ás 19:30 Circo de gorra na Praza da Quintana con Nono.



SÁBADO 6 DE AGOSTO

E hoxe temos Verán en Agronovo en Santa Cruz de Ribadulla - Concello de Vedra.

Ás 11:00 VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Ás 18:30 Circo de gorra na Praza do Toural con Antuán de Lacrem.

Ás 18:30 Circo de gorra na Praza das Praterías con Circo Medina.

Ás 19:30 Circo de gorra na Praza da Quintana con Kote Malabar.

Ás 20:00 Circo de gorra na Praza do Toural con Santi le Chane.



DOMINGO 7 DE AGOSTO

Ás 18:30 Circo de gorra na Praza do Toural con Kote Malabar.

Ás 18:30 Circo de gorra na Praza das Praterías con Mere Clown.

Ás 19:30 Circo de gorra na Praza da Quintana con Antuán de Lacrem.

Ás 20:00 Circo de gorra na Praza do Toural con Pajarito.







jueves, 14 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana:venres 15, sábado 16 e domingo 17 de xullo de 2016


Como vos senta estar todo o día fora, escoitar @s MIÚD@S gritar no parque, xogar ca auga no xardín, o sol, o coche cheo de maletas e xoguetes para a praia, o fresco do bosque, escoitar as gaibotas en Muros, Vilagarcía ou Aldán... Ahhhhh é verán!
...pero en Compostela tamén hai cousas que facer, eh!!! Entre o circo nas prazas, Star Wars en Area central e os obradoiros da Feira Arte y San non sei moi ben que elexir, porque tamén está a festa do escalo en Chaian, Raquel Queizas no Obradoiro e máis obradoiros no Museo de Historia Natural, Fundación Granell.... Lede vos mesm@s!

VENRES 15 DE XULLO

Continúa a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

De 8:30 a 14:30h "Un mar de libros" na Sala Infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, unha colección de guías para planear viaxes e mostra das viaxes imaxinadas por outros como Jules Verne ou Jack London 

De 11 a 14h. Obradoiro lúdico infantil a propósito da exposición"As rúas contan que...": "Curadoría petit-crítica" por Desirée Vidal Juncal na Zona C.

Ás 11:30 Obradoiro infantil 'Abrollarela' de tambores para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 12:30 primeira actuación da Cía Comediantes Intinerantes (Mañás de verán de Conxo) na Praza da Merced en Conxo.

Ás 13:15 actuación da Cía Comediantes Intinerantes (Mañás de verán de Conxo) no Campo de Conxo.

A partir das 17:00h na Alameda en Santiago de Compostela, "Xornada de xogos populares" programación das Festas do Apóstolo 2016.

De 17:00 a 19:00 h. Taller infantil 'Abrollarela' de duendes y hadas para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

De 17:00 a 18:30 h. Taller infantil de tinguido ao engrudo para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 18:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina".

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "NONO".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Autoestopista Intergaláctico".



SÁBADO 16 DE XULLO

Festival do Estío en Vilagarcía de Arousa, concertos, xogos e máis durante todo o día: Paco Nogueiras, Oviravai, A Gramola Gominola, Sons Miúdos...

Última fin de semana para ver a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela (e de 18 a 20 hai Photocall).

De 11:30 a 13:30 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela' de bolsas customizadas para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 11:00 Visitas contadas no Museo das Peregrinacións.

De 11 a 14:00h. Trucos para orientarte nun bosque no Museo de Historia Natural.

Ás 12:00h no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental) "Obradoiro de iniciación á observación de aves".

De 12 a 14 e 17 a 20 Obradoiro os vermes da seda na Fundación Granell.

Ás 12:15h na Praza do Obradoiro "Contos con Raquel Queizás" Reta3 móvete pola diabete para axudar a ANEDIA (Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia). 

De 17:00 a 19:00 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela' de bonecos de trapo para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

De 17:00 a 18:30 h Obradoiro infantil de tinguido con cintas ao alcohol sobre polyart na Feira Arte y San

De 18:00 a 20:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Photocall da Tropa Korriban Star Wars Galicia" con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada"

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Cirkote".

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Manualidades".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina". 



DOMINGO 17 DE XULLO

Festa do escalo en Chaian (na competición de pesca hai categoría infantil e xuvenil!)

Último día para ver a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

De 11:00 a 13:30 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela': 'Conto interminable' para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Autoestopista Intergaláctico".

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Guille Solo".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina". 

viernes, 1 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: VENRES 1, SÁBADO 2 E DOMINGO 3 DE XULLO DE 2016



Festas de  Ourense
Festas no Barrio de San Pedro, Santiago de Compostela


VENRES 1 DE XULLO 

Festas do Barrio de San Pedro:
     Ás 17:00h obradoiro de circo a cargo de Circonove na Praza da Angustia.
     Ás 19:00h pasarrúas e cabezudos.
     Ás 22:00h noite do lastro na Praza 8 de marzo.

Mitos dunha galaxia moi afastada en Area Central.

Mostra bibliográfica "Albúms ilustrados" na Sala infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. 

Ás 16:40 e 17:30 e 18:25h. hai SONSeBEBÉS no Conservatorio Histórico De Santiago

Ás 17:30 Yoga para nen@s (4-7) no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h. e ás 19:00h. Música para bebés na Gaia dos Nenos. 

Ás 18:45 Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.


SÁBADO 2 DE XULLO

XXIII Festival do Río Castro en Narahío.

Festas do Barrio de San Pedro:
     Recorda que hoxe é a exposición de peque-artistas de barrio. Achega as túas obras!
     De 11:00 a 18:00h Espazo cidadán na Praza 8 de marzo.
     De 11:30 a 22:00h Espazo de ciencia na Praza da Angustia. 
     De 12:00 a 17:30h Espazo sonoro na Praza da Trisca.
     De 16:30 a 19:00h Espazo das letras na Praza Begoña Caamaño (Zona C)


Mitos dunha galaxia moi afastada en Area Central.

Mostra bibliográfica "Albúms ilustrados" na Sala infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. 

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

De 11:00 a 14:00h no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela "A historia do microscopio" para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

A partir das 12:00h XXIII Festival do Río Castro en Narahío: xogos tradicionais, A Gramola Gominola...

En Circonove tedes ás 12:00 Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 13:30 visita guiada ao Matadoiro de Compostela.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.


DOMINGO 3 DE XULLO

Festas no Barrio de San Pedro:
     Ás 10:00h III Romaría do Fútbol no campo de fútbol de Belvís.
     Ás 10:00h alborada
     Ás 13:00h baile tradicional nas prazas (Cruz de San Pedro, 8 de marzo...)
     Ás 14:00h Romaría no parque de Belvís  

Mitos dunha galaxia moi afastada en Area Central.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.



Xa estamos en xullo, cos horarios de verán e as vacacións d@s MIÚD@S. As rúas están baleiras nas horas nas que adoitaban estar ateigadas de coches e a axenda tamén vai menguando. Se vedes que falta algo avisade!!! compostelamiuda@gmail.com 
Grazas e pasadeo ben na praia ou na montaña ou onde sexa que esteades esta fin de semana!

viernes, 24 de junio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 24, sábado 25 e domingo 26 de xuño de 2016



Esta fin de semana...FESTAS!!! como se nota que comezou o verán!!!:
- Festas de San Paio na Estrada


VENRES 24 DE XUÑO (Día de San Xoán)



Continúa a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti!

Continúan as actividades do Concello de Santiago de Compostela polo Día de San Xoán:

Roteiro libre polas fontes da cidade para coller a "flor da auga" e cumplimentar os ritos tradicionais da mañá de San Xoán.

De 12:00 a 15:30h e de 17:30 a 23:30h apertura do Mercado tradicional de San Xoán e da zona gastronómica Área Asardiñada con reparto de auga máxica de herbas de San Xoán e demostración de elaboración de cestos na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 12:30 a 14:00h na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela, "Obradoiro de cestería" da man de Carmen Recimil.

De 13:00 a 13:45h na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela, "Contada tracional" a cargo de Raquel Queizás.

De 17:30 a 19:00h "Obradoiro de colocación de pano tradicional" por Melania Freire na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 18:00 a 21:00h "Infantilandia" xogos para nenos e nenas en Vista Alegre, Santiago de Compostela.

De 19:30 a 20:30h "Obradoiro de iniciación ao baile tradicional" con música ao vivo por Montse Rivera e Ariel Ninas na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 22:00 a 23:00h Actuación musical: Bouba Pandereteiras na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

De 23:00 a 23:30h Conxuro con degustación de Queimada na Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela.

  

SÁBADO 25 DE XUÑO

E tamén hoxe hai moitas actividades do Concello de Santiago de Compostela polo Día de San Xoán na Praza de Mazarelos.

Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela e tamén poderemos gozar dos "Sábados creativos".

Mostra bibliográfica "Albúms ilustrados" na Sala infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos.

Ás 10:00 Un paseo por Compostela en tren, saída da Praza do Obraoiro.

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

De 12h a 15:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán e do espazo gastronómico Área Asardiñada. Demostración da elaboración de cestos polos veciños de Touro na Praza de Mazarelos.

12:00h a 15h Elaboración de coroas de flores a cargo de Cosmogonía na Praza de Mazarelos.

Ás 12:00h. na Biblioteca Pública Anxel Casal, Os sábados choiva de contos: Artellando Historias.

Ás 12:00h en Circonove  Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00h Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

A partir das 12:00h "VII Romería do Castelo da Rocha" con actividades lúdicas para todos os públicos e degustación de cabra: música do grupo tradicional Cantamadeira e diversos xogos tradicionais no Castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela.

Ás 12:30 II Mostra dos clubes de teatro da rede de centros socioculturais: "As locas aventuras de Quijotín" do Club de teatro infantil do Castiñeiriño no CSC José Saramago (Vite)

De 13 a 13:45h Contada tradicional a cargo de Soledad Felloza na Praza de Mazarelos.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 17:30h a 23:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán, do espazo de botánica coordinado polo CIAC e da zona gastronómica Área Asardiñada na Praza de Mazarelos.

De 17:30h a 19h. Obradoiro de cesteiría da man de Carmen Recimil na Praza de Mazarelos.

De 18:00 a 20:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Photocall da Tropa Korriban Star Wars Galicia" con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada"

De 19:30h a 20:30h Obradoiro de colocación de pano tradicional da man de Melania Freire na Praza de Mazarelos.

De 21:30h a 22h Pasarrúas musical: Do Fondo do Peto por toda a Cidade Histórica.

De 22h a 23h Actuación musical: Do Fondo do Peto na Praza de Mazarelos. 

De 23h a 23:30h Conxuro con degustación de queimada colectiva na Praza de Mazarelos.



DOMINGO 26 DE XUÑO

Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

Ás 12:00 Un paseo por Compostela en tren, saída da Praza do Obraoiro.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.




Desexámosvos unha boa fin de semana de San Xoan! Pasádeo moi, moi ben!
Se vedes que na axenda sobra ou falta algo escribídenos: compostelamiuda@gmail.com
Grazas!

viernes, 17 de junio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 17, sábado 18 e domingo 19 de xuño de 2016


ARDE LUCUS toda a fin de semana en Lugo!!!

VENRES 17 DE XUÑO

Xornada de portas abertas en MY TWO HANDS

Hoxe e mañá hai uns obradoiros moi chulos na de Artesanía de Galicia na Fundación Granell. Para familias e MIÚD@S son os obradoiros elaboración e manipulado de papel e o de cerámica. Participade!

Mostra bibliográfica "Albúms ilustrados" na Sala infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.

Mitos dunha galaxia moi afastada en Area Central.

En Arcostilos seguro que hai algunha actividade para ti!

A partir das 16:30h "Día do Deporte" no Concello de Oroso.


Ás 16:40 e 17:30 e 18:25h. hai SONSeBEBÉS no Conservatorio Histórico De Santiago

Ás 17:30 Yoga para nen@s (4-7) no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h. e ás 19:00h. Música para bebés na Gaia dos Nenos.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche temos "Venres en Familia: descubrindo as portas de Santiago" por equipos irán descubrindo as portas da cidade, buscando pistas e facendo probas. A partir de 5 anos acompañados dunha persoa adulta.

De 18:00 a 20:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Photocall da Tropa Korriban Star Wars Galicia" con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada"

A partir das 18:00h en Área Central, Santiago de Compostela, o alumnado da Academia de danza Balancé realizarán unha actuación do aprendido no curso: danza clásica, moderna, contemporánea e lírica; e antes haberá unha master class de salsa aberta a todo o público. 

Ás 18:45 Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

Ás 19:00h no Centro Sociocultural de Vite "Mariña, contos nados do mar" de Raquel Queizás para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Ás 19:00h no Centro Sociocultural de Pontepedriña "Maxia e contos" da man de Leo Leíño para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Ás 18:00 presentación dos traballos e ás 19:45 Ce Orquesta Pantasma toca na Festa Final de Curso do CSC de Conxo!


Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.

Ás 20:00h en A Paxareira, Dodro, "As mil e unha noites" de Teatro Ghazafelhos.

Ás 21:30h na Praza de Macias en Padrón "Canta connosco!" espectáculo musico-teatral da compañía +MigallasTeatro 


SÁBADO 18 DE XUÑO

Hoxe hai uns obradoiros moi chulos na de Artesanía de Galicia na Fundación Granell. Para familias e MIÚD@S son os obradoiros elaboración e manipulado de papel e o de cerámica. Participade!

Mostra bibliográfica "Albúms ilustrados" na Sala infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.


Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos.

De 10:00 a 14:00h I MERCATILOS, mercadillo solidario no Parque dos Tilos. Mercadillo solidario de 2ª man con animación infantil de 12 a 14h e sorteo dunha cesta especial de productos do Mercado Labrego.


Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

Ás 11:00h. Obradoiro de retrato animal no Centro de Artes Aire.

De 11:00 a 13:00h "Taller de Creación de cuentos en familia" en Ultramarte casa azul en Roxos, Santiago de Compostela.

Ás 11:00 na Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela, "Escuela de familias". 

De 11:00 a 13:00h Descubre os parques de Santiago dende o Museo de Historia Natural.

De 11:00 a 13:00h Talleres para familias no CGAC A-B-Contemporáneo "Despegando pinceladas. Frank Stella" para nenos e nenas de 4 a 6 anos.
 
DESPEGANDO PINCELADAS. FRANK STELLA
Ás 11:30h no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela da man de Kids&Us "Obradoiro Little Chef".

De 11:30 a 13:30h no segundo andar da Galería Sargadelos en Santiago de Compostela, COMPOSTELA REHABILITA CON ENERXÍA! Laboratorio urbano da enerxía e talleres participativos do Consorcio de Santiago para para nenas e nenos entre 9 e 12 anos.

De 11:30 a 13:30h "Coas man na masa II" obradoiros de cociña de Afundación para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

A partir das 11:30h en Área Central, Santiago de Compostela, a Escola de baile e música tradicional da Asociación de Veciños Monte do Gozo celebra o seu festival de fin de curso. A parte musical corre a cargo da Asociación Xirandaina.

Ás 12:00h no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Oroso "Viaxe a Dadá" de Teatr da Semente.

Ás 12:00h en Circonove  Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00h na Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS.

Ás 12:00h Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

De 12:00 a 15:00h nos patios e xardíns do #BarrioDasFontiñas "The BLOQUE en BLOQUE Festival"unha programación de rúa organizada polo Colectivo Barriopia.

Ás 13:00h. Le Triska Inmobile no CSC As Fontiñas.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 17:00 a 19:00h "Coas man na masa I" obradoiros de cociña de Afundación para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

De 18:00 a 20:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Photocall da Tropa Korriban Star Wars Galicia" con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada"

Ás 18:30h no Local Sociocultural da Lavacolla "Os contos dos ratiños" da man de Trinke-trinke para nenos e nenas de 4 a 8 anos.


DOMINGO 19 DE XUÑO

De 11:00 a 13:00h Talleres para familias no CGAC A-B-Contemporáneo "Despegando pinceladas. Frank Stella" para nenos e nenas de 7 a 9 anos.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 18:00h Pequeno cabaré infantil "Os mil e un contos desencontrados" de NELSON QUINTEIRO no SCQ.

Ás 18:00 Concerto didáctico de Campo de Estrelas na Cidade da Cultura (Biblioteca e Arquivo de Galicia).


viernes, 3 de junio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xuño de 2016



VENRES 3 DE XUÑO

En ArcOsTilos seguro que hai algunha actividade para ti.

Ás 16:40, ás 17:30h e ás 18:25h hai "SONSe BEBÉS" no Conservatorio Histórico de Santiago.

Ás 17:30h Ioga para nenos e nenas de 4 a 7 anos no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h e ás 19:00h Música para bebés na Gaia dos Nenos.

Ás 18:00h no O Ensanche Centro Sociocultural Venres en Familia: Descuberta fotográfica. A partir de 5 anos acompados dun adulto.

Ás 18:45h Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

De 19 a 19:30h. STORY TIME "UNDER THE SEA"  - C.C. El Corte Inglés organizado por Kids & Us

Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.



SÁBADO 4 DE XUÑO

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos. Aquí tedes +info sobre as outras actividades.

BATEBATUKE - O Festival de Trópico de Grelos no Castiñeiriño, consulta a programación aquí.

Ás 11:00 na Praza de Abastos: Obradoiro de papillas e xantares saudables e ricos para meniños.

De 11 a 21h. en Area Central: 2º Día do Deporte Solidario.

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

Ás 12:00 Escola de Familias na Gaia dos Nenos.

Ás 12:00 no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS.

Ás 12:30 A Real Filharmonía de Galicia tocará no compostelán Parque Eugenio Granell.

De 12 a 14 e de 17 a 20 Debuxa o museo na Fundación Granell.

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Dende as 16h XV aniversario da Asociación Cultural Follas Novas no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Ás 16:30 na Gaia dos Nenos PREPARACIÓN CONSCIENTE AO PARTO E NACEMENTO.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Area Central.

Ás 18:00 Contando en feminino: Lisistrata no CSC de Santa Marta



DOMINGO 5 DE XUÑO Día Mundial do Medioambiente

Ás 11:30 Ximcana Ambiental no CIAC.

A partir das 12 tedes o FESTEO no Concello de Teo.

Ás 13h. Clausura do BateBatuke cun gran pasarrúas pola Zona Vella.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 17:00 saíndo da Cafetería da Granxa do Xesto: Roteiro Interpretativo: O solo da Selva Negra.


Tede en conta que nalgunhas actividades fai falla inscribirse! :)
Esperamos que o sol quede toda a fin de semana. Gozade! 
Comentade aquí se falta algo ou envíadenos un mail a compostelamiuda@gmail.com

E xa sabes, se esta axenda éche de utilidade...compartea! Grazas! 

jueves, 26 de mayo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 27, sábado 28 e domingo 29 de maio de 2016



VENRES 27 DE MAIO

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública Ánxel Casal "17 de Maio, Día das Letras Galegas" na Sala Infantil.


Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.

En ArcOsTilos seguro que hai algunha actividade para ti.

De 11-20h III Caravaning Compostela en Area Central.

Ás 16:40, ás 17:30h e ás 18:25h hai "SONSe BEBÉS" no Conservatorio Histórico de Santiago.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

De 17:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

Ás 17:30h Yoga para nenos e nenas de 4 a 7 anos no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h e ás 19:00h Música para bebés na Gaia dos Nenos.

Ás 18:00h no +oensanche Centro Sociocultural "Venres en Familia: Rastrexo polo Ensanche". A partir de 5 anos acompados dun adulto.

Ás 18:30h na Casa da Cultura de Bertamiráns (Concello de Ames) espectáculo musico teatral "Canta o Cuco na casa de Manuel María) con Uxía e Magín Blanco.


Ás 18:45h Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.



SÁBADO 28 DE MAIO

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública Ánxel Casal "17 de Maio, Día das Letras Galegas" na Sala Infantil.

Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.


Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos. Aquí tedes +info sobre as outras actividades.

A partir das 10:00h "Xornada sobre comedores escolares" 

De 11-20h III Caravaning Compostela en Area Central.

De 11:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

Ás 11:30 Obradoiro experimental de arquitectura contemporánea no CGAC: SINTE Kazuyo Sejima SANAA. Da tradición á vangarda. (Prazas esgotadas).

Dende as 12:00 ata as 22:00h "100 anos da Irmandade da Fala de Santiago". Nesta páxina podes consultar o programa. 

Ás 12:00h. Roteiro de Biodiversidade na cidade organizado polo CIAC.

Ás 12:00h. Ciclo de Cultura contemporánea "Nexos infantil": "O Turismo:entre o parque de atraccións e as invasións bárbaras" na Cidade da Cultura

Ás 12:00 no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: CONTACONTOS INTERPRETADO NA LINGUA DE SIGNOS

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta estará Migallas Teatro con "Pan de Millo"

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Area Central: 'Cociñ-Arte: Especial Caravaning'



DOMINGO 29 DE MAIO



Exposición EEI Milladoiro con Granell na Fundación Granell.


De 11-20h III Caravaning Compostela en Area Central.

De 11:00 a 21:00h no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela "DINO EXPO XXL.

Ás 11:30 Obradoiro experimental de arquitectura contemporánea no CGAC: SINTE Kazuyo Sejima SANAA. Da tradición á vangarda. (Prazas esgotadas).

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.

Pásadeo ben e desfrutade en familia desta última fin de semana do mes de maio. Comentade aquí se falta algo ou envíadenos un mail a compostelamiuda@gmail.com

Se esta axenda éche de utilidade...compartea! Grazas!