Mostrando entradas con la etiqueta festas Santiago con nenos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festas Santiago con nenos. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: venres 29, sábado 30 e domingo 31 de xullo de 2016


E ala, aló vai o mes de xullo!!!

VENRES 29 DE XULLO

Mostra bibliográfica "Un mar de libros" na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal 

Ás 13:30 "Vía Sacra 5 Estrelas Fest" A XANELA de CRECHAS World Music Sesion + Dj Chiri e convidados na terraza da Casa das Crechas en Santiago de Compostela.

Ás 17:00 Concurso de probas do Museo de Historia Natural.

De 17:30 a 19:00h "Ruta sobre a biodiversidade urbana" Centro De Interpretación Ambiental, paseo circular para coñecer as hortas e tratar da biiodiversidade.

Ás 18:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Pajarito. 

Ás 18:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Santi le Chane. 

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Nono.

Ás 20:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Kote Malabar. 

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa:  Isla le Triska


SÁBADO 30 DE XULLO

Ás 11:00 VISITAS CONTADAS con TEP Teatro En Punto ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Ás 11:00h CANS CON FLOW "Taller de graffiti" con Can Cun Quinqué no Centro Sociocultural de Pontepedriña.






Ás 11:30 h. Verán en Verde: Ruta Biodiversidad Urbana. Salida desde el CIAC (inscripción: ciac@santiagodecompostela.org )

DÍA DO TRAXE GALEGO. Programa especial


  • 11.30 h. Concentración de participantes na Alameda e desfile ata a Praza do Obradoiro
  • 16.00 h. Concentración de participantes no certame de traxes en San Domingos de Bonaval
  • 19.30 h. Desfile de traxes tradicionais desde Bonaval ata a Praza da Quintana
  • 20.00 h. Exhibición, concurso de traxes e entrega de premios.
Ás 17:00h no CSC Pontepedriña "Taller de Break Dance" con Can Cun Quinqué no CANS CON FLOW.

Ás 18:00h "Competición de Break Dance" no CSC Pontepedriña no CANS CON FLOW.
  
Ás 18:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Kote Malabar. 

Ás 20:00 na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Antuán de Lacrem. 

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa:  Pajarito


DOMINGO 31 DE XULLO 

Ás 12:00 Concerto Banda de Música da S.R San Xoán de Calo na Praza das Praterías.

Ás 13:30 Concerto da Banda Municipal de Música de Compostela no Campo de Festas de Amio.

Ás 18:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Manualidades. 

Ás 20:00 na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa: Antuán de Lacrem. 

Ás 20:30 na Praza das Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa:  Cigâni

23:30 Fogos Fin de Festa no Campus Sur.

jueves, 14 de julio de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana:venres 15, sábado 16 e domingo 17 de xullo de 2016


Como vos senta estar todo o día fora, escoitar @s MIÚD@S gritar no parque, xogar ca auga no xardín, o sol, o coche cheo de maletas e xoguetes para a praia, o fresco do bosque, escoitar as gaibotas en Muros, Vilagarcía ou Aldán... Ahhhhh é verán!
...pero en Compostela tamén hai cousas que facer, eh!!! Entre o circo nas prazas, Star Wars en Area central e os obradoiros da Feira Arte y San non sei moi ben que elexir, porque tamén está a festa do escalo en Chaian, Raquel Queizas no Obradoiro e máis obradoiros no Museo de Historia Natural, Fundación Granell.... Lede vos mesm@s!

VENRES 15 DE XULLO

Continúa a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

De 8:30 a 14:30h "Un mar de libros" na Sala Infantil da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, unha colección de guías para planear viaxes e mostra das viaxes imaxinadas por outros como Jules Verne ou Jack London 

De 11 a 14h. Obradoiro lúdico infantil a propósito da exposición"As rúas contan que...": "Curadoría petit-crítica" por Desirée Vidal Juncal na Zona C.

Ás 11:30 Obradoiro infantil 'Abrollarela' de tambores para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 12:30 primeira actuación da Cía Comediantes Intinerantes (Mañás de verán de Conxo) na Praza da Merced en Conxo.

Ás 13:15 actuación da Cía Comediantes Intinerantes (Mañás de verán de Conxo) no Campo de Conxo.

A partir das 17:00h na Alameda en Santiago de Compostela, "Xornada de xogos populares" programación das Festas do Apóstolo 2016.

De 17:00 a 19:00 h. Taller infantil 'Abrollarela' de duendes y hadas para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

De 17:00 a 18:30 h. Taller infantil de tinguido ao engrudo para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 18:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina".

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "NONO".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Autoestopista Intergaláctico".



SÁBADO 16 DE XULLO

Festival do Estío en Vilagarcía de Arousa, concertos, xogos e máis durante todo o día: Paco Nogueiras, Oviravai, A Gramola Gominola, Sons Miúdos...

Última fin de semana para ver a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela (e de 18 a 20 hai Photocall).

De 11:30 a 13:30 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela' de bolsas customizadas para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 11:00 Visitas contadas no Museo das Peregrinacións.

De 11 a 14:00h. Trucos para orientarte nun bosque no Museo de Historia Natural.

Ás 12:00h no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental) "Obradoiro de iniciación á observación de aves".

De 12 a 14 e 17 a 20 Obradoiro os vermes da seda na Fundación Granell.

Ás 12:15h na Praza do Obradoiro "Contos con Raquel Queizás" Reta3 móvete pola diabete para axudar a ANEDIA (Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia). 

De 17:00 a 19:00 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela' de bonecos de trapo para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

De 17:00 a 18:30 h Obradoiro infantil de tinguido con cintas ao alcohol sobre polyart na Feira Arte y San

De 18:00 a 20:00h en Área Central, Santiago de Compostela, "Photocall da Tropa Korriban Star Wars Galicia" con motivo da exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada"

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Cirkote".

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Manualidades".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina". 



DOMINGO 17 DE XULLO

Festa do escalo en Chaian (na competición de pesca hai categoría infantil e xuvenil!)

Último día para ver a Exposición "Mitos dunha galaxia moi afastada" en Área Central, Santiago de Compostela.

De 11:00 a 13:30 h. Obradoiro infantil 'Abrollarela': 'Conto interminable' para nenos e nenas a partir de 6 anos na Feira Arte y San

Ás 18:30h na Praza de Praterías en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Autoestopista Intergaláctico".

Ás 19:30h na Praza da Quintana en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Guille Solo".

Ás 20:00h na Praza do Toural en Santiago de Compostela na Programación de Circo na Rúa en Compostela "Circo Medina".