Mostrando entradas con la etiqueta Compostela MIÚDA organiza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Compostela MIÚDA organiza. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de abril de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: sábado 16 e domingo 17 de abril de 2016




Et voilá... a nosa axenda MIÚDA da fin de semana do 16 e 17 de abril! Gozade!

SÁBADO 16 DE ABRIL 

Mostra bibliográfica “Hans Christian Andersen” e Contos Chinos na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos.

Ás 10:30h  charla "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con Laura Perales

Ás 10:30h reunión aberta de O parto é noso no Centro Sociocultural de Conxo.

Ás 11:00h na Escola do Medio "Ritmo para bebés".

De 11:30 a 13:00h "APRENDENDO A COMER SAN" obradoiro de cociña de Afundación (Santiago de Compostela) para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

De 11:30 a 12:00h "STORYTELLING: THE TINY SEED" no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela; para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Ás 12:00h Pre-circo para nenos e nenas de 3 a 5 anos e obradoiros para nenos e nenas de 5 a 9 anos e de máis de 10 anos en Circonove, nave de circo en Santiago de Compostela.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Os sábados, choiva de contos" GLUB a cargo de Ramiro Neira para bebés de 0-3.

Ás 12:00h Grupo de Calceta en Gaia dos Nenos, Santiago de Compostela.

De 16:00 a 20:00 "OBRADOIRO DE ROBÓTICA" en VermisLAb, Santiago de Compostela.

Ás 17:00 "OBRADOIRO DE COSMÉTICA NATURAL" no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) no parque de Belvís.  

Ás 17:45 O NOVATO nos cines NUMAX.


Ás 18:00h "PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO "A MÚSICA DAS ÁRBORES"" na Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela.

De 18:00 a 20:00h "OBRADOIROS INFANTÍS EN ABRIL AUGAS MIL" en Área Central, Santiago de Compostela.

Ás 18:00h "A DANZA DA CHOIVA"  no Auditorio Municipal de Cerceda a cargo de Elefante Elegante.

Ás 18:00 Escena en familia na Sede da SGAE, Títeres Cachirulo representa A Guerra das Galicsias.

Ás 19:00h "ENCONTRO DE COROS E PANDERETEIRAS" en Área Central, Santiago de Compostela.

Ás 21:30h no Pico Sacro "OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS" organizado polo Concello de Boqueixón.

DOMINGO 17 DE ABRIL

Ás 12:30 Escena en familia na Sede da SGAE, Títeres Cachirulo representa A Guerra das Galicsias.

Ás 15:45 O NOVATO nos cines NUMAX.

Ás 16:30 e 19:00h. no Palacio de Congresos podremos ver DIEZ! de Cantajuego.

Se vedes que falta ou sobra algo agradeceriamovolo moito se nos avisasedes! 
Que pasedes unha boa fin de semana e esperemos que sexa moi primaveral!

jueves, 28 de enero de 2016

Compostela MIÚDA organiza unha charla-obradoiro con LAURA PERALES

Cheguei a esto da crianza pensando que ía facer as cousas dun xeito e estounas facendo doutro, afortunadamente, creo; seguindo o instinto de muller, de nai, lendo, compartindo en tribo, aprendendo... E necesito continuar con este proceso, necesito continuar crecendo.

Se a ti che pasa igual como a min, escollimos a persoa perfecta para que te acompañe, para que che dea novos estímulos, para que che preste a súa axuda, para que che ofreza ferramentas ou outra perspectiva, nos momentos nos que non sabes como seguir ou que facer. Neses momentos nos que che gustaría saír á rúa e gritar ou nos que tranquilamente te preguntas como se podería facer doutro xeito.

Dende Compostela MIÚDA, organizamos unha charla-obradoiro con LAURA PERALES BERMEJO, de Crianza Autorregulada!!!

Laura é un referente na psicoloxía a nivel nacional. É mamá, psicóloga infantil especializada en prevención, psicóloga perinatal e psicóloga reichiana para adultos. É presidenta da Plataforma pola Crianza con Respeto.
O enfoque de Laura engloba a Psicoloxía Reichiana (paradigma elaborado por Wilhelm Reich, impulsor da sexoloxía científica, a medicina psicosomática, a psicoterapia corporal, a prevención psicosocial da neurosis dende a primeira infancia e a ecoloxía humana), a Teoría do Apego e a Psicoloxía Humanista
Laura considera que o seu traballo é a comprensión da necesidade de cambio no trato á infancia para cambiar o mundo.
 
Esta charla-obradoiro vai sobre a COMUNICACIÓN C@S NEN@S. 
Parécenos un tema esencial, unha boa idea de traballar sobre el con Laura, porque a comunicación é moi importante e é imposible non comunicar! Facémolo sen pensar, sempre. Ademáis por suposto que é tamén unha fonte inagotable de queixas dos pais e das nais. Ou non vos oíchedes dicir algunha vez, algunha destas frases: "É que non che me fai caso ningún, por un oído lle entra e polo outro lle sae!" "Se non lle repito as cousas 20 veces non as fai!"
Ou non vos fixéchedes algunha desas preguntas: "E que lle digo cando me pregunte polo sexo? Cigoña? París? Como era o conto?" ou "E como lle digo para que entenda que non se pega, que non pode morder ou bater ou cando non entende que é un bebé!?"

Apuntade as vosas dúbidas e vinde o sábado 20 de febreiro de 11:00 a 14:00hEscola Unitaria
na Calzada de San Pedro s/n en Compostela para ter a oportunidade de traballar con Laura a comunicacion c@s vos@s fill@s. 

É unha oportunidade importante porque cambiamos o mundo tódolos días cos nosos actos e podemos facelo para mellor, seguindo as propias verbas de Laura: "debemos adecuarnos a lo que entiende y pretende el niño en la etapa en la que se encuentra y pensar en ellos y no en lo que juzgue la sociedad, ya que tenemos una gran responsabilidad que va más allá de nuestros hijos. Es el cambio necesario en el mundo".
 
IMPORTANTE:
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 10 de febreiro. Se queres que se leve a cabo esta charla-obradoiro Inscríbe e implícate!
Prezo: 15€ por persoa e 25 por parella antes do 10 de febreiro, despois 20€ persoa e 30€ parella. Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción. Para máis información consulta abaixo na imaxe ou mandanos un correo a compostelamiuda@gmail.com

Grazas por ler, compartir e participar!