Mostrando entradas con la etiqueta santiago de compostela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta santiago de compostela. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de abril de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: sábado 16 e domingo 17 de abril de 2016




Et voilá... a nosa axenda MIÚDA da fin de semana do 16 e 17 de abril! Gozade!

SÁBADO 16 DE ABRIL 

Mostra bibliográfica “Hans Christian Andersen” e Contos Chinos na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos.

Ás 10:30h  charla "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con Laura Perales

Ás 10:30h reunión aberta de O parto é noso no Centro Sociocultural de Conxo.

Ás 11:00h na Escola do Medio "Ritmo para bebés".

De 11:30 a 13:00h "APRENDENDO A COMER SAN" obradoiro de cociña de Afundación (Santiago de Compostela) para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

De 11:30 a 12:00h "STORYTELLING: THE TINY SEED" no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela; para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Ás 12:00h Pre-circo para nenos e nenas de 3 a 5 anos e obradoiros para nenos e nenas de 5 a 9 anos e de máis de 10 anos en Circonove, nave de circo en Santiago de Compostela.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Os sábados, choiva de contos" GLUB a cargo de Ramiro Neira para bebés de 0-3.

Ás 12:00h Grupo de Calceta en Gaia dos Nenos, Santiago de Compostela.

De 16:00 a 20:00 "OBRADOIRO DE ROBÓTICA" en VermisLAb, Santiago de Compostela.

Ás 17:00 "OBRADOIRO DE COSMÉTICA NATURAL" no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) no parque de Belvís.  

Ás 17:45 O NOVATO nos cines NUMAX.


Ás 18:00h "PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO "A MÚSICA DAS ÁRBORES"" na Gaia dos Nenos en Santiago de Compostela.

De 18:00 a 20:00h "OBRADOIROS INFANTÍS EN ABRIL AUGAS MIL" en Área Central, Santiago de Compostela.

Ás 18:00h "A DANZA DA CHOIVA"  no Auditorio Municipal de Cerceda a cargo de Elefante Elegante.

Ás 18:00 Escena en familia na Sede da SGAE, Títeres Cachirulo representa A Guerra das Galicsias.

Ás 19:00h "ENCONTRO DE COROS E PANDERETEIRAS" en Área Central, Santiago de Compostela.

Ás 21:30h no Pico Sacro "OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS" organizado polo Concello de Boqueixón.

DOMINGO 17 DE ABRIL

Ás 12:30 Escena en familia na Sede da SGAE, Títeres Cachirulo representa A Guerra das Galicsias.

Ás 15:45 O NOVATO nos cines NUMAX.

Ás 16:30 e 19:00h. no Palacio de Congresos podremos ver DIEZ! de Cantajuego.

Se vedes que falta ou sobra algo agradeceriamovolo moito se nos avisasedes! 
Que pasedes unha boa fin de semana e esperemos que sexa moi primaveral!

viernes, 8 de abril de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! axenda MIÚDA da fin de semana: sábado 9 e domingo 10 de abril de 2016





SÁBADO 9 DE ABRIL

Mostra bibliográfica “Hans Christian Andersen” na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos.

Ás 10:30 Roteiro polo Sarela: buscando prantas medicinais organizado polo Centro Sociocultural O Ensanche.

Ás 11:00h na Escola do Medio "Ritmo para bebés".

De 11:30 a 13:30h na Gentalha do Pichel temos "Danza Africana en Familia".

De 11:30 a 13:30h Obradoiro de Cociña organizado por Afundación: "APRENDENDO A COMER SAN" para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Ás 11:30h. Obradoiro infantil de Haikus, en Aire  Centro de Arte.

Ás 12:00h en Vilamincha "Nini no planeta dos iguais" para nenos e nenas de 3 a 12 anos a cargo de Nekané Fernández.

Ás 12:00 O conto da princesa Kaguya nos cines NUMAX.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Os sábados, choiva de contos" TIRANDO DO FÍO contos para todos e todas a cargo de Fátima Villamel para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Ás 12:00h Grupo de Calceta en Gaia dos Nenos, Santiago de Compostela.

Ás 12:00h Pre-circo para nenos e nenas de 3 a 5 anos e obradoiros para nenos e nenas de 5 a 9 anos e de máis de 10 anos en Circonove, nave de circo en Santiago de Compostela.

Ás 17:00h e ás 19:00h "Carapuchiña Vermella, o musical" no Teatro do Colexio La Salle a cargo de Educateatro Produccións.

Ás 17:00h Curso de Encadernación copta para encadernadores maiores de 14 na Ciadade da Cultura.

Ás 18:00h. na Igrexa da Universidade hai  un obradoiro de coaching para mulleres embarazadas   XESTANDO EN CÍRCULO. Organiza 7H Cooperativa Cultural.

Ás 18:00h. na Sede da Fundación SGAE representaráse O Ogrocho de Teatro de Ningures.

De 18 a 20:00 'Sábados Creativos. Obradoiro 'Especial print-art. As formas máis creativas de debuxar' en Area Central.

Ás 19:00h comezará o espectáculo de máxia para toda a familia Ilusionante de Pedro Volta no Auditorio Abanca.

Ás 19:00h no Auditorio do Multiúsos do Concello de Rois "Xente miúda moita fartura" de Pablo Díaz dentro do Programa de dinamización lingüística FalaRedes.



DOMINGO 10 DE ABRIL

Ás 10:00h Andaina solidaria en favor de UNICEF saíndo da Praza de Europa (Area Central).

Ás 12:30h. na Sede da Fundación SGAE representaráse O Ogrocho de Teatro de Ningures.

Ás 15:45 O conto da princesa Kaguya nos cines NUMAX.

Ás 18:00h no Auditorio Municipal de Valga "Contando cousas e cousiñas" para nenos e nenas a cargo de Raquel Queizás.

Ás 18:00h poderá verse o espectáculo musical "Teatro de Guiñol" de Pirilampo no Salón Teatro de Santiago.


Se vedes que falta ou sobra algo avisádenos comentando aquí ou mandando un e-mail a compostelamiuda@gmail.com (aquí tamén nos encantará recibir as túas actividades e eventos para o mundo MIÚDO). Grazas!
Que teñades unha fin de semana de luminosa!



martes, 22 de marzo de 2016

CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO



Que? CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 16 de abril de 10:30 a 14:00h.
Onde? Rúa Letonia nº2 no Parque empresarial Costa Vella en Santiago de Compostela. 
A quen vai dirixido? nais, pais, embarazadas, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres) e demáis persoas interesadas
Acompañannos: Wish Cake que nos terá preparada unha lamberetada no descanso, e Educultoras, s. coop. galega que estarán c@s MIÚD@S que veñan cos seus pais nun obradoiro MIÚDO.
 
Despois dunha fin de semana moi especial de crianza en febreiro (podedes ler o artigo que escribimos despois aquí), da que gardamos moi bo recordo, temos a sorte de que volve Laura Perales para falarnos sobre a etapa do desenvolvemento infantil de 0 a 3 anos. A idea, é que volva dúas veces máis, para falar da infancia e da adolescencia, e así con esta triloxía abarcar todas as etapas do desenvolvemento dende o nacemento ata a adolescencia. Estes temas foron ademais pedidos polas persoas que acudiron á primeira charla con Laura.

Seguimos ca idea que esa responsabilidade fermosa que empezamos a levar nais e pais en canto a muller se queda emarazada é a chave para moitas cousas... Para criar @ nos@ fill@ con respeto e amor, crecer nos mesm@s ao facelo e quizais facer así do mundo un lugar un pouco mellor. Ou falando máis práctico: facernos con ferramentas que farán máis fácil que as cousas fluan, ter recursos para non desesperar cas moitas situacións novas cas que nos atopamos tódolos días e das que ao mellor ninguen nos falou ou non como a nos nos gustaría. En Laura temos un exemplo interesante de como se pode facer. E o que máis nos gusta de Laura é precisamente que é directa e que o que propón sempre é moi ligado á práctica. Son consellos que se poden aplicar no mesmo día! 


A charla "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" abarcará o periodo de desenvolvemento dende a concepción ao terceiro ano, o continuum, etapas do desenvolvemento infantil, emocións infantís, comunicación c@s nen@s, límites, sexualidade infantil, rabietas, conflitos, medos, celos..., sendo o obxectivo que as persoas asistentes integren bastante coñecemento para que se poida producir un cambio de chip importante que lles axude no día a día coa crianza d@s seus fill@s ou no seu traballo como profesionais da infancia. 

A necesidade de amor, de contacto, as demais necesidades que teñen @s miúd@s de 0 a 3 anos, cómo lle damos resposta, e cómo explica todo isto a Teoría do Apego.

A "mamitis" é sana, a dependencia nos primeiros anos é natural e sana. O contacto, o amor, os brazos e os abrazos son unha necesidade básica nos bebés. 

As rabietas, son a expresión dunha emoción. Un nen@ de 0 a 3 anos non nos está manipulando porque non pode facelo, non está desarrollado suficientemente o seu cerebro como para iso. A rabia é unha emoción sana, que debe ser expresada, pero aos pais nos costa moito, debido ao que temos vivido.

Se cando che din que non o collas tanto que se vai a malacostrumbrar por telo no colo...algo se che remove dentro...non podes perderte esta charla.
 


O coste da primeira charla é de 17€ persoa - 27€ parella se te matriculas antes do 6 de abril, e de 22€ persoa - 32€ parella dende o 7 de abril ata completar aforo.
Se ves con nen@s, educultoras teñen preparado un obradoiro no tempo que dura a charla. O coste para as 3 horas e media son 6€ polo primeiro fill@, 3 pol@ segund@ e a partir d@ terceir@ poden acudir gratis.
Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción.
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 6 de abril. 

Se queres que se leve a cabo esta charla inscríbete, e implícate! 
Comparte e participa!
Matrícula e +info: compostelamiuda@gmail.com
Moitas grazas!




viernes, 4 de marzo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! axenda MIÚDA do sábado 5 e domingo 6 de marzo




SÁBADO 5 DE MARZO DE 2016

XXI edición da Festa da Arribada de Baiona. Consulta aquí o Programa.

Mostra bibliográfica “Teatro e poesía infantil” na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

2ª Feira de Minerais en Area Central.

A partir das 10:30h no Parque de Bombeiros (ía ser na Praza do Obradoiro pero polo mal tempo trasládase) en Santiago de Compostela, os Bombeiros celebran o seu día (que é o 8 de marzo) amosando o seu traballo diario con exhibicións de rescate en altura, excarceracións de vehículos, e obradoiros sobre mercadorías perigosas. Tamén haberá actividades para os máis pequenos da casa.

De 10:30 a 13:30h no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela obradoiro: "Que son os xenes?" a cargo de MªJosé López Fernández, doutora en Biloxía, especialista en Zooloxía e Daniel Castro Fernández, licenciado en Bioloxía e investigador en formación da USC; para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.   

Ás 11:00h. na Escola do Medio hai Ritmo para bebés.

De 11:00 a 13:30h en VilaminchaObradoiro de ciencia musical para nenos e nenas a partir de 9 anos. 


De 11:30 a 13:30h obradoiro de cociña: aquí comemos todos: receitas sen glutenl lactosa e ovo na Sede Afundación, na Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela. Para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Ás 11:30h "A viaxe de Rosalía" no Local Multiusos do Concello de Frades, a cargo da actriz Larratiz Urruzola.   

Ás 11:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta obradoiro "Bunny napkin ring", para nen@s de 3 a 12 anos. 


De 11:30 a 13:30h en Espazo 90 obradoiro creativo "Así de sábado pola mañá" para nenos e nenas de máis de 6 anos organizado por Axouxeres e chisqueiros.


Ás 12:00 na Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS


En Circonove tedes ás 12:00 Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

Ás 12:30h en A Estrada, espectáculo de Teatro Infantil "Luppo" de Baobab Teatro.

De 17:00 a 21:00h photocall histórico con Julio César no  Centro Comercial As Cancelas Santiago de Compostela coa Gran exposición divulgativa “Un Paseo por la Historia". Podes participar ademáis no sorteo dun reloxio.

Ás 17:30 temos a Ludoteca de Findes na balea na Cidade da Cultura.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta "Baleadas" proposta da Compañía Traspediante para toda a familia.

Ás 18:00h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, "Cucú Tastás" de Títeres Cachirulo.


De 18:00 a 20:00h. "Sábados creativos" en Área Central, que con motivo da 2ª Feira de Mineiras versará sobre estes, podendo crear @s miúd@s as súas propias pedras preciosas e xogar con elas. A cargo de Planeta Shalom.

Ás 21:00h na Sala Capitol, "Galadas" espectáculo multidisciplinar, dirixido por Mercedes Peón e protagonizado por diferentes mulleres de diversas disciplinas artísticas: Janet NovásMónica de NutLucía AldaoYolanda Castaño, Ana García e o broche final das ‪#‎TocadorasdeToutón‬; para celebrar o 8 de marzo.



DOMINGO 6 DE MARZO DE 2016

XXI edición da Festa da Arribada de Baiona. Consulta aquí o Programa.

2ª Feira de Minerais en Area Central.

Ás 12:00h Rapsodia para saxofón baritono no Teatro Principal de Santiago de Compostela a cargo da Banda Municipal de Santiago de Compostela.

Ás 12:30h na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, "Cucú Tastás" de Títeres Cachirulo.



Ás 18:30h no Auditorio Municipal de Cerceda,"A viaxe de Rosalía" a cargo da actriz Larratiz Urruzola

E como sempre, se vedes que falta algo comentadeo ou mandádenos un e-mail a compostelamiuda@gmail.com!
Que teñades unha fin de semana chea de ledicia!


sábado, 27 de febrero de 2016

Loba Film e Crianza Autorregulada...algo está mudando en Compostela




Esta fin de semana pasada foi temática. Acodimos moitas a dous eventos que parecían programados a posta na mesma fin de semana: A charla de Laura Perales (psicóloga infantil, crianza autoregulada) sobre a comunicación c@s nen@s organizado por Compostela MIÚDA e a estrea da documental Loba de Cathérine Bechard á que ela mesma asistiu e que foi amadriñado por Aloumiños e por nós.

Foi unha sorte ter aquí a dúas mulleres de semellante talla, a dúas profesionáis deste nivel!

Laura Perales, que veu dende Madrid co primeiro avión e marchou pola noite no último despois de estar tamén en Lugo para compartir o seu saber con familias de alá, deu unha charla-obradoiro en Santiago da que queremos destacar a súa adicación ao público presente que enchía o espazo, porque xa días antes non había praza libre. 

Outra cousa que as nais e os pais presentes agradeceron moito foron os consellos prácticos que daba, listos para usar na casa. Ademáis gustounos moito a súa maneira directa e clara de expoñer o que nos viña a dicir. Esperamos poder anunciar pronto outra charla dela.

Unha cousa en común destes dous eventos dirixidos por Laura Perales e Chathérine Bechard é a conclusión de que fai falla tribo. Laura mencionou un dato importante ao inicio da súa ponencia: as mulleres (ou persoas maternantes) estamos soas na crianza. A ausencia da familia tradicional e a vida na cidade fai que pasemos a maioría do día soas c@s nos@s fill@s ata que @s mandemos á gardería e ao cole. 

Tamén despois da proxección de Loba falouse da importancia da tribo, de poder compartir emocións, alegrías, dúbidas, preocupacións e (por que non) impulsar o cambio... e coincidimos en que aínda que unha vantaxa da nosa era tecnolóxica é ter ás redes sociais, e o móbil para comunicarnos, son imprescindibeis as reunións presenciais, o territorio. 

Sona ridículo mencionalo, pero cada vez fai máis falta lembrar que é algo ben diferente verse en persoa que comunicarse a través dun aparato con pantalla luminosa. A nosa vida virtual non chega como único xeito de comunicar, porque a comunicación é moito máis que as palabras.

Moitas de nós coincidimos nos dous eventos e moitas coincidimos tamén en que hai que movilizarse, en que hai que xuntarse, facer tribo e seguir iniciando o cambio ao que se ten que estar dirixindo a sociedade, porque o momento que vivimos non pode ser sostible por moito tempo máis. 

Déronnos ás as palabras de Bechard que dicía que a súa película que fixo xunto á súa filla, empregando o seu tempo e o seu diñeiro, está sendo un fenómeno en España onde as mulleres teñen moitas ganas de cambialas cousas no que se refire ao parto. Según ela e polo contrario iso non pasa en Francia, onde as matronas asisiten de maneira ilegal a partos na casa porque non se poden permitir pagar un imposto de 19.000€ ganando uns 22.000€ ao ano e as mulleres se toman os partos que lles propón (ou impón) o goberno nos seus hospitais de xeito moito máis conformista.

Unha e outra vez atopámonos ca importancia de estar unid@s para conseguir cousas, de que as persoas que loitan por achegarse a metas parecidas ou iguais o fagan conxuntamente aínda que sexa dende asociacións ou agrupacións con nomes diferentes.

Agora ven o máis difícil e é que todo o vivido e sentido nesta fin de semana de crianza, que ten as súas raices no parto, non quede aí, non quede atrás. Chamádeme romántica (aínda que un pouco de romanticismo nunca ven mal), pero penso que entre tod@s podemos crear un mundo novo, un mundo diferente, porque que o noso non funciona, vémolo día a día. Laura deu moitas ideas de como podemos facelo, de como vivir doutra maneira, de como criar doutra maneira. E Catherine recordounos que todo isto comeza no momento máis importante dunha persoa. No seu parto! Armémonos (sentido figurado, parece que isto hai que deixalo ben claro para non acabar no carcere), temos que intentalo! Non temos nada que perder. 
A polo cambio!



viernes, 26 de febrero de 2016

AXENDA MIÚDA DO SÁBADO 27 E DOMINGO 28 DE FEBREIRO: LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!



Velaquí tedes a axenda MIÚDA da fin de semana.

SÁBADO 27 DE FEBREIRO 2016

Mostra bibliográfica O entroido na Biblioteca Pública Ánxel Casal.
De 10:00 a 14:00h no Auditorio de Galicia visita guiada á exposición "Salto de páxina" e obradoiro didáctico en familia.

De 10:30 a 12:00h na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos "Arcoschef junior" obradoiro de cociña no que nenos e nenas de 3 a 7 anos farán sushi de froitas.
Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés. 
De 11:30 a 13:30h "Le Corbusier. A arquitectura en cinco puntos" no Centro Galego de Arte Contemporánea taller experimental de arquitectura contemporánea para nenos e nenas de 6 a 8 anos. 

De 11:30 a 13:30h obradoiro de cociña: aquí comemos todos: receitas sen glutenl lactosa e ovo na Sede Afundación, na Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela. Para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

De 11:30 a 13:30h en Espazo 90 obradoiro creativo "Así de sábado pola mañá" para nenos e nenas de máis de 6 anos organizado por Axouxeres e chisqueiros.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal para nenos e nenas de 3 a 12 anos, Os sábados choiva de contos:"Contacontos interpretado na lingua de signos". A cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

Ás 12:00h en Circo Nove, nave de circo  Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00h grupo de calceta en Gaia dos Nenos.

De 12:00 a 13:30h na Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos "Arcoschef junior" obradoiro de cociña no que nenos e nenas de 8 a 12 anos farán sushi de froitas.

Ás 17:00h Findes na Balea, na Cidade da Cultura de Galicia, no Museo Centro Gaiás. Ludoteca para nen@s de 4 a 12 anos.


Ás 17:30h no Brevanx tarde de debuxo. @s MIÚD@ que vaian debuxaran algo sobre Brevanx e o sábado 5 de marzo, aniversario de Brevanx, farán un sorteo.

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Área Central, Cociñ-Arte: Ao rico inverno! con Planeta Shalom.

Ás 18:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche charla "unha horta no balcón".

Ás 18:00h A caixa de Nuk da Compañía A Xanela do Maxin dentro do ciclo "Escena en Familia" na Fundación SGAE en Santiago de Compostela.
  

Ás 19:00h atranque dos Xenerais da Ulla (Entroido rural tradicional) en A Estrada, en Arnois e en Santeles.

Ás 19:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta Teatro para todos os públicos co gallo da Semana de Shakespeare e Cervantes "Ñaque o de piojos y actores" a cargo da Compañía de Teatro Allegro.


DOMINGO 28 DE FEBREIRO 2016

Ás 11:00 no Campo de Fonseca no Campus Vida Liga Galega de Kidditch (mestura de rugby, balonman e brilé baseada na pelis de Harry Potter) entre os equipos Dementores de A Coruña, Pontevedra y Lumos Compostela.


De 11:30 a 13:30h "Le Corbusier. A arquitectura en cinco puntos" no Centro Galego de Arte Contemporánea taller experimental de arquitectura contemporánea para nenos e nenas de 9 a 11 anos. 

Ás 12:30h no no Centro Sociocultural de Santa Marta a Banda Municipal de Santiago de Compostela concerto: Cervantes e Shakespeare. Achégamonos oa Quixote ou a Otelo a través da música. 

Ás 12:30h A caixa de Nuk da Compañía A Xanela do Maxin dentro do ciclo "Escena en Familia" na Fundación SGAE en Santiago de Compostela.

De 16:30 a 20:30 no Multiusos Fontes do Sar actividades para nenos e nenas ata 12 anos: inchables, camas elásticas e xogos.

Ás 17:00h Findes na Balea, na Cidade da Cultura de Galicia, no Museo Centro Gaiás. Obradoiros fotográficos "Imos de Romaría" para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Ás 17:30h no CIAC "Reinventamos un pueblo" dentro do Ciclo de Cinema Ambiental: Butaca Verde.

Ás 18:00h no Auditorio municipal de Valga, Producións Dispersas co seu espectáculo "O souto dos prodixios".

Se vedes que falta algo, comentade aquí ou escribídenos a compostelamiuda@gmail.com
Que pasedes unha divertida e interesante fin de semana!