Mostrando entradas con la etiqueta embarazadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta embarazadas. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de abril de 2016

Compostela MIÚDA recomenda: Embarazadas Galicia




Eu, no meu embarazo sufría de insomnio, causado por un lado polo síndrome das pernas inquietas e polo outro por ansiedade. Si, ansiedade. Meteuseme na cabeza que tiña que arranxar toda a miña vida antes do parto. E a miña ansiedade aumentaba cada día porque claro, non daba feito o que me propuxera. Todo o contrario! Escapábaseme todo cada vez máis! Cousa normal polos cambios tanto físicos como psíquicos que se producen nunha muller no embarazo. O mellor que se pode facer é deixarse ir en vez de tratar de agarralo todo como perlas que caen dun colar roto. En fin. E iso o que pasa. Adéntraste cada vez máis en terra descoñecida e as veces sínteste moi soa en tódolos sentidos. Que sorte que tiven a Embarazadas Galicia. Non me acordo moi ben quen me recomendara este grupo (porque daquela era "so" un grupo en facebook), pero si que recordo ben a primeira vez que escribín unha consulta. Eran, eu que sei, as tres ou catro da mañá e eu estaba desperta como de costume, pero tamén agobiada. Iso non me pasaba tan a miúdo, recordo unha manchea de veces e non era nada agradable. Desesperada preguntei que podía facer nas Embarazadas Galicia e tiven unha contestación aos 3 minutos. Creo recordar que chorei de alegría e emoción por sentirme comprendida e acompañada. Pois isto para min é Embarazadas Galicia. Atopar información ou solicitala, sentirse comprendida, acompañada e axudada ou comprender, acompañar e axudar, compartir medos, inseguridades e experiencias tanto do embarazo como do que pode haber antes e do que ven despois. E por suposto non pode faltar botarse unhas risas ou lágrimas... para iso está Embarazadas Galicia. Para sentirse parte dunha comunidade xenerosa e moi especial ca súa creadora María Porto e a colaboradora Eva Llorca na cabeza.
A verdade é que foi e é un luxo ter a María na rede disposta a botar unha man en calquera situación que se presente. Ela sempre ten algunha palabra, algunha idea, consello, información e se non seguro que sabe quen pode axudar e por enrriba cho presenta. E creo que para as embarazadas e as xa mamás e fantástico ter un lugar onde acodir con dúbidas ou simplemente para ir pasando as entradas verse reflexadas, necesitadas ou informadas. 
Dende Compostela MIÚDA recomendámosvos que formedes parte desta tribo se para vos -e cito a Embarazadas Galicia- embarazo e parto son algo tan natural como comer e respirar. 
Podedes pedir entrar no grupo cerrado de facebook: Grupo de Embarazdas Galiciahttps://www.facebook.com/groups/embarazadasgalicia
Ou podedes seguilas na súa fanpage: https://www.facebook.com/embarazadasgalicia
ou no seu blog: http://www.embarazadasgalicia.blogspot.com.es


Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

martes, 22 de marzo de 2016

CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO



Que? CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 16 de abril de 10:30 a 14:00h.
Onde? Rúa Letonia nº2 no Parque empresarial Costa Vella en Santiago de Compostela. 
A quen vai dirixido? nais, pais, embarazadas, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres) e demáis persoas interesadas
Acompañannos: Wish Cake que nos terá preparada unha lamberetada no descanso, e Educultoras, s. coop. galega que estarán c@s MIÚD@S que veñan cos seus pais nun obradoiro MIÚDO.
 
Despois dunha fin de semana moi especial de crianza en febreiro (podedes ler o artigo que escribimos despois aquí), da que gardamos moi bo recordo, temos a sorte de que volve Laura Perales para falarnos sobre a etapa do desenvolvemento infantil de 0 a 3 anos. A idea, é que volva dúas veces máis, para falar da infancia e da adolescencia, e así con esta triloxía abarcar todas as etapas do desenvolvemento dende o nacemento ata a adolescencia. Estes temas foron ademais pedidos polas persoas que acudiron á primeira charla con Laura.

Seguimos ca idea que esa responsabilidade fermosa que empezamos a levar nais e pais en canto a muller se queda emarazada é a chave para moitas cousas... Para criar @ nos@ fill@ con respeto e amor, crecer nos mesm@s ao facelo e quizais facer así do mundo un lugar un pouco mellor. Ou falando máis práctico: facernos con ferramentas que farán máis fácil que as cousas fluan, ter recursos para non desesperar cas moitas situacións novas cas que nos atopamos tódolos días e das que ao mellor ninguen nos falou ou non como a nos nos gustaría. En Laura temos un exemplo interesante de como se pode facer. E o que máis nos gusta de Laura é precisamente que é directa e que o que propón sempre é moi ligado á práctica. Son consellos que se poden aplicar no mesmo día! 


A charla "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" abarcará o periodo de desenvolvemento dende a concepción ao terceiro ano, o continuum, etapas do desenvolvemento infantil, emocións infantís, comunicación c@s nen@s, límites, sexualidade infantil, rabietas, conflitos, medos, celos..., sendo o obxectivo que as persoas asistentes integren bastante coñecemento para que se poida producir un cambio de chip importante que lles axude no día a día coa crianza d@s seus fill@s ou no seu traballo como profesionais da infancia. 

A necesidade de amor, de contacto, as demais necesidades que teñen @s miúd@s de 0 a 3 anos, cómo lle damos resposta, e cómo explica todo isto a Teoría do Apego.

A "mamitis" é sana, a dependencia nos primeiros anos é natural e sana. O contacto, o amor, os brazos e os abrazos son unha necesidade básica nos bebés. 

As rabietas, son a expresión dunha emoción. Un nen@ de 0 a 3 anos non nos está manipulando porque non pode facelo, non está desarrollado suficientemente o seu cerebro como para iso. A rabia é unha emoción sana, que debe ser expresada, pero aos pais nos costa moito, debido ao que temos vivido.

Se cando che din que non o collas tanto que se vai a malacostrumbrar por telo no colo...algo se che remove dentro...non podes perderte esta charla.
 


O coste da primeira charla é de 17€ persoa - 27€ parella se te matriculas antes do 6 de abril, e de 22€ persoa - 32€ parella dende o 7 de abril ata completar aforo.
Se ves con nen@s, educultoras teñen preparado un obradoiro no tempo que dura a charla. O coste para as 3 horas e media son 6€ polo primeiro fill@, 3 pol@ segund@ e a partir d@ terceir@ poden acudir gratis.
Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción.
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 6 de abril. 

Se queres que se leve a cabo esta charla inscríbete, e implícate! 
Comparte e participa!
Matrícula e +info: compostelamiuda@gmail.com
Moitas grazas!