Mostrando entradas con la etiqueta Laura Perales. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Laura Perales. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de agosto de 2016

"ESCOLA E CONFLITOS" Ciclo de Conferencias sobre Crianza con A de AMOR e T de TRIBO

Con A de Amor e T de Tribo AcompañámosTe nas etapas de crear familia

LAURA PERALES: "ESCOLA E CONFLITOS"

Laura Perales


Que? "ESCOLA E CONFLITOS" charla con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 17 de setembro 2016 de 10:30 a 14:00h.
Onde?  Espazo NOVENTA, Rúa Romero Donallo nº38, Santiago de Compostela.
A quen vai dirixido? nais, pais, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres/as) e demáis persoas interesadas.
Canto custa?  Quen se apunta antes do 7 de setembro terá un desconto de 5€.
Antes do 7 de setembro: 15€ por persoa e 25€ por parella. 
Despois do 7 de setembro: 20€ por persoa e 30€ por parella. 
Se o 7 de setembro non hai un número mínimo de asistentes non poderá realizarse a charla así que inscríbete, comparte e implícate!!! (As entradas non son reembolsables, aínda que si transferibles)
Como me apunto? envíanos un mail a compostelamiuda@gmail.com cos datos (nome e apelidos e DNI) das persoas que se queren inscribir. Enviarémosche un mail de volta co número de conta para facer o ingreso e finalizar así a matrícula na charla.

Esta será xa a terceira charla que Compostela Miúda organiza con Laura Perales e como tiñamos previsto, xa que as outras charlas centráronse máis nos miúd@s máis miúd@s, de 0 a 3 anos, esta charla está centrada na infancia, a partir dos 3 anos. O tema é sen dúbida ben interesante e fonte de preocupación para tod@s: ESCOLA E CONFLITOS. Agora en setembro, tempo de volta ou inicio do cole este tema está se cabe mais candente.

Nesta charla de "Escola e conflitos" Laura Perales falará entre outras cousas:
  • periodo de adaptación escolar
  • cousas importantes a ter en conta á hora de escolarizar. É necesario?
  • necesidades d@s miúd@s segundo idade.
  • cueiro e escola. 
  • irmáns/amig@s
  • ratio, modalidade de escola e outros factores.
  • apego e posibles cambios no mesmo.
  • como acompañar. Ferramentas.
  • que fago cando o meu fill@ pega a outr@s nen@s ou a si mism@.
  • que fago cando o meu fill@ non se defende.
  • acoso escolar.       
Interesante, verdade? e que en cada etapa do desenvolvemento as necesidades d@s miúd@s son diferentes e precisamos continuar aprendendo e reflexionando sobre moitas destas cousas, para poder mudar o noso xeito de actuar con eles/as.

Laura é un referente na psicoloxía a nivel nacional. É mamá, psicóloga infantil especializada en prevención, psicóloga perinatal e psicóloga reichiana para adultos. É presidenta da Plataforma pola Crianza con Respeto.
O enfoque de Laura engloba a Psicoloxía Reichiana (paradigma elaborado por Wilhelm Reich, impulsor da sexoloxía científica, a medicina psicosomática, a psicoterapia corporal, a prevención psicosocial da neurosis dende a primeira infancia e a ecoloxía humana), a Teoría do Apego e a Psicoloxía Humanista
Laura considera que o seu traballo é a comprensión da necesidade de cambio no trato á infancia para cambiar o mundo.

Grazas por ler, compartir e participar!

miércoles, 27 de abril de 2016

NAIS, FOLIADA, TEORÍA DO APEGO...e DÍA DO TRABALLO

Xa hai tempo que quería compartir con vós os meus pensamentos sobre as mulleres...pero non me da a vida, son muller, son nai, e ainda que as mulleres somos quen de facer varias cousas á vez, no meu caso esas varias cousas son moi varias, ou necesito unhas clases de organización, ou que paren un pouco o mundo, ou...ou non, quizás estea ben así. Ás veces penso que esa presión, esa responsabilidade... é o que o fai avanzar o mundo! ou polo menos o meu pequeno mundo, claro. E vai facer a revolución, que virá da man das mulleres, das nais que queren un lugar mellor no que medren @s seus miúd@s.

Total, que agora teño pendente escribir sobre as mulleres, as nais (que este domingo é o seu día), o Día do Traballo (que tamén é o domingo), sobre a Foliada MIÚDA e sobre a charla de Laura Perales "Teoría do Apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos", que ainda que fai un par de fines de semana que foi isto, como non me da a vida, ou si me da, ou eu que sei...pois nestas ando agora, a escribir.

E aínda que poida parecer que as mulleres, as nais, o traballo, a Foliada Miúda e a charla son cousas ben diferentes...pois non cho son, non.

Na Foliada Miúda desfrutei. Vin ás miñas miúdas xogar e bailar con outras crianzas ás que non coñecían e agora sí. Vin a nais e pais compartir e desfrutar, facer tribo. Vin tetas que alimentaban ao son das gaitas. Vin un bebé porteado nun fular mentres a súa nai tocaba a pandeireta. Vin. Vin e sentín. Sentínme ben. Ben ás veces non dí nada...ou meu sentirme ben tivo que ver coa conexión, sentinme conectada con outras persoas nunha forma de criar, nunha forma de desfrutar. Sentinme ben. Espero que desfrutarades tanto coma min. Grazas por vir, participar e desfrutar, e a ver se en breve organizamos outra.


E a charla de Laura Perales sobre a Teoría do Apego, o vínculo e as necesidades de 0 a 3 anos, ten moito que ver con ese conectar. Ten moito que ver con ser nai. Con ser muller. Cunha crianza consciente, vinculada c@ nos@ fill@, coas súas necesidades. Na charla non puiden estar todo o atenta que me gustaría, nin puiden estar todo o tempo...pero foi unha charla boa, moi boa. Seino porque o pai das miñas miúdas si que estivo, e ben atento, toda a charla. Criticaba que se facía fincapé demasiado no papel da nai e que non se lle daba papel ao pai. Eu penso que @s bebés de 0-3 anos...teñen que estar coa súa nai! O papel do pai é moi importante, pero penso que mais vinculado ás necesidades desa díada nai-bebé. Non sei, eso pode dar para outro artigo. O caso é que digo que a charla foi boa porque algo cambiou. É moi bo pai, é mellor pai que parella e dende a charla entendeu moitas cousas das que eu lle falaba. Está atento. Escoita. Respeta. Limita e da liberdade.



Agora veñen as mulleres, as nais e o traballo. Bonita coincidencia a deste ano, que fai que o Día da nai e o Día do traballo sexan na mesma data. Dende que son nai reflexiono e uno moito o traballo e a maternidade. Parece que traballo remunerado e maternidade se repelen coma os polos dos imáns, mentres que maternidade e traballo non remunerado se atraen tolamente! Penso que nesto quédanos moito que mudar, individual e colectivamente. Moito. Penso tamén que ten moito que ver todo isto con poñer en valor. A actividade das mulleres está minusvalorada. Incluso a de ser nai. E ás mulleres, a min, fáltame confianza, empoderamento que se lle chama.
Case teño 40 anos. Crecín escoitando á miña nai que me dicía que estudara, que estudara moito, para de maior ter o meu, non depender de ninguén...a liberdade que ansiaba unha xeración de mulleres que foi maioritariamente "ama de casa".
Estudei unha carreira universitaria na que o 90% eramos mulleres pero pola contra, ás cátedras e o profesorado eran maioritariamente masculinos. Fixen os cursos de doutorado, algún master, algún postgrado...
Fun a algunha entrevista á que miraron máis o meu escote que os meus títulos. Empecei a traballar. Curiosamente o 10% de compañeiros da carreira tamén...con menos sorte o 90% de compañeiras. Tiña un xefe. Rematou á subvención pola que me contrataban. Fun a máis entrevistas, estiven en máis traballos, tiven máis xefas que xefes, estiven no paro...
Teño parella. Home. El fixo unha carreira universitaria. Traballa. Leva máis de 10 anos na mesma empresa. Cobra máis ca min. Temos dúas fillas. Cando naceron eu estaba en paro. Agora que traballo son eu a que ten redución de xornada, porque o meu traballo é menos estable e porque cobro menos.
Cóntovos isto porque non sei en qué momento, as cousas van pasando, a vida...pero a perxudicada en termos económicos son eu. Pero todo parece normal, o que ten que ser. Noutros termos de desfrutar da vida, das súas fillas, o perxudicado e él. Total, que de igualdade nada.
E nestas reflexións ando, xuntando festa, traballo e maternidade.

Grazas por ler, opinar e compartir!

martes, 22 de marzo de 2016

CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO



Que? CHARLA "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 16 de abril de 10:30 a 14:00h.
Onde? Rúa Letonia nº2 no Parque empresarial Costa Vella en Santiago de Compostela. 
A quen vai dirixido? nais, pais, embarazadas, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres) e demáis persoas interesadas
Acompañannos: Wish Cake que nos terá preparada unha lamberetada no descanso, e Educultoras, s. coop. galega que estarán c@s MIÚD@S que veñan cos seus pais nun obradoiro MIÚDO.
 
Despois dunha fin de semana moi especial de crianza en febreiro (podedes ler o artigo que escribimos despois aquí), da que gardamos moi bo recordo, temos a sorte de que volve Laura Perales para falarnos sobre a etapa do desenvolvemento infantil de 0 a 3 anos. A idea, é que volva dúas veces máis, para falar da infancia e da adolescencia, e así con esta triloxía abarcar todas as etapas do desenvolvemento dende o nacemento ata a adolescencia. Estes temas foron ademais pedidos polas persoas que acudiron á primeira charla con Laura.

Seguimos ca idea que esa responsabilidade fermosa que empezamos a levar nais e pais en canto a muller se queda emarazada é a chave para moitas cousas... Para criar @ nos@ fill@ con respeto e amor, crecer nos mesm@s ao facelo e quizais facer así do mundo un lugar un pouco mellor. Ou falando máis práctico: facernos con ferramentas que farán máis fácil que as cousas fluan, ter recursos para non desesperar cas moitas situacións novas cas que nos atopamos tódolos días e das que ao mellor ninguen nos falou ou non como a nos nos gustaría. En Laura temos un exemplo interesante de como se pode facer. E o que máis nos gusta de Laura é precisamente que é directa e que o que propón sempre é moi ligado á práctica. Son consellos que se poden aplicar no mesmo día! 


A charla "Teoría do apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos" abarcará o periodo de desenvolvemento dende a concepción ao terceiro ano, o continuum, etapas do desenvolvemento infantil, emocións infantís, comunicación c@s nen@s, límites, sexualidade infantil, rabietas, conflitos, medos, celos..., sendo o obxectivo que as persoas asistentes integren bastante coñecemento para que se poida producir un cambio de chip importante que lles axude no día a día coa crianza d@s seus fill@s ou no seu traballo como profesionais da infancia. 

A necesidade de amor, de contacto, as demais necesidades que teñen @s miúd@s de 0 a 3 anos, cómo lle damos resposta, e cómo explica todo isto a Teoría do Apego.

A "mamitis" é sana, a dependencia nos primeiros anos é natural e sana. O contacto, o amor, os brazos e os abrazos son unha necesidade básica nos bebés. 

As rabietas, son a expresión dunha emoción. Un nen@ de 0 a 3 anos non nos está manipulando porque non pode facelo, non está desarrollado suficientemente o seu cerebro como para iso. A rabia é unha emoción sana, que debe ser expresada, pero aos pais nos costa moito, debido ao que temos vivido.

Se cando che din que non o collas tanto que se vai a malacostrumbrar por telo no colo...algo se che remove dentro...non podes perderte esta charla.
 


O coste da primeira charla é de 17€ persoa - 27€ parella se te matriculas antes do 6 de abril, e de 22€ persoa - 32€ parella dende o 7 de abril ata completar aforo.
Se ves con nen@s, educultoras teñen preparado un obradoiro no tempo que dura a charla. O coste para as 3 horas e media son 6€ polo primeiro fill@, 3 pol@ segund@ e a partir d@ terceir@ poden acudir gratis.
Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción.
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 6 de abril. 

Se queres que se leve a cabo esta charla inscríbete, e implícate! 
Comparte e participa!
Matrícula e +info: compostelamiuda@gmail.com
Moitas grazas!




sábado, 27 de febrero de 2016

Loba Film e Crianza Autorregulada...algo está mudando en Compostela




Esta fin de semana pasada foi temática. Acodimos moitas a dous eventos que parecían programados a posta na mesma fin de semana: A charla de Laura Perales (psicóloga infantil, crianza autoregulada) sobre a comunicación c@s nen@s organizado por Compostela MIÚDA e a estrea da documental Loba de Cathérine Bechard á que ela mesma asistiu e que foi amadriñado por Aloumiños e por nós.

Foi unha sorte ter aquí a dúas mulleres de semellante talla, a dúas profesionáis deste nivel!

Laura Perales, que veu dende Madrid co primeiro avión e marchou pola noite no último despois de estar tamén en Lugo para compartir o seu saber con familias de alá, deu unha charla-obradoiro en Santiago da que queremos destacar a súa adicación ao público presente que enchía o espazo, porque xa días antes non había praza libre. 

Outra cousa que as nais e os pais presentes agradeceron moito foron os consellos prácticos que daba, listos para usar na casa. Ademáis gustounos moito a súa maneira directa e clara de expoñer o que nos viña a dicir. Esperamos poder anunciar pronto outra charla dela.

Unha cousa en común destes dous eventos dirixidos por Laura Perales e Chathérine Bechard é a conclusión de que fai falla tribo. Laura mencionou un dato importante ao inicio da súa ponencia: as mulleres (ou persoas maternantes) estamos soas na crianza. A ausencia da familia tradicional e a vida na cidade fai que pasemos a maioría do día soas c@s nos@s fill@s ata que @s mandemos á gardería e ao cole. 

Tamén despois da proxección de Loba falouse da importancia da tribo, de poder compartir emocións, alegrías, dúbidas, preocupacións e (por que non) impulsar o cambio... e coincidimos en que aínda que unha vantaxa da nosa era tecnolóxica é ter ás redes sociais, e o móbil para comunicarnos, son imprescindibeis as reunións presenciais, o territorio. 

Sona ridículo mencionalo, pero cada vez fai máis falta lembrar que é algo ben diferente verse en persoa que comunicarse a través dun aparato con pantalla luminosa. A nosa vida virtual non chega como único xeito de comunicar, porque a comunicación é moito máis que as palabras.

Moitas de nós coincidimos nos dous eventos e moitas coincidimos tamén en que hai que movilizarse, en que hai que xuntarse, facer tribo e seguir iniciando o cambio ao que se ten que estar dirixindo a sociedade, porque o momento que vivimos non pode ser sostible por moito tempo máis. 

Déronnos ás as palabras de Bechard que dicía que a súa película que fixo xunto á súa filla, empregando o seu tempo e o seu diñeiro, está sendo un fenómeno en España onde as mulleres teñen moitas ganas de cambialas cousas no que se refire ao parto. Según ela e polo contrario iso non pasa en Francia, onde as matronas asisiten de maneira ilegal a partos na casa porque non se poden permitir pagar un imposto de 19.000€ ganando uns 22.000€ ao ano e as mulleres se toman os partos que lles propón (ou impón) o goberno nos seus hospitais de xeito moito máis conformista.

Unha e outra vez atopámonos ca importancia de estar unid@s para conseguir cousas, de que as persoas que loitan por achegarse a metas parecidas ou iguais o fagan conxuntamente aínda que sexa dende asociacións ou agrupacións con nomes diferentes.

Agora ven o máis difícil e é que todo o vivido e sentido nesta fin de semana de crianza, que ten as súas raices no parto, non quede aí, non quede atrás. Chamádeme romántica (aínda que un pouco de romanticismo nunca ven mal), pero penso que entre tod@s podemos crear un mundo novo, un mundo diferente, porque que o noso non funciona, vémolo día a día. Laura deu moitas ideas de como podemos facelo, de como vivir doutra maneira, de como criar doutra maneira. E Catherine recordounos que todo isto comeza no momento máis importante dunha persoa. No seu parto! Armémonos (sentido figurado, parece que isto hai que deixalo ben claro para non acabar no carcere), temos que intentalo! Non temos nada que perder. 
A polo cambio!



sábado, 20 de febrero de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS! Axenda MIÚDA da fin de semana: SÁBADO 20 e DOMINGO 21 de febreiro






Velaquí tedes a axenda MIÚDA da fin de semana.

SÁBADO 20 DE FEBREIRO 2016

Mostra bibliográfica O entroido na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Inícianse as actividades para miud@s na cafetería Brevanx cun obradoiro de actividades sorpresa.

De 10:00 a 14:00 Obradoiro de pintura sobre seda para xente de tódalas idades no Bus Station Space.

A partir das 10:00h no Mercado de abastos de Santiago hai Romaría dos Libros de Inverno organizado pola Compostela Literaria.  

De 10:00 a 12:00h taller de Porteo con Colo de Trapo no  centro BENestar, centro de terapias naturáis. Santiago de Compostela

Ás 10:30 no Centro Sociocultural de Conxo "Aurelio Aguirre"  reunión de O parto é noso. +info 

Ás 11:00 comeza a charla-obradoiro impartida por Laura Perales na Escola UNITARIA, evento organizado por Compostela MIÚDA.

Ás 11:00h. na Escola do Medio hai Ritmo para bebés.

De 11:00 a 12:30h para nenos e nenas a partir de 6 anos "Así, de sábado pola mañán" en Espazo NOVENTA, organizado por Axouxeres e chisqueiros.

Ás 11:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta obradoiro de inglés para nen@s de 3 a 12 anos. +info 

A partir das 12:00 da mañan Entroido en Bamonde, Concello de Teo. Despois de percorrer a parroquia o atranque será ó redor das 20:00h no Campo da Festa.

Ás 12:00h en Circonove, nave de circo, pre-circo (nenos e nenas de 3 a 5 anos) e obradoiros para nen@s de 5-9 anos e 10 e máis. +info

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Os sábados choiva de contos" contacontos "Xogando cos contos" a cargo de Ana Carreira para nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

Ás 12:00h en Gaia dos Nenos reúnese o grupo de calceta.

Ás 12:00h na Cidade da Cultura de Galicia, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, Nexos infantil 2016: novísimas miradas na arquitectura galega, para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Ás 14:00h androlhada no CS O Pichel e concerto ás 17:00h ca Orquestra Cé Pantasma.

A partir das 17:00h  obradoiro de "Fotografía de retrato" en Área Central.

Ás 17:00h Findes na Balea, na Cidade da Cultura de Galicia, no Museo Centro Gaiás. Ludoteca para nen@s de 4 a 12 anos.

Ás 18:00h "La gallina de los huevos de oro" na Fundación SGAE, Santiago de Compostela, espectáculo de teatro infantil de monicreques a cargo da compañía APP Creacións.

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Área Central, hoxe ca ciencia no punto de mira

A partir das 18:00h no Centro Sociocultural do Castiñeiriño "Agustín Bueno", celebración do 20 aniversario da Asociación de Mulleres Recandea


Ás 19:00h atranque dos Xenerais da Ulla, Entroido rural tradicional en San Xián de Sales, Concello de Vedra e ás 20:00h en Bamonde, Concello de Teo.
  

DOMINGO 21 DE FEBREIRO 2016



Ás 11:30 proxectárase a película Loba, recomendada por Compostela MIÚDA nos cines NUMAX.

Ás 12:00 no Teatro Principal de Santiago de Compostela podedes escoitar o Concerto para Marimba interpretado pola Banda Municipal de Música de Santiago+info

Ás 12:00h na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, visita gratuíta á cidade histórica polo Día Internacional do Guía de Turismo.

Ás 12:30h "La gallina de los huevos de oro" na Fundación SGAE, Santiago de Compostela, espectáculo de teatro infantil de monicreques a cargo da compañía APP Creacións.


Ás 14:00h. iníciase a Festa do Entroido da AAVV Casa Agraria.

Ás 17:00h Findes na Balea, na Cidade da Cultura de Galicia, no Museo Centro Gaiás. Obradoiros fotográficos "Viaxando... ao Xapón" para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Ás 18:00h. no Auditorio de Narón terá lugar o festival músicas para a semente.

...e tamén hoxe hai actividade no Entroido da Ulla.



Se vedes que falta algo escribídenos a compostelamiuda@gmail.com!
Que pasedes unha divertida e interesante fin de semana!