Mostrando entradas con la etiqueta Cahterine Béchard. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cahterine Béchard. Mostrar todas las entradas
sábado, 20 de febrero de 2016
LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS! Axenda MIÚDA da fin de semana: SÁBADO 20 e DOMINGO 21 de febreiro
Velaquí tedes a axenda MIÚDA da fin de semana.
SÁBADO 20 DE FEBREIRO 2016
Mostra bibliográfica O entroido na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.
Inícianse as actividades para miud@s na cafetería Brevanx cun obradoiro de actividades sorpresa.
De 10:00 a 14:00 Obradoiro de pintura sobre seda para xente de tódalas idades no Bus Station Space.
A partir das 10:00h no Mercado de abastos de Santiago hai Romaría dos Libros de Inverno organizado pola Compostela Literaria.
De 10:00 a 12:00h taller de Porteo con Colo de Trapo no centro BENestar, centro de terapias naturáis. Santiago de Compostela
Ás 10:30 no Centro Sociocultural de Conxo "Aurelio Aguirre" reunión de O parto é noso. +info
Ás 11:00 comeza a charla-obradoiro impartida por Laura Perales na Escola UNITARIA, evento organizado por Compostela MIÚDA.
Ás 11:00h. na Escola do Medio hai Ritmo para bebés.
De 11:00 a 12:30h para nenos e nenas a partir de 6 anos "Así, de sábado pola mañán" en Espazo NOVENTA, organizado por Axouxeres e chisqueiros.
Ás 11:30h no Centro Sociocultural de Santa Marta obradoiro de inglés para nen@s de 3 a 12 anos. +info
A partir das 12:00 da mañan Entroido en Bamonde, Concello de Teo. Despois de percorrer a parroquia o atranque será ó redor das 20:00h no Campo da Festa.
Ás 12:00h en Circonove, nave de circo, pre-circo (nenos e nenas de 3 a 5 anos) e obradoiros para nen@s de 5-9 anos e 10 e máis. +info
Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, "Os sábados choiva de contos" contacontos "Xogando cos contos" a cargo de Ana Carreira para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Ás 12:00h en Gaia dos Nenos reúnese o grupo de calceta.
Ás 12:00h na Cidade da Cultura de Galicia, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, Nexos infantil 2016: novísimas miradas na arquitectura galega, para nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Ás 14:00h androlhada no CS O Pichel e concerto ás 17:00h ca Orquestra Cé Pantasma.
A partir das 17:00h obradoiro de "Fotografía de retrato" en Área Central.
Ás 17:00h Findes na Balea, na Cidade da Cultura de Galicia, no Museo Centro Gaiás. Ludoteca para nen@s de 4 a 12 anos.
Ás 18:00h "La gallina de los huevos de oro" na Fundación SGAE, Santiago de Compostela, espectáculo de teatro infantil de monicreques a cargo da compañía APP Creacións.
De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Área Central, hoxe ca ciencia no punto de mira.
A partir das 18:00h no Centro Sociocultural do Castiñeiriño "Agustín Bueno", celebración do 20 aniversario da Asociación de Mulleres Recandea
Ás 19:00h atranque dos Xenerais da Ulla, Entroido rural tradicional en San Xián de Sales, Concello de Vedra e ás 20:00h en Bamonde, Concello de Teo.
DOMINGO 21 DE FEBREIRO 2016
Ás 11:30 proxectárase a película Loba, recomendada por Compostela MIÚDA nos cines NUMAX.
Ás 12:00 no Teatro Principal de Santiago de Compostela podedes escoitar o Concerto para Marimba interpretado pola Banda Municipal de Música de Santiago. +info
Ás 12:00h na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, visita gratuíta á cidade histórica polo Día Internacional do Guía de Turismo.
Ás 12:30h "La gallina de los huevos de oro" na Fundación SGAE, Santiago de Compostela, espectáculo de teatro infantil de monicreques a cargo da compañía APP Creacións.
Ás 14:00h. iníciase a Festa do Entroido da AAVV Casa Agraria.
Ás 17:00h Findes na Balea, na Cidade da Cultura de Galicia, no Museo Centro Gaiás. Obradoiros fotográficos "Viaxando... ao Xapón" para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Ás 18:00h. no Auditorio de Narón terá lugar o festival músicas para a semente.
...e tamén hoxe hai actividade no Entroido da Ulla.
Se vedes que falta algo escribídenos a compostelamiuda@gmail.com!
Que pasedes unha divertida e interesante fin de semana!
Etiquetas:
ames,
axenda,
Cahterine Béchard,
Compostela MIÚDA,
fin de semana,
Laura Perales,
planes con niños en Santiago,
que hacer en Santiago,
santiago de compostela
lunes, 8 de febrero de 2016
A LOBA tense que ver tamén en Santiago!!!
Estamos moi orgullosas de poder recomendar un poxecto así...
Todas xa estades enteradas de que o domingo 21 de febreiro ás 11:30h se vai poder ver LOBA na sala NUMAX de Santiago de Compostela se se xuntan persoas suficientes como para poder proxectala. A plataforma na que podedes mercar a vosa entrada xa e na que se teñen que reunir 60 persoas ca entrada mercada para que a película se proxecte chámase screenly. Faltan moi poucos días (o sábado 13 é o día no que ten que haber as 60 entradas vendidas) nos que se ten que chegar a ese número.
Cremos que é moi importante que se vexa a LOBA tamén en Santiago! ...e ti podes facelo posible! Merca a túa entrada e difunde a información entre os teus contactos! So temos esa oportunidade unha vez e hai que facela posible antes do sábado 13!
E si! Podes vir acompañada d@ túa/teu bebé!!!
Cremos que é moi importante que se vexa a LOBA tamén en Santiago! ...e ti podes facelo posible! Merca a túa entrada e difunde a información entre os teus contactos! So temos esa oportunidade unha vez e hai que facela posible antes do sábado 13!
E si! Podes vir acompañada d@ túa/teu bebé!!!
Para os que aínda non saibades de que vai Loba xuntámosvos a sinopse:
"¿Es posible parir de forma natural en un mundo tan artificial?" Cada vez más difícil: en el mundo se realizan 20 millones de cesáreas al año, más del doble del 15% recomendado por la OMS. A partir de los testimonios de sus pacientes y de sus amigas parteras, Catherine, curandera y osteópata, nos invita a recorrer Francia, Cataluña, México y Cuba, en un viaje para comprender de una manera íntima cómo se vive el parto hoy en día. Acompañándola, descubriremos por qué y cómo se ha ido evolucionando hacia un parto cada vez más medicalizado. Y por qué la profesión de la comadrona se ve hoy en día tan amenazada."
Algo que nos parece moi interesante e unha sorte é que ao final da proxección haberá un debate con Catherine Béchard, a directora, en persoa.
A que estás agardando? Nos xa mercamos a nosa entrada en screenly! E vos? Prema aquí e faite ca túa entrada!
Grazas por ler, compartir e difundir!
Etiquetas:
Cahterine Béchard,
Compostela MIÚDA,
Compostela MIÚDA recomenda,
compostelamiuda,
crianza con apego,
el parto es nuestro,
loba,
NUMAX,
parto natural,
santiago de compostela
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


