Mostrando entradas con la etiqueta dia del trabajo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia del trabajo. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de abril de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: sábado 30 de abril e domingo 1 de maio de 2016


SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2016

Feira da primavera no Barrio de San Pedro en Santiago de Compostela.
Feira do Libro no Paseo lateral da Alameda de Santiago de Compostela. 

A partir das 9:30 e ata as 14:00h nenas e nenos de 3 a 12 anos poden desfrutar de actividades lúdicas en Arc Os Tilos.

A partir das 11:00h organizado por Can Cun Quinqué e para celebrar o Día da Danza, diversas actividades na Praza da Quintana, Santiago de Compostela:
11:15h Barra de Danza Clásica con Gail Brevitt
12:00h Exhibición de Tribal Fusión con Darija Cz e Miranda Luengo.Exhibición de Claqué con Xenia Tartari.
12:30h Exhibición de Danza Africana con Galimké Galiza
13:00h Lectura do Manifesto do Día Internacional da Danza. Improvisaxión de Danza Contemporánea con Leodan Rodríguez, Isabel Sánchez e Xiana Vilas.
13:30h Baile Social con Compostela Swing.

Ás 11:00h na Escola do Medio, Ritmo para bebés.

De 11:30 a 13:30 na Gentalha do Pichel temos Danza Africana en familia.

De 11:30 a 12:00h na Aula de Xogo do Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela, "Art&Crafts: Rainbow" para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
De 11:30 a 13:30h Obradoiros de cociña infantil: Aprendendo a comer san de Afundación en Santiago de Compostela.

Ás 12:00h "Roteiro Interpretativo polas Brañas do Sar" organizado polo CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela).

Ás 12:00h Grupo de calceta en Gaia dos Nenos.

De 12:00 a 14:00h "Taller para familias de arquitectura e urbanismo" en Olalab Acción Cultural en Santiago de Compostela. 

De 12:00 a13:00h "Obradoiro de Creación de contos" en O xardíndos soños, nas Casas Reais en Santiago de Compostela a cargo de Natalia Guedella Sebastián.

Ás 12:00h na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Os sábados choiva de contos: "Fabulando" a cargo de Lisístrata para nenos e nenas de 6 a 12 anos, no Salón de Actos. 

Ás 12:00h en Circonove, nave de circo, temos Precirco para nenos e nenas de 3 a 5 anos e obradoiros para nenos e nenas de 5 a 9 anos.


Ás 17:00h no Palacio de Congresos e Exposicións en Santiago de Compostela, "Festival Clan ¡¡Ven a mi cumple!!

De 18:00 a 20:00h en Área Central "Cociñ-Arte: especial primavera" desfrutando da froita: cupcake de fresón, crema de limón...

Ás 18:00h no Centro Sociocultural de Santa Marta poderedes gozar de "Todo me fala de tí" no que Uxía e Magín Blanco cantan os poemas de Manuel María.

Ás 18:30h no Paseo lateral da Alameda de Santiago de Compostela, Feira do Libro, Obradoiro Escola de Maxia por Cucarandainas.

A partir de las 20:00h "Gran gala Generación As Cancelas" no Centro Comercial As Cancelas de Santiago de Compostela.


DOMINGO 1 DE MAIO DE 2016

Día da nai
Día do traballo 

Feira do Libro no Paseo lateral da Alameda de Santiago de Compostela.

Ás 12:00h no Paseo lateral da Alameda de Santiago de Compostela, Feira do Libro. Obradoiro de escritura creativa xuvenil por Andrea Barreira Freije.

Ás 18:00h o Paseo lateral da Alameda de Santiago de Compostela, Feira do Libro, Contacontos, con Miguel Ángel Alonso Diz por Nova Edicións Galicia.


Ás 19:00h no Auditorio Municipal de Valga, "Xente Miúda moita fartura" de Pablo Díaz.

miércoles, 27 de abril de 2016

NAIS, FOLIADA, TEORÍA DO APEGO...e DÍA DO TRABALLO

Xa hai tempo que quería compartir con vós os meus pensamentos sobre as mulleres...pero non me da a vida, son muller, son nai, e ainda que as mulleres somos quen de facer varias cousas á vez, no meu caso esas varias cousas son moi varias, ou necesito unhas clases de organización, ou que paren un pouco o mundo, ou...ou non, quizás estea ben así. Ás veces penso que esa presión, esa responsabilidade... é o que o fai avanzar o mundo! ou polo menos o meu pequeno mundo, claro. E vai facer a revolución, que virá da man das mulleres, das nais que queren un lugar mellor no que medren @s seus miúd@s.

Total, que agora teño pendente escribir sobre as mulleres, as nais (que este domingo é o seu día), o Día do Traballo (que tamén é o domingo), sobre a Foliada MIÚDA e sobre a charla de Laura Perales "Teoría do Apego, vínculo e necesidades de 0 a 3 anos", que ainda que fai un par de fines de semana que foi isto, como non me da a vida, ou si me da, ou eu que sei...pois nestas ando agora, a escribir.

E aínda que poida parecer que as mulleres, as nais, o traballo, a Foliada Miúda e a charla son cousas ben diferentes...pois non cho son, non.

Na Foliada Miúda desfrutei. Vin ás miñas miúdas xogar e bailar con outras crianzas ás que non coñecían e agora sí. Vin a nais e pais compartir e desfrutar, facer tribo. Vin tetas que alimentaban ao son das gaitas. Vin un bebé porteado nun fular mentres a súa nai tocaba a pandeireta. Vin. Vin e sentín. Sentínme ben. Ben ás veces non dí nada...ou meu sentirme ben tivo que ver coa conexión, sentinme conectada con outras persoas nunha forma de criar, nunha forma de desfrutar. Sentinme ben. Espero que desfrutarades tanto coma min. Grazas por vir, participar e desfrutar, e a ver se en breve organizamos outra.


E a charla de Laura Perales sobre a Teoría do Apego, o vínculo e as necesidades de 0 a 3 anos, ten moito que ver con ese conectar. Ten moito que ver con ser nai. Con ser muller. Cunha crianza consciente, vinculada c@ nos@ fill@, coas súas necesidades. Na charla non puiden estar todo o atenta que me gustaría, nin puiden estar todo o tempo...pero foi unha charla boa, moi boa. Seino porque o pai das miñas miúdas si que estivo, e ben atento, toda a charla. Criticaba que se facía fincapé demasiado no papel da nai e que non se lle daba papel ao pai. Eu penso que @s bebés de 0-3 anos...teñen que estar coa súa nai! O papel do pai é moi importante, pero penso que mais vinculado ás necesidades desa díada nai-bebé. Non sei, eso pode dar para outro artigo. O caso é que digo que a charla foi boa porque algo cambiou. É moi bo pai, é mellor pai que parella e dende a charla entendeu moitas cousas das que eu lle falaba. Está atento. Escoita. Respeta. Limita e da liberdade.



Agora veñen as mulleres, as nais e o traballo. Bonita coincidencia a deste ano, que fai que o Día da nai e o Día do traballo sexan na mesma data. Dende que son nai reflexiono e uno moito o traballo e a maternidade. Parece que traballo remunerado e maternidade se repelen coma os polos dos imáns, mentres que maternidade e traballo non remunerado se atraen tolamente! Penso que nesto quédanos moito que mudar, individual e colectivamente. Moito. Penso tamén que ten moito que ver todo isto con poñer en valor. A actividade das mulleres está minusvalorada. Incluso a de ser nai. E ás mulleres, a min, fáltame confianza, empoderamento que se lle chama.
Case teño 40 anos. Crecín escoitando á miña nai que me dicía que estudara, que estudara moito, para de maior ter o meu, non depender de ninguén...a liberdade que ansiaba unha xeración de mulleres que foi maioritariamente "ama de casa".
Estudei unha carreira universitaria na que o 90% eramos mulleres pero pola contra, ás cátedras e o profesorado eran maioritariamente masculinos. Fixen os cursos de doutorado, algún master, algún postgrado...
Fun a algunha entrevista á que miraron máis o meu escote que os meus títulos. Empecei a traballar. Curiosamente o 10% de compañeiros da carreira tamén...con menos sorte o 90% de compañeiras. Tiña un xefe. Rematou á subvención pola que me contrataban. Fun a máis entrevistas, estiven en máis traballos, tiven máis xefas que xefes, estiven no paro...
Teño parella. Home. El fixo unha carreira universitaria. Traballa. Leva máis de 10 anos na mesma empresa. Cobra máis ca min. Temos dúas fillas. Cando naceron eu estaba en paro. Agora que traballo son eu a que ten redución de xornada, porque o meu traballo é menos estable e porque cobro menos.
Cóntovos isto porque non sei en qué momento, as cousas van pasando, a vida...pero a perxudicada en termos económicos son eu. Pero todo parece normal, o que ten que ser. Noutros termos de desfrutar da vida, das súas fillas, o perxudicado e él. Total, que de igualdade nada.
E nestas reflexións ando, xuntando festa, traballo e maternidade.

Grazas por ler, opinar e compartir!