jueves, 28 de enero de 2016

Compostela MIÚDA organiza unha charla-obradoiro con LAURA PERALES

Cheguei a esto da crianza pensando que ía facer as cousas dun xeito e estounas facendo doutro, afortunadamente, creo; seguindo o instinto de muller, de nai, lendo, compartindo en tribo, aprendendo... E necesito continuar con este proceso, necesito continuar crecendo.

Se a ti che pasa igual como a min, escollimos a persoa perfecta para que te acompañe, para que che dea novos estímulos, para que che preste a súa axuda, para que che ofreza ferramentas ou outra perspectiva, nos momentos nos que non sabes como seguir ou que facer. Neses momentos nos que che gustaría saír á rúa e gritar ou nos que tranquilamente te preguntas como se podería facer doutro xeito.

Dende Compostela MIÚDA, organizamos unha charla-obradoiro con LAURA PERALES BERMEJO, de Crianza Autorregulada!!!

Laura é un referente na psicoloxía a nivel nacional. É mamá, psicóloga infantil especializada en prevención, psicóloga perinatal e psicóloga reichiana para adultos. É presidenta da Plataforma pola Crianza con Respeto.
O enfoque de Laura engloba a Psicoloxía Reichiana (paradigma elaborado por Wilhelm Reich, impulsor da sexoloxía científica, a medicina psicosomática, a psicoterapia corporal, a prevención psicosocial da neurosis dende a primeira infancia e a ecoloxía humana), a Teoría do Apego e a Psicoloxía Humanista
Laura considera que o seu traballo é a comprensión da necesidade de cambio no trato á infancia para cambiar o mundo.
 
Esta charla-obradoiro vai sobre a COMUNICACIÓN C@S NEN@S. 
Parécenos un tema esencial, unha boa idea de traballar sobre el con Laura, porque a comunicación é moi importante e é imposible non comunicar! Facémolo sen pensar, sempre. Ademáis por suposto que é tamén unha fonte inagotable de queixas dos pais e das nais. Ou non vos oíchedes dicir algunha vez, algunha destas frases: "É que non che me fai caso ningún, por un oído lle entra e polo outro lle sae!" "Se non lle repito as cousas 20 veces non as fai!"
Ou non vos fixéchedes algunha desas preguntas: "E que lle digo cando me pregunte polo sexo? Cigoña? París? Como era o conto?" ou "E como lle digo para que entenda que non se pega, que non pode morder ou bater ou cando non entende que é un bebé!?"

Apuntade as vosas dúbidas e vinde o sábado 20 de febreiro de 11:00 a 14:00hEscola Unitaria
na Calzada de San Pedro s/n en Compostela para ter a oportunidade de traballar con Laura a comunicacion c@s vos@s fill@s. 

É unha oportunidade importante porque cambiamos o mundo tódolos días cos nosos actos e podemos facelo para mellor, seguindo as propias verbas de Laura: "debemos adecuarnos a lo que entiende y pretende el niño en la etapa en la que se encuentra y pensar en ellos y no en lo que juzgue la sociedad, ya que tenemos una gran responsabilidad que va más allá de nuestros hijos. Es el cambio necesario en el mundo".
 
IMPORTANTE:
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 10 de febreiro. Se queres que se leve a cabo esta charla-obradoiro Inscríbe e implícate!
Prezo: 15€ por persoa e 25 por parella antes do 10 de febreiro, despois 20€ persoa e 30€ parella. Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción. Para máis información consulta abaixo na imaxe ou mandanos un correo a compostelamiuda@gmail.com

Grazas por ler, compartir e participar!









 

Compostela MIÚDA recomenda: "Unión de Conceptos ;)"




Encantounos o que teñen entre máns a Gaia dos Nenos e Colo de Trapo para entroido.
Todo empezará este sábado 30 de xaneiro cun obradoiro de disfraces
Logo o sábado 6 de febreiro, podes pasar pola tenda co teu disfraz posto, participar no concurso de disfraces tanto como modelo e como votante e gañar un vale de 30€ para gastar na tenda da Gaia (eu xa sei que mercaría, ai!)
Para colmar este planazo de sábado de entroido, farase un desfile en grupo dende Gaia dos Nenos cara a festa que terán montada en Pontepedriña!
Pero iso non é o mellor. O mellor é que todo será PORTEANDO! Disfraz de porteo, desfile porteando, un entroido de porteo!!! Encantounos a idea! Isto é o que se chama unir conceptos nun contexto particular!
Parabéns por esta idea!



martes, 26 de enero de 2016

PARA COMER E TOMAR ALGO CON MIUD@S EN COMPOSTELA E COMARCA

 Fai uns días, na nosa páxina de Facebook, faciamos a pregunta...UN, DOUS, TRES...RESPONDA OUTRA VEZ: CAFETERÍAS e RESTAURANTES en COMPOSTELA e comarca onde @s MIÚDOS son benvidos, con espazo para xogar, cambiadores nos baños... COÑECEDES?
Pois ben, imos facer agora un resumo do que dou de si a pregunta:

PARA COMER CON ESPAZO PARA XOGAR:
  •  Muerde la pasta
  •  The burguer lobby
  • McDonald´s
  •  Cambalache
  • Aldea Grande
PARA COMER CON TRONAS/CAMBIADORES:
  • A Moa
  •  Artesana Gastrobar
  •  Kyoto
  •  Foster Hollywood
PARA TOMAR ALGO CON ESPAZO PARA XOGAR:
  •  Brevanx
Non parece unha lista moi longa...para un lugar como Compostela, onde abundan locais para tomar algo, bares, cafererías, taperías e restaurantes...
De momento...aquí deixamola... a ver se somos quen de aumentala, e de facer unha reseña de cada local máis polo miúdo.
...e como sempre, se queredes comentar aquí para deixar as vosas experiencias ou nomes de locais con acesorios para @s MIÚDOS ou zona de xogo ou similar, benvido sexa!


QUENES SOMOS? QUE É Compostela MIÚDA?

 

Compostela MIÚDA somos dúas mulleres. Somos nais: Raquel (nai de dúas miúdas enxeñeiras) e Helen (nai dun rapaciño pillabán).

Creamos Compostela MIÚDA para que @s bebés, nen@s, nais, pais e embarazadas de Compostela e bisbarra tivesen un punto de encontro.

Aglutinamos actividades e eventos para ese mundo MIÚDO: recomendamos espazos, organizamos eventos, facemos sorteos... e temos moitas ideas para seguir crecendo!!!
Facemos isto porque nos gusta e nos fascina, porque a maternidade é unha revolución!

Nas raíces deste proxecto están Ana de Vilatuxe e Mercedes de Colo de Trapoás que dende aquí lles damos as grazas.

Contamos tamén con María Porto, creadora de Embarazadas Galicia (grupo moi útil en Facebook), que nos bota unha man co noso blog do que esperamos que sexa unha web cando crezca.


E quen se encarga con tanto agarrimo da nosa imaxe corporativa, publicidade e demáis cousas bonitas de ver da Compostela MIÚDA aquí e nas redes sociais é Martiño Picallo.

MOITAS GRAZAS POR LERNOS, COMPARTIRNOS E SEGUIRNOS!