viernes, 1 de abril de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: sábado 2 e domingo 3 de abril de 2016



SÁBADO 2 DE ABRIL DE 2016 (Día mundial de concienciación sobre o autismo, Día Internacional do Libro infantil e xuvenil).

V Festa da Gaita en Arzúa, con actividades dende as 11:45h.

Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016. Consulta o Programa aquí.

De 10:30 a 13:30h Obradoiro para nenos e nenas de 6 a 12 anos no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela sobre "2016, Ano Internacional dos Legumes".

A partir das 10:30h fin de semana das árbores no CIAC, animación de rúa con Servando Barreiro e Anxo Moure "A música das árbores".

Ás 10:45 no Milladoiro e ás 11:00h en Bertamiráns estará o autobús que trasladará gratuítamente aos participantes para conmemorar o Día Forestal Mundial plantando tres carballos nas fincas do Monte Escolar en Carballo, na parroquia de Trasmonte e facendo un pequeno roteiro polas fincas.

De 11:00 a 13:30h en Vilamincha mañán informativa e didáctica polos REFUXIADOS, con espazo infantil de 11:00 a 12:00h para nenos e nenas 3 a 6 anos: Descubre o aparato dixestivo e a impotancia dunha boa alimentación e de 12:30 a 13:30h para nenos e nenas de 7 a 12 anos Contacontos Kamishibai: contos intelixentes para nenos e nenas intelixentes. No espazo da cafetería para adultos de 11:00 a 13:30 conversa con José García de Acnur. Doarase a recadación a Bomberos en acción ONGD.

Dende as 11:00 ata as 22:30h no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra tedes moitas actividades, obradoiros, contos, exposicións, títeres...consultade o programa.

Ás 11:00h na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela acto da campaña Inclusión, tolerancia e respecto, polo Día mundial de concienciación sobre o autismo. Solta de globos de cor azul e entrega simbólica do testemuño "pásao polo autismo".

Ás 11:00h na Escola do Medio "Ritmo para bebés".

De 11:30 a 13:30h no Centro Galego de Arte Contemporánea obradoiro de arquitectura "Jorn Utzon. A idea construída" para nenos e nenas de 6 a 8 anos.

De 11:30 a 12:00h Storytelling no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela, "Papa please, get the moom for me".

De 11:30 a 13:30h na Gentalha do Pichel temos "Danza Africana en Familia".

Ás 12:00h na Praza Roxa en Santiago de Compostela "Xogos Populares", organizado polo Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche

Ás 12:00h na Biblioteca Pública Ánxel Casal "Os sábados choiva de contos" en Santiago de Compostela.
Ás 12:00h Grupo de Calceta en Gaia dos Nenos, Santiago de Compostela. 
Ás 12:00h no Centro Sociocultural de Conxo Aurelio Aguirre en Santiago de Compostela, STOP MOTION na biblioteca, Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia para nenos e nenas de 11 a 16 anos.

Ás 12:00h na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, Sesión aberta de contos e música para as familias, nenos, nenas, nais e pais, profesorado e persoas interesadas, dentro do Programa de animación á lectura do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka.

Ás 12:00h Pre-circo para nenos e nenas de 3 a 5 anos e obradoiros para nenos e nenas de 5 a 9 anos e de máis de 10 anos en Circonove, nave de circo en Santiago de Compostela.

Ás 12:30h contacontos ambiental no CIAC (Parque de Belvís, Santiago de Compostela).

Ás 16:00h na Igrexa da Universidade hai unha conferencia-charla sobre "Alimentación viva e muller" que organiza 7H Cooperativa Cultural.
 
De 16:00 a 20:00 "Taller de Ciencia ¡Quiero ser científic@!" en Vermislab para nenos e nenas a partir de 5 anos.

A partir das 17:30h hai Foamball en Área Central.

Ás 18:00h "Güela-Güela" na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, espectáculo de monicreques a cargo da Compañía Galitoon.

A partir das 18:00h "Sábados creativos" en Área Central. Centraráse no vento elaborando @s miúd@s cometas, bolboretas xigantes, paxariñas voadoras, etc. 

Ás 18:00h na Mediateca do Grilo, en Cacheiras (Concello de Teo), contacontos infantil e familia con Riciños de ouro, TrinkeTrinke. A entrada é gratuíta pero o Concello de Teo agradece unha contribución ao Banco de alimentos (leite e conservas)

Ás 18:30h na Igrexa da Universidade hai un obradoiro de movemento creativo "Encóntrate no teu corpo" organizado por 7H Cooperativa Cultural.

Ás 18:30h na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, Limiar Teatro, conmemora os 400 anos da  morte de Cervantes con "Don Quixote", unha comedia gastronómica para toda a familia baseada na obra de Cervantes.

DOMINGO 3 DE ABRIL DE 2016 

Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016. Consulta o Programa aquí.


Dende as 11:00 ata as 20:00h no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra tedes moitas actividades, obradoiros, contos, exposicións, títeres...consultade o programa.

De 11:30 a 13:30h no Centro Galego de Arte Contemporánea obradoiro de arquitectura "Jorn Utzon. A idea construída" para nenos e nenas de 9 a 11 anos.

Ás 11:30h "Obradoiro sobre bioindicadores: 13 rue do Carballo" no CIAC, Santiago de Compostela.

Ás 12:30h "Güela-Güela" na Fundación SGAE en Santiago de Compostela, espectáculo de monicreques a cargo da Compañía Galitoon.

De 16:30 a 20:30 no Multiusos Fontes do Sar actividades para nenos e nenas ata 12 anos: inchables, camas elásticas e xogos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario