jueves, 12 de mayo de 2016

LOGO NON DIGADES QUE NON VOS AVISAMOS!!! Axenda MIÚDA da fin de semana: VENRES 13, SÁBADO 14 E DOMINGO 15 DE MAIO DE 2016



VENRES 13 DE MAIO

Mostras bibliográficas na Biblioteca Pública Ánxel Casal "17 de Maio, Día das Letras Galegas" na Sala Infantil.

En ArcOsTilos seguro que hai algunha actividade para ti.

Ás 16:40, ás 17:30h e ás 18:25h hai "SONSe BEBÉS" no Conservatorio Histórico de Santiago.



Ás 17:30h Yoga para nenos e nenas de 4 a 7 anos no Alma Zen de Yoga.

Ás 18:00h e ás 19:00h Música para bebés na Gaia dos Nenos.

De 18:00h a 20:00h "Venres en familia: hoxe facemos blandiblú" no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche de Santiago de Compostela.

De 18:00 a 20:00h no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, venres en familia: Obradoiro en familia "Tarta de gominolas".

Ás 18:00h nas bibliotecas de Milladoiro e de Bertamiráns (Concello de Ames) actividades especialmente adicadas a Manuel María.

Ás 18:45h Ioga para nen@s (a partir de 8 anos) no Alma Zen de Yoga.

Ás 19:00h no LSC do Casco Histórico de Santiago de Compostela "Pavís Pavós contos vellos e novos". Contos tradicionais con novos formatos.

Ás 19:00h no Centro Sociocultural de Conxo Aurelio Aguirre actividade de contacontos e ilustración "O poeta do Miño. Unha homenaxe a Manuel María" a cargo da Compañía Polo Correo do Vento. A partir de 3 anos e público familiar.

Ás 20:00h. Ioga embarazo no Alma Zen de Yoga.


MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS na Biblioteca Pública Anxel Casal: "17 de Maio, Día das Letras Galegas"  na Sala infantil

Dende as 9:30 ás 14:00 as nenas e nenos de 3 a 12 anos poden disfrutar de actividades lúdicas durante toda a maña en Arc Os Tilos. +info sobre as outras actividades tedes aquí.

Á partir das 10:30h no Centro Sociocultural de Conxo Aurelio Aguirre en Santiago de Compostela reunión de "O parto é noso"

Dende as 11:00h "Festa do 17 de maio, que se fai o 14 de maio" por Gentalha Do Pichel:      
11h00 Alborada com cabeçudos e cabeçudas polas ruas de Compostela.
11h30 Bicicletada pola língua. Desde a Alameda ata a praça 8 de março.
12h30 Roteiro infantil de reconhecemento de aves. Saída: Museo do Pobo Galego.
13h30 Sessom vermute: Blues do País. Praça 8 de março.
14h30 Jantar popular. Praça 8 de março.
18h00 Foliada dos cursos (Gentalha, Semente Compostela, ITACA.Asociación xuvenil e cultural. e CSA   do Sar). Praça do Pam.
21h00 Poesia e música com Aldaolado. Praça 8 de março.
22h00 Concertos: Habelas Hainas, Os John Deeres e DJ Bigote Mix. Praça 8 de março.
 

Ás 11:00h. na Escola do Medio Ritmo para bebés.

De 11:00 a 13:00h en Aire Centro de Arte "Quen estampa o mal espanta"

Ás 11:30 Obradoiro de Cociña Comida Tradicional Galega I de Afundación.

En Circonove tedes ás 12:00 Pre/Circo (3-5) e obradoiros para nen@s (5-9 e 10+)

Ás 12:00 na Biblioteca Pública Ánxel Casal OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: ANDANDO A TERRA CON MANUEL MARÍA.

Ás 12:00 CLAUSURA DA XV CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA na Galería Sargadelos.

Ás 12:00 Grupo de calceta na Gaia dos Nenos.

De 12:00 a 13:30h no Centro Sociocultural de Conxo Aurelio Aguirre "Xincana das letras" para nenos e nenas a partir de 5 anos.

De 16:00 a 20:00 en VermisLab "Obradoiro de Impresión 3D" cómo crear sen límites.



De 17:00 a 19:00h "Comida tradicional galega" obradoiro de cociña para nenas e nenos de 5 a 12 anos de Afundación. Santiago de Compostela.

Ás 17:30 no CSC José Saramago de Vite Actuación musical Mr. Cool e Felipe Castro.

De 18:00 a 20:00h. Sábados creativos en Area Central

Ás 18:00 Escena en familia na Fundación SGAE "Do, re, mi, Mozart xoga aquí", de Títeres CACHIRULO

Ás 18:00h. "A Orixe" de RAQUEL QUEIZÁS no LSC de Figueiras.

Ás 18:00 en El Corte Inglés Babacontos con Manuel María de Larraitz Urruzola.



DOMINGO 15 DE MAIO

III FEIRA SAR NO MEDIEVO
FESTAS EN PONTEPEDRIÑA 


Ás 10:00 III Carreira Camiño das Letras desde A Lavacolla ata o Estadio de San Lázaro e as categorías de miúd@s ás 11:30h no Estadio de San Lázaro.


Ás 12:00 no Auditorio da Ramallosa (Concello de Teo) Xente miúda, moita fartura de Pablo Díaz.

Ás 17:00h. Visita guiada ao Bosque de Galicia.


Ás 18:00 Escena en familia na Fundación SGAE "Do, re, mi, Mozart xoga aquí", de Títeres CACHIRULO

Ás 12:30h no Auditorio de Bandeira, dentro do Programa FalaRedes "Os Bolechas van ás Olimpíadas".


De 16:30 a 20:30h Multixogo no Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela.

Ás 19:00h no Local Sociocultural de Vedra dentro do Programa FalaRedes "Os Bolechas van ás Olimpíadas".




Se vedes que falta ou sobra algo agradeceriámosvos que nos avisasesdes comentando aquí ou por e-mail: compostelamiuda@gmail.com
Que pasedes unha fin de semana primaveral de verdade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario