domingo, 8 de mayo de 2016

ROMARÍA CATIVA: FESTAS DA ASCENSIÓN 2016

Hoxe andamos cantando e lembrando os momentos que máis nos gustaron da Romaría Cativa da Ascensión 2016 e xa estamos desexando que chegue a seguinte porque o pasamos moi ben. Ao final, e por mor da chuvia, celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Se tedes ocasión de ver a tod@s @s artistas que participaron na Romaría Cativa, facédeo. Foi espectacular!!! e se tedes que facer algún agasallo, de seguro que acertades cos libros discos destes grupos.

O venres presentou a festa PETER PUNK : malabares, globofexia e humor.
 
 

Peter Punk é o mellor paiaso galego do momento. Gañador do Mundoclown 2008 e do Festiclown Rivas-Vaciamadrid 2013.
Se tedes a oportunidade de velo, non volo perdades, é estupendo. Non sei quen desfruta máis, se @s miúdos ou @s maiores. 

E desfrutamos tamén dos concertos de Pitusa SemifusaA Gramola Gominola.

Pitusa Semifusa é a primeira incursión de Olga Brañas na música infantil. Pitusa Semifusa é unha nena neta dunha famosa directora de orquestra que sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos e así coas súas cancións fai un percorrido polos instrumentos de corda, vento e percusión.


A Gramola Gominola é un grupo de música infantil en galego composto por Paco Cerdeira, Paula Romero, Ro Muñoz e Anxelo de Xermar. Neste seu primeiro libro-disco fan un percorrido pola historia da música moderna a ritmo de blues, pop, rock, heavy, reggae...

E así...rematou a Romaría Cativa do venres, e xa nos andabamos preparando para a do sábado.

O sábado presentou a festa Paco Nogueiras, que co seu inconfundible chapeu azul presentou a Romaría e cantou Brinca Vai! e Apertas que voan. 
Paco fíxonos quentar motores e prepararnos para desfrutar das seguintes actuacións: Isla Le Triska, Migallas e Titiriteros de Binéfar.

Isla Le Triska co que para dicir si hai que dicir "a tope", sorprendeunos cos seus xogos de malabares. Co seu espectáculo de paiaso, equilibrios e xogos co público desfrutamos grandes e miúd@s.
Migallas co seu Pan de Millo, e coas súas compañeiras de actuación as pulgas, gustáronnos moito. É o segundo proxecto musical de Migallas, despois de “Canta connosco!”. María Campos e Carlos Yus fixéronos cantar e bailar co proceso de elaboración do Pan de millo como fío conductor.

E rematou a festa con Los titiriteros de Binéfar e o seu espectáculo. Levan máis de trinta anos recorrendo camiños cos seus moñacos e facendo títeres e música. Os elefantes abaneando nas teas das arañas encheron o teatro. As súas cancións e os seus grandes títeres gustaronnos moito.

A Compostela Miúda está encantada con que en Compostela e nas súas festas, haxa programación para miúd@s. E a nós, pais, nais, adultos e miúd@s tócanos apoiar a cultura, a música, o teatro...@s miúd@s necesitan da música, dos relatos, da poesía e do teatro como comer ou respirar! E a nós...tócanos alimentalos, non si?

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario